Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA O MATERIAL ESCOLAR 20/21

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

2020-2021

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de E.P

  • 3º de primaria: por substitución dos libros de texto

  • 4º de primaria: seguirán cos mesmos libros de texto

  • 5º e 6º de primaria: non usarán libros de texto por estar no programa E-dixgal

  • O alumnado de 6º que pasa para o IES A XUNQUEIRA 1, tamén poderá solicitar o Fondo Solidario para 1º da ESO no colexio.Deberán devolver os libros do curso para poder acceder ao Fondo Solidario, e o vale do material recollerano no IES nos prazos que estes establezan.

Axudas para adquirir libros de texto para 1º e 2º de E.P

Axudas para adquirir material escolar para toda a E.P

PRAZOS: Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020 (este incluído).

COMO FACELO? A solicitude para o fondo libros e as axudas para material escolar é a mesma. Podedes facelo de dous xeitos:

QUE TEÑO QUE ENTREGAR?

  • Anexo I debidamente cuberto.

  • Anexo II (para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

  • Copia do libro de familia

 A maiores, no caso de darse algunha das circunstancias que se enumeran a continuación, tamén haberá que entregar:

  • Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor e titores carezan de DNI e NIE.

*NOTAS ACLARATORIAS

  • O alumnado de 5º e 6º está excluído da participación no fondo solidario de libros xa que formarán parte do proxecto E-dixgal (ordenador en vez de libro); non obstante, si terán dereito á axuda para adquirir material escolar.

  • Se ides presentar máis dunha solicitude telemáticamente, recordade que tedes que facelas de xeito independente (unha por fillo/a); pola contra, se as entregades no centro, podedes entregar unha única solicitude.

  • A  non devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/2021.

  • O código do centro que se vos pide na solicitude é 36000685

NORMATIVAORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

AdxuntoTamaño
Normativa reguladora.pdf1.2 MB
Anexo I e II.pdf1.63 MB
Prazos fondo libros e axudas para material.pdf70.56 KB