Skip to Content

Mira, reflexiona e ... ACTÚA!!!!

Dentro do proxecto documental que estamos a desenvolver este curso sobre a saúde, traballamos  o coidado do medio ambiente. Démonos conta da cantidade de envases e desechos que xeraban as merendas dos nenos e nenas do cole. Para visualizar este feito recollemos os envases e residuos non biodegradables ao longo dunha semana. Xuntamos toda este lixo nuns contedores instalados na entrada e o alumnado puido decatarse da  gran cantidade de residuos que produciamos. A partir desta evidencia, reflexionamos sobre as consecuencias que este xeito de consumir ten sobre o medio ambiente e as medidas e actuacións que podemos poñer en marcha para reducir tal cantidade de lixo.

Tamén quixemos transformar todos estes residuos en  obras de arte e por clase crearon uns imaxinativos traballos que na súa maioría reivindican a necesidade de cambiar os modos de consumo tomando modelos sostibles e de respecto cara o medio ambiente.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade!!

                                    Grazas a anpa Andaravia pola súa colaboración



page | by Dr. Radut