Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

CONVOCATORIA DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2045

PRAZO DE SOLICITUDE  DO 21 DE MAIO Ó 21 DE XUÑO DE 2024

NORMATIVA

Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2024).

 DESTINATARIOS

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Informamos que non hai variacións nas listaxes definitivas en relación ás provisionais. Estas listaxes poden consultarse no taboleiro do centro.

O alumnado que non está admitido debe agardar á fase de ADXUDICACIÓN SUBSIDIARIA que remata coa asignación de praza a mediados de xuño.

Polo tanto, as familias deberán esperar ata mediados de xuño para saber si finalmente obteñen praza no noso centro. Será nese momento no que nos poñeremos en contacto coas mesmas para logo formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.

ENTRADAS E SAÍDAS DE ALUMNADO CURSO 2023-2024

                             

ALUMNADO TRANSPORTADO

INFANTIL E PRIMARIA

ENTRADA

SAÍDA

9.30 a 9.45 h

16.30 h

ALUMNADO NON TRANSPORTADO

ENTRADA

SAÍDA

INFANTIL: 9,45 a 9,55 h

INFANTIL: 14,40 H

PRIMARIA: 9,30 a 9,45 h

LETRAS GALEGAS 2024

Hoxe celebramos o día das Letras Galegas. Este ano a homenaxeada é Luisa Villalta.

Dende o CEIP Pedrouzos queremos conmemorar este día e desexarvos que pasedes unha boa xornada.

                    cartaz letras galegas 2024

Ao longo da semana que vén, colgaremos as imaxes coas actividades realizadas para conmemorar este día no CEIP Pedrouzos.

 

PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (BECAS NEAE)

Están convocadas para o curso 2024-2025, axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Lembrade que o prazo remata o vindeiro 13 de setembro.

Para calquera dúbida, podedes chamar ao centro e solicitar falar co Departamento de Orientación.

Toda a información está no seguinte enlace: 

 

BECAS NEAE

 

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 3º TRIMESTRE 2023/2024

Xuntamos menús correspondentes ao 3º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

8 M. DÍA DA MULLER

Hoxe celebramos o 8M, Día da Muller visibilizando o papel da muller nos diferentes ámbitos relacionados coa saúde, tanto a saúde física como a saúde mental.

Este programa de actividades encádrase dentro do Proxecto Anual de Centro "Mens sana, in corpore sano".

Queremos agradecer a toda a comunidade escolar a participación nesta xornada, facendo fincapé nas nais que nos acompañarán nas mesas redondas.

Programa 8M_ 2024   mesa redonda 8M_2024 

 mesa redonda 8M_2_2024     mesa redonda 8M_1_2024

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

O 1 DE MARZO, abre o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2024-2025 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 ata o 20 de marzo do 2024

Esta solicitude deberase presentar preferiblemente por SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, no centro educativo solicitado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Poden descargarse os impresos accedendo a web da Consellería, e tamén estarán a disposición das familias no propio centro a partir do 1 de marzo. 

ADMISION ALUMNADO CURSO 2024/25

Todo o alumnado das escolas adscritas (EEI dos Ánxeles, EEI de Sabaxáns), e alumnado do propio centro que fixo a reserva para primeiro de primaria no próximo curso, foille adxudicada praza.

Deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, SO O ALUMNADO NOVO NO CENTRO.

Todo o alumnado que solicitou praza no IES de Brión, foi admitido.

Lembren estar pendentes da información en web, xa que nesas datas e atendendo as instruccións da Consellería, deberán formalizar, (se o precisan),  a solicitude de Servizos Complementarios (Transporte e Comedor).

 

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut