Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Taboleiro de anuncios

RECOLLIDA DE BOLETÍNS DE NOTAS

CALENDARIO PARA A RECOLLIDA DE BOLETÍNS

O día 19 de xuño de 2020 procederase á entrega dos boletíns de cualificación ás familias, para o cal se establece un calendario de recollida e así, evitar aglomeracións. É moi importante que acuda solo un membro por alumno/a e a poder ser, que NON veñan acompañados dos nenos/as.

Cada curso terá asignada unha hora, sendo moi importante que, na medida do posible non prolonguemos demasiado a estancia no centro, así evitaremos retrasos nos cursos seguintes.

Deberanse acudir ao centro con mascarilla e limpar as mans co xel que hai na entrada do mesmo.

O horario será o seguinte:

E. INFANTIL: DÍA 19 DE XUÑO DE 9:00 A 10.00 H

1º E 2º DE E.P. : DÍA 19 DE XUÑO DE 10.00 A 11.00 H

3º E 4º DE E.P. : DÍA 19 DE XUÑO DE 11:00 A 12:00 H

5º E 6º DE E.P. DÍA 19 DE XUÑO DE 12:00 A 13.00H

Recordámoslle ao alumnado  que debe devolver os libros emprestados da biblioteca do centro, e os libros das asignaturas que teñan na casa. A non devolución pode ser causa de exclusión das axudas para material.

O alumnado de 5º non terá que devolver os equipos Edixgal, a non ser que cambien de centro para o curso que vén.

LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA O MATERIAL ESCOLAR 21/22

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

2021-2022

A QUEN VAI DIRIXIDO?

  • Fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de E.P
  • Axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de E.P
  • Axudas para adquirir material escolar para toda a E.P

PRAZOS: Do 21 de maio ao 22 de xuño de 2020 (este incluído).

COMO FACELO? A solicitude para o fondo libros e as axudas para material escolar é a mesma. Podedes facelo de dous xeitos:

  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

    Debido á actual situación, presentaranse preferentemente nos formularios dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros , incluíndo o sistema de usuario e Chave365 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2021

  • Presentación presencial no centro

    Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente nos centros docentes, descargándoas previamente na páxina https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2020&numpub=1&lang=gl (solicitude presencial, Anexos I e II), na web do centro, ou ben recollendo os formularios na secretaría do centro.

QUE TEÑO QUE ENTREGAR?

  • Anexo I debidamente cuberto.

  • Anexo II (para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

  • Copia do libro de familia

 A maiores, no caso de darse algunha das circunstancias que se enumeran a continuación, tamén haberá que entregar:

  • Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor e titores carezan de DNI e NIE.

*NOTAS ACLARATORIAS

  • O alumnado de 5º e 6º está excluído da participación no fondo solidario de libros xa que formarán parte do proxecto E-dixgal (ordenador en vez de libro); non obstante, si terán dereito á axuda para adquirir material escolar.

  • Se ides presentar máis dunha solicitude telemáticamente, recordade que tedes que facelas de xeito independente (unha por fillo/a); pola contra, se as entregades no centro, podedes entregar unha única solicitude.

  • A  non devolución dos libros de texto, sexan do curso actual ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/2022.

  • O código do centro que se vos pide na solicitude é 36000685

ONDE ENTREGAR AS SOLICITUDES:

  • Como norma xeral, onde estea matriculado durante o prazo de entrega das solicitudes.
  • O alumnado que xa fixo a reserva, no centro de adscrición (no  I.E.S A Xunqueira I).
  • O alumnos que estean pendentes de admisión, no centro actual, de orixe.

NORMATIVA: ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2021).

MATRÍCULA 2020-2021 (Do 1 ao 10 de xullo)

O prazo para formalizar a matrícula no centro para o curso 2020-2021 irá dende o 1 ao 10 de xullo.

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. CURSO 2020-2021

O prazo para solicitude de ADMISIÓN DO ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA, no noso centro, para o curso 2021-2022, irá dende o 1 ó 20 de marzo de 2021, ambos inclusive. Vai dirixido ao alumnado que vén doutros centros ou para os/as que se incorporan por primeira vez ao sistema educativo.

Podedes cumprimentar as solicitudes de xeito manual (cubrindo o impreso que temos no centro e no adxunto que aparece nesta mesma páxina), facéndoo de modo telemático ou cubrindo o formulario de admisión que descargues. Tes toda a a información, documentos e vía 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Podes indicarnos as túas dúbidas contactando co centro vía telefónica no ‭886151205‬ - 6 ou por correo electrónico en ceip.cervinho@edu.xunta.es

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2017-2018

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso académico 2017-2018 será do 1 ao 20 de marzo de 2017.

O alumnado de 6º curso que non efectuou a reserva de praza no IES Xunqueira I, ao cal, este centro está adscrito, deberá realizar a solicitude de praza no IES no que se desexe que o alumno/a continúe os seus estudos.

PLATAFORMA TOK APP. MANUAL DE USO PARA AS FAMILIAS.

Dende o centro estamos poñendo en marcha unha plataforma de comunicación coas familias, ben para recibir avisos por parte do colexio, ou ben para que os mestres poidan mandar ese avisos directamente aos teléfonos móbiles dos pais/nais dos alumnos/as.

É unha plataforma que se descarga no móbil gratuitamente e os pasos que hai que seguir veñen explicados no archivo adxunto.

Para que activemos as noficiacións no centro, debes completar o documento que se achega, para indicarnos en que número de teléfono foi instalado, e devolvela cuberta ó centro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS

24/05/2016: Queda aberto o prazo para realizar a solicitude a  do fondo social solidario, audas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de EP.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160516_axudas_libros.pdf

Pincha aquí

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.