Skip to Content

MERCADO DE NADAL 19

Este domingo imos celebrar no ximnasio do cole o mercado para recadar fondos a prol da excursión de 6ª curso.

Poñeremos á venda centos de libros de todo tipo, enciclopedias, puzzles, xogos, xoguetes, bicicleta, consolas e xogos de consola, artigos de fogar, algunha cuna e artigos de bebé...

Moitos artigos están na súa embalaxe orixinal e outros están en moi bo estado.

Por suposto, estade atent@s xa que ao longo da mañá, faranse ofertas puntuais en determinados artigos que se anunciarán con antelación. 

Esperamos contar con vós este domingo 15 de decembro, no ximnasio do cole de 10:30h a 14h.

HABERÁ CAFÉ, CHOCOLATE E DOCES VARIADOS Á VENDA.

 

(Aproveitamos a ocasión para agradecer a vosa colaboración.)



page | by Dr. Radut