Skip to Content

Visita ás instalacións de Meteogalicia e ao MUPEGA

 
   

 Máis fotos

Hoxe fomos ás instalacións de Meteogalicia e ao MUPEGA, en Santiago de Compostela.

En Meteogalicia asistimos ao lanzamento dun globo sonda. Primeiro vimos como inflaban o globo sonda ,despois como lle enganchaban un aparello chamado radiosonda , que é o que vai mandar información, a un ordenador, sobre a presión atmosférica, a humidade e a temperatura. Finalmente, dous dos nosos compañeiros axudaron a soltalo.

A continuación estivemos na sala de control vendo o que gravaban algunhas das cámaras que están distribuidas por toda Galicia para mostrarnos o tempo que fai en todo momento. Había que estar moi calados, porque podían chamar en directo de calquera medio de comunicación para preguntar sobre o tempo.

Rematamos a nosa visita a Meteogalicia con dúas charlas, unha sobre tipos de nubes, ventos, ciclo da auga… Outra sobre aparellos meteorolóxicos, que puidemos manipular.

Despois fomos ao MUPEGA ( museo pedagóxico de Galicia ), onde vimos un documental sobre as escolas dos nosos bisavós. Logo paramos diante   do cadro da pintora lucense Julia Minguillón: A escola de Doloriñas , que era unha señora que ensinaba aos nenos a ler e escribir, na súa casa. A través do cadro explicáronnos os elementos dunha escola dos anos corenta.

Por último vimos unha exposicion de xoguetes antigos, entramos nunha clase antigua na que escribimos cun pizarrín nunha pequena pizarra, e vimos varios mapas de Galicia, dous deles feitos a man.

PASÁMOLO XENIAL!

 Álvaro e Daniela



story | by Dr. Radut