Skip to Content

Óscar, Valentina, Javier, Melanie, Alejandra, Noa e Iago comparten con nós o que fan nestes días de confinamento.

                                                                          Cartel de Javier Castro

 

Hoxe, día 23 de Marzo de 2020, seguimos encerrados na nosa casa por un Estado de Emerxencia, e non sabemos canto durará, por temor ao contaxio do Coronavirus.

Eu levántome cedo todos os días, almorzo coa miña nai ás sete e media, lávome, vístome e organizo as miñas tarefas. Así, paréceme que estou na clase cos meus compañeiros e a miña mestra. Nunca imaxinei canto os votaría de menos e teño moitas ganas de volver á escola.

Xanto coa miña familia, cousa que me gusta moito, xa que antes so coincidiamos para xantar todos xuntos os domingos.

Pola tarde fago exercicios que me mandan os meus entrenadores. Despois facemos algunha actividade en conxunto os meus pais, a miña irmá  e eu.

Ás oito en punto saimos todos ao porche a aplaudir e escoitar cancións que pon o meu veciño Eloi, e a min a que máis me gusta é a de “Resistiré”. Ao rato ceo, vexo un pouco a tele e logo voume deitar desexando que todos xuntos voltemos pronto á normalidade.

Óscar Santamaría

 

Nestes días que estou na casa, levántome, almorzo vendo a tele, e despois vístome e póñome a facer os deberes, despois xogo un pouco ; se fai bo tempo saio ao xardín e se non quédome dentro.

Na hora da comida, eu e meu irmán poñemos a mesa. Despois de comer saimos a xogar e facemos distintas cousas: andamos en moto, bici, patín, coche de xoguete...Tamén temos gusanos de seda que vemos comer e crecer cada día.

Ás oito saimos a aplaudir ás ventás, dende onde vemos aos veciños, e poñemos música para todos. Despois de ducharnos e de cear poñemos unha peli se nos temos portado  ben ao longo do día.

Valentina Rodríguez

 

 

Pola mañá levantámonos, e unha vez arranxados, facemos as cousas da casa, despois papá e mais eu facemos o xantar, para comer cando veña a miña mamá do traballo. Axúdolle á miña nai e facemos deberes.

 Ao rematar xogo un anaco, pinto debuxos..Logo ceamos e a durmir para cargar as pilas para o seguinte día.

 Javier Castro

 

Levántome, vou ver un rato a televisión, almorzo, lavo os dentes, vístome, péinome, estudo e despois vou comer. Sigo estudando, logo xogo coa miña irmá ; canto con ela, aínda que ela so colle o micrófono e o chupa, pero eu canto de verdade.

Pola tarde, ás 5, sempre falo coas miñas amigas do cole e despois de falar fago exercicio. Bailo un montón, polo menos 30 minutos ou unha hora, e despois merendo.

 Sempre damos os aplausos para os médicos e para todas as persoas que loitan contra o Coronavirus . Despois dos aplausos hai música. Por último, ceo, dúchome, miro a tele e a durmir.

 Melanie Betancourt

 

 

Levántome ás 10:30, almorzo e fago os deberes...e cando ven meu avó de traballar, traballa nun taller, comemos todos os da casa (somos 4).

 

Pola tarde saio ao bosque, dentro do recinto da miña casa, co meu gato e fago un paseo de 5 minutos, tamén fago videochamadas coas miñas amigas e o meu pai , xogo ao fútbol, ao  parchís, á oca...e vou para a cama. Boto de menos aos meus amigos.

Alejandra Vázquez

 

 

Levanteime e almorcei unha tostada con leite vendo a televisión. Despois subín á habitación e puxen a roupa que me deixara a miña nai.

 O sábado, pola ventá, vin xente tocando e bailando nas súas casas. Miña irmá e eu puxemos unha tenda de campaña na horta, un columpio, unha hamaca, levamos un balón de fútbol, unha pandeireta, unha frauta e uns prismáticos para ver aos veciños, pero ao final non tocaron, entón fun xogar co patinete eléctrico.

 Pola tarde fixen unha vídeochamada a Valentina, Noa e Ainhoa. Ao acabar de falar con elaas estiven un pouco no ordenador, ducheime e fun á cociña a cear e ao acabar subín para o meu cuarto, metinme na cama e púxenme a ler un conto.

 Noa Berdullas

 

O meu día é así:  Levántome da cama e fágome o meu almorzo, despois vexo un pouco a televisión porque agora non hai clases. En Clan hai profe e sigo algunhas clases.

Despois fago,  algunhas veces,  a merenda da mañá e xogo un pouco cos xoguetes. Logo fago outros deberes e vou xantar, cando termino de xantar lávome os dentes e espero unha hora e xogo con Iria por internet. Despois dunhas horas póñome o pixama ou dúchome e ceo ás  9:00, lavo  os dentes e vou para a cama.

Iago Montoro

 

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut