Skip to Content

Charla sobre emprendemento

 Os alumnos e alumnas de sexto de primaria están a realizar un proxecto moi interesante sobre as empresas. En grupos colaborativos deben crear a súa propia empresa, buscar local, financiación, publicidade, competencia.....manexando novos termos coma seguridade social , I.R.P.F., I.V.A., ingresos ........

Con este motivo viñeron a darnos unha charla moi didáctica e divertida Adrián Fossas e David Mata, propietarios e adestradores en CrossFit Berkana, no cal é adestrador e atleta o profesor de sexto B Nacho. CrossFit é un deporte e forma de adestramento moi de moda chegada de EE.UU., que mezcla movementos de halterofilia, ximnasia deportiva, fitness... realizadas a alta intensidade. Viñeron a contarnos coma foi o seu proxecto empresarial, como naceu, as axudas, dificultades, organismos ós que acudiron e todos os pormenores do complexo que resulta tal tarefa. Os nenos e nenas estiveron moi atentos para poder trasladar todos estos coñecementos á hora de crear a súa empresa, descubrindo que non resulta tan doado e a cantidade de trabas que te atopas no camiño. Surxiron moitas dúbidas e suxerencias , e a charla resultou moi entretida.

Queremos agradecer a Adrián e a David a súa visita e disponibilidade, dende o centro creemos que estes proxectos son realmente útiles e significativos, achegando á realidade ás nosas aulas. Agardamos algunha visita máis por parte de crossfit Berkana, posto que o proxecto deste ano está centrado na educación para a saúde, sendo o exercicio físico un dos seus pilares.

 

 

 



page | by Dr. Radut