O alumnado de terceiro fomos a un supermercado Eroski de Noia para participar nun obradoiro sobre alimentación e hábitos saudables.
Primeiro miramos a información nutricional de varios alimentos e aprendimos o que era o semáforo nutricional, logo fixemos unha compra ficticia con carritos. A continuación, colocamos os alimentos na piramide alimentaria.
Por último déronnos brochetas de froita e agasallos.
No Museo do Mar vimos distintos elementos dun barco, unha mandíbula de tiburón e incluso unha bóla de cañón. Tamén tiñan un gran belén mariñeiro, ao redor do cal cantamos a seguinte panxoliña:
Belén,
un máxico belén,
Aquí neste museo
montamos un belén.
Diego e Álvaro