Skip to Content

Martina, Lois, Xian, Adriana, Liam e Martín cóntannos como é un día seu durante o confinamento.

                                                                           Cartel de Iván Grille

 Estes días a miña avoa está na miña casa, porque ela vive soa. Eu teño unha finca e dous cans, entón saio e estou cos meus cans ou vou a un bosque que hai na miña finca, como fixen onte,  domingo.

 Tamén xogamos toda a familia e  a miña nai,  a miña irmá e eu facemos deporte e de vez en cando ioga. Os venres vemos unha serie chamada Lost in Space, e ás veces axudo aos meus pais a facer a comida.

 O outro día vin co  meu pai as cousas que tiña nun caixón que hai  na miña habitación, algunhas cousas as tiramos porque non me facían falta. Tamén separamos os rotuladores doutras cousas.

O  meu can Roki aprendeu a sentarse cando digo sit!.

Martina Centenera 

 

 

Eu levántome, aséome e vístome. Logo almorzo e seguimos o horario de clase, mamá tenme as tarefas impresas, aínda que ás veces retrásome un pouco almorzando e vendo a tele.

O que máis mola é   o recreo, porque xogamos a moitas cousas, como por exemplo ás palas ou ás pistolas Nerf. Pola tarde acabo as tarefas pendientes e saio a xogar e a falar co meu amigo Leo. E non sei como nos escoitamos porque estamos a unha casa de distancia! Como estou eu so,  o outro día fixen unha búsqueda do tesouro que consiste en buscar pistas que me esconden por toda a casa.

Quero volver á normalidade e que marche o virus, para poder quedar cos meus amigos, saír da casa e ir entrenar.

  Lois Cebro

 

Nestes días que temos que estar pechados na casa,  non me aburro porque fago moitas cousas...

Pola mañá esperto, vou  almorzar co meu pai porque meu irmán aínda está durmindo ou co móbil na cama.

Pola tarde xogo á PS4 co meu irmán despois de comer. Lavo as mans e os dentes varias veces ao día, poño un pouco a televisión e logo volvo a xogar,  ás veces só ou co meu irmán. Ás oito da tarde saio á xanela a aplaudir aos sanitarios/as.

Xián Alonso

 

 

Hoxe coma sempre levanteime arredor das 9:00, fun ao baño

e baixei para almorzar, logo comecei a facer os deberes: o

pikachu e o de Matisse. De merenda de media maña tomei un

bocata de pavo e media mazá. Despois seguín cos deberes ata

ás dúas e logo empecei a comer. De comida había carne ao

forno e arroz en branco.

Despois de comer fun para o xardín coa miña nai e o meu

irmán pequeno Martin. Alí estivemos un bo anaco

aproveitando o bo día que facía. Logo volvín a dentro,

merendei e vin a televisión. Despois miña nai estivo facendo

rosquillas de anís e eu axudeille a facelas e logo a  fritilas ;

estaban boísimas.

Á noitiña bañeime e fun cear arredor das 8:05. Ás 9:00 fun

para a cama e estiven lendo Fairy Oak. E así acaba o meu día.

Xa sei que é  un pouquiño aburrido, pero eu teño unha

escaiola na perna e entón  non podo facer as cousas que

desexaría (correr, saltar, bailar….)

 

Adriana Pedroso

                                                  

 

Onte pola mañá  levanteime ás 10:30 para almorzar, logo cepilleime os dentes e  púxenme a facer as tarefas de clase.

 

Pola tarde comín e xoguei ao  futbol e ao  Minecraft. Despois ceei  e fun para cama…e ao seguinte día fun almorzar cereais e volvín a facer as tarefas de clase. Estou  moi aburrido porque non podemos saír de casa.

Liam Barrio

 

 

Pola mañá levántome ás 8:30 h., almorzo, aséome, vístome e despois póñome a facer as tarefas do colexio. Fago un descanso de media hora e continúo coas tarefas. Cando remato todo o traballo, axudo un pouquiño na casa, tomo unha merenda de media mañá e xogo un pouco co meu irmán.

 

Despois de comer, descanso un pouco e despois xogo no xardín co meu irmán a distintos xogos: fútbol, tenis, pin pong, ao escondite, pilla, pilla, etc. Ás veces disfrazámonos, xogo na tablet.  Todos os días coa miña familia fago deporte: corremos, facemos exercicio físico, zumba…

 

Ás 8:00 saímos á terraza a aplaudir para agradecer aos médicos, enfermeiras e enfermeiros, persoal sanitario, policías, militares, persoal de limpeza e a toda a xente que está loitando contra o coronavirus. Despois vexo un pouquiño a televisión, ceo e logo cando me vou para a cama, leo un pouco antes de durmir.

 Martín Costoya 

 

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut