Skip to Content

blogue demaria.gomez

LETRAS GALEGAS 2021; XELA ARIAS

Como sabemos este luns, 17 de maio conmemoramos o día das Letras Galegas en honor a Xela Arias.
Dende o equipo de dinamización imos a propoñer un xogo de pistas para realizar na carballeira de Santa Minia de Brión.


Debido á situación sanitaria actual, a actividade será relizada por grupos con vistas a cumprir as medidas do protocolo COVID,  Por iso, realizaremos a actividade ao longo de cinco días, dende o 19 ao 24 de maio.

Para a realización do xogo de pistas contamos cun dossier coas pistas adaptadas á idade do alumnado, Por iso, son elaborados 3 dossieres que podedes visualizar a continuación;

DOSSIER INFANTIL

DOSSIER 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA

DOSSIER 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA.

 

ALGUNHAS MOSTRAS DAS ACTIVIDADES A REALIZAR ESE DÍA

 

CARTAZLETRAS1 CARTAZLETRAS2 CARTAZLETRAS3
CARTAZLETRAS4 CARTAZLETRAS5 CARTAZLETRAS6
CARTAZLETRAS7 CARTAZLETRAS8 CARTAZLETRAS9
CARTAZLETRAS10    

ALGUNHAS DAS FOTOS DA ACTIVIDADE; NUN LUGAR TAN SINGULAR COMO A CARBALLEIRA DE SANTA MINIA.

   


 


Para traballar a Xela Arias hai varios recursos na aula virtual do centro. E tamén colgamos o dossier coas diferentes probas. Aínda está por rematar. De todas formas se queredes ir dandolle un vistazo tamén está colgado neste enlace. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/course/view.php?id=285#section-6
(comentar que non son todas as probas para todos os niveis. O equipo de dinamización elixe e elabora un dossier para cada nivel en función da dificultade)


POSTAIS CON CINTA CONDUCTIVA

Agora toca rematar este grupo de prácticas sobre conductividade e circuítos eléctricos, diseñando a nosa postal á que lle incluímos circuítos con cinta conductiva.

Primeiro, diseñamos o noso proxecto, como queremos que sexa a nosa postal e donde lle poñeremos os led.

A continuación, diseñamos o circuíto e o facemos con cinta conductiva.

Por último, rematamos  a postal dunha forma plástica e creativa

 

 
   
 

EXTRACCIÓN DE ADN _ DIA DA MULLER

O 8 de marzo celebramos o día da Muller.  Contaremos coa colaboración dunha científica, Ceres Fernández,  que traballa como investigadora no GRupo de Medicina XEnómica do IDIS.

 

Ensinounos o método ciéntifico a través da extracción do ADN. Parecíamos uns verdadeiros científicos e científicas traballando nun laboratorio.

           
 
 

E o producto final, foi a extracción do ADN. Imaxinabades que a cadea do ADN a simple vista era así? A nós sorprendeunos...Mirade!!!!

  

CINTA CONDUTIVA

A cinta condutiva de cobre facilita o deseño e montaxe de circuitos dunha forma sinxela e rápida. Ademais permite integrar circuítos eléctricos en superficies como papel, cartón, tela,...

Primeiro coñecemos o funcionamento da cinta conductiva e elaboramos uns circuitos sinxelos e prediseñados.

Materiais necesarios:

  •  Pila de botón de 3V
  •  leds
  • Cinta condutiva
  • Tixeira
  • Papel.
   
   

A continuación, empezamos a facer proxectos por parellas para poñer en práctica o aprendido.. Estos son os nosos proxectos .Mirade !!

 
 
     

 

Distribuir contido


by Dr. Radut