Skip to Content

Na Casa Museo Rosalía de Castro

 

 
 

O xoves estivemos na Casa Museo Rosalía de Castro e hoxe estivemos compartindo por grupos as nosas impresións:

  • A Xabi, Daniela, Mariña e Alexandre o que máis lles  impresionou foi o chuvasqueiro de palla que empregaban antes os labregos e o forno onde facían o pan. Tamén lles gustaron os sofás da sala. Aprenderon que Rosalía tocaba varios instrumentos, un deles o piano.
  • A Alicia, Daniela e Marina sorprendeulles que Rosalía non tivera casa propia, que tivera sete fillos e que un deles nacera morto e que outro morrera cun ano e medio.
  • A Estrella, Dayana, Lupe e Yanira encantoulles a réplica do vestido de Rosalía, ler un dos seus poemas nunha pantalla con música de fondo e ver a cama de Rosalía.
  • A Sara, Juan Diego, Andrew, Diana e Uxía gustoulles a figuera do xardín, que xa estaba cando Rosalía vivía na casa. Tamén aprenderon que un dos fillos de Rosalía , Ovidio, era pintor.
  • A Claudia, Martín, Jorge e Karlos gustáronlle varios obxectos nos que aparecía a cara de Rosalía ( un billete de cincocentas pesetas, unha botella...), os cadros e os libros. Sorprendeulles que Rosalía mandara á súa filla que  queimara os seus últimos escritos.
  • A Lúa, Iria, Aisha, Hugo e Aroa gustoulles o vídeo de animación que vimos. Tamén lles chamou a atención que Rosalía fose máis alta ca Manuel Murguía, e que este para disimular a diferenza usara chistera.Por último, impresionoulles que a súa filla Gala vivira ata os 92 anos.


story | by Dr. Radut