Skip to Content

O NADAL EN PEDROUZOS

Un ano máis, a comunidade educativa do Ceip Pedrouzos reviviu a tradición navideña con actividades varias. Entre elas, destacar a participación do alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria na conferencia con Papá Noel desde Laponia. É sorprendente a boa memoria que ten este personaxe posto que todos os rapaces e rapazas aproveitaron para facer as súas peticións. Este ano non se esqueceu de acender a cheminea. Tamén foi moi esperada e desexada a visita dos Paxes Reais para o alumnado de Infantil, momento que aproveitaron para  intercambiar cartas e caramelos. Finalmente, mencionar a orixinalidade na elaboración das postais navideñas, expostas nos corredores tanto de Infantil coma de Primaria, ademáis doutros adornos relacionados con esta temática

Agradecer, especialmente, aos Paxes e Papá Noel a súa visita e que agardamos velos de novo para o próximo Nadal.

 



page | by Dr. Radut