Skip to Content

Charla Alimentación saudable para familias

26/11/2018 10:28

O farmacéutico de Santa Minia, Francisco Rodríguez Seara, impartirá unha charla para as familias sobre alimentación e a importancia dunha dieta variada e equilibrada nos nosos fillos/as. Estas charlas están organizadas polo colexio de farmaceúticos da provincia da Coruña dentro das campañas sanitarias para centros escolares.

A charla será para as familias ás 18:15h na biblioteca do centro



event | by Dr. Radut