Skip to Content

Fondo solidario LIBROS DE TEXTO

Publicamos a listaxe provisional das axudas na participación do fondo solidario de libros de texto convocadas na Orde do 9 de maio de 2018. Estas axudas corresponden ao alumnado de 3º e 4º de primaria, lembramos que en 5º e 6º de primaria o centro participa no proxecto Edixgal. Non houbo ningunha solicitude excluída. As listaxes definitivas publicaranse o luns 16 de xullo.

A entrega dos libros ao alumnado beneficiario farase en setembro, unha vez iniciado o curso.

Os beneficiarios de vales para compra de material escolar e para libros de texto en 1º e 2º de primaria poden pasar polo centro a recoller os vales ao longo do mes de xullo (9:30 h. a 14:00 h) ou en setembro.

AdxuntoTamaño
listaxe_provisional.fondo18_19.pdf110.26 KB


page | by Dr. Radut