Skip to Content

Nadal 2018

Este ano ambientamos esta celebración  cunha gran árbore de Nadal feita con material de refugallo. O alumnado de primaria encargouse de aportar as botellas de plástico para a construcción da árbore e o de infantil elaborou os adornos nun obradoiro que realizaron cos seus profes.

En infantil a árbore foi elaborada con materiais naturais e os adornos son dos/as nenos/as feitos coa axuda das súas familias.

 

 

Como todos os anos realizouse un concurso de postais de Nadal que se atopan expostas na entrada de primaria. Esta vez o tema suxerido foi o que se esta desenvolvendo este curso: alimentación e hábitos saudables. Na foto podemos ver as gañadoras. (ver fotos ampliadas)



page | by Dr. Radut