Skip to Content

VISITA DE PEPE MAESTRO EN PEDROUZOS

 O escritor e contador de historias Pepe  Maestro visitounos o pasado mércores, 15 de abril, porque o alumnado de 3º e 4º de Primaria,  estivemos lendo o primeiro libro que publicou: EL CIRCO DE BALTASAR. Falounos de que antes traballaba no circo coma domador de pulgas. Contounos un conto dun neno que se chamaba Epaminondas. Despois, revelounos algunhas vivencias das que sacou ideas para escribir ese libro coma, por exemplo, a historia do can das tres patas. Tamén aproveitou para darnos algún pequeno susto e hipnotizarnos. Finalmente asinounos o libro. Encantounos coñecelo.

                                                     Alumnado de 3º de Primaria

  Unha mostra dalgúns traballos previos á visita

       

Cartel anunciando a visita          Carteis en miniatura - alumnado de 3º

 

     

                                Murais - alumnado de 4º

   Asinando os libros "El circo de Baltasar

 



page | by Dr. Radut