O PRÓXIMO 1 DE MARZO, ábrese o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2020-21 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.
O prazo abrangue do 1 ata o 20 de marzo do 2020
A reserva de praza farase no propio centro entregando o impreso de solicitude ou Anexo II e o resto de documentación que se cita. Tamén se pode facer telemáticamente na ferrramenta admisión alumnado da Consellería de Educación.
Documentación Admisión:
- DNI dos pais, do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.
- Libro de familia onde figuren todo os membros da unidade familiar.
- Tarxeta sanitaria do alumno/a.
- Folla de empadroamento de toda a unidade familiar.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
- Carnet ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental se procede.
- Xustificante de concurrencia de minusvalía do alumno/a a matricular, pais/nais, titores/as legais ou irmáns.
*De toda a documentación relacionada (salvo a folla de empadroamento), deberán traer as fotocopias feitas xunto cos documentos orixinais para poder proceder ao cotexo dos mesmos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ORDE 12 DE MARZO DE 2013, DE DESENVOLVEMENTO DE ADMISIÓN.pdf | 1.03 MB |
ED550B-C.pdf | 1.13 MB |
ED550B-G.pdf | 1.13 MB |
admisión 20-21.pdf | 208.39 KB |