Skip to Content

Charla de FADEMGA

 

 

Lolo e Manuel, da asociación FADEMGA, viñeron ao colexio a darnos unha charla. Explicáronnos que FADEMGA é unha asociación que axuda á xente con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, para que poida ser máis autónoma, e ás súas familias.

Puxéronnos tamén un vídeo que se titulaba O Cazo de Lorenzo, que trataba dun neno que levaba un cazo atado á man e a xente o ignoraba porque arrastraba o cazo e facía un chirrido insoportable.

Lorenzo estaba tan triste que decidiu meterse dentro do cazo e alí seguiría se non fose por unha muller que un día levantou o cazo e encontrou a Lorenzo, entón púxose a xogar con el, e cando se fixeron amigos lle coseu un bolso para meter o cazo. E Lorenzo, aínda que seguise sendo o mesmo, agora toda a xente o quería.

 

Ángela e Sophia

 

 

 



story | by Dr. Radut