Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTOS E MATERIAL ESCOLAR

Ven de convocarse a orde do 9 de maio de 2018 que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de textos e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación primaria, secundaria e educación especial (DOG 21 de maio 2018)

Convócanse tres tipos de axudas:

1.- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:  Alumnado que curse 3º e 4º de educación primaria (curso 2018-2019).

- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: seis (6) libros de texto.

- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: catro (4) libros de texto.

- Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%: seis (6) libros con independencia da renda.

2.-AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: Alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria (curso 2018-2019)

- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €

- Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 90 €

3.-AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: Todo o alumnado de primaria
(curso 2018-2019)

Todo o alumnado matriculado en Educación primaria. (curso 2017-2018), con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 50 €

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 22 de maio ao 22 de xuño de 2018 incluídos

Modelo solicitude

As solicitudes presentaránse presencialmente no centro docente utilizando o formulario (anexo I) dispoñible en: https: //sede.xunta.gal. ou http://www.edu.xunta.es, tamén estará a disposición dos interesados no centro docente.

Xunto con este anexo I, deberá presentarse:

a) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2015, poderán acreditar o número de membros utilizando os seguintes medios:

1º Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

2º Certificado ou volante de convivencia.

3º Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

b) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

c) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

d) A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.

e) Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65%: certificado do grao de discpacidade do/da alumno/a recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

f) Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: copia da resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento ou do certificado do centro de menores.

(Máis información consulte o DOG).

AdxuntoTamaño
20180521_fondosolidario.pdf988.33 KB
solicitude_anexos_i_e_ii.pdf2.02 MB


page | by Dr. Radut