Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Taboleiro de anuncios

PRAZO DE MATRÍCULA 2018-2019. Do 20 ao 30 de xuño

Para alumnado novo de INFANTIL e PRIMARIA que se matricule por 1ª vez (para o curso 2018-2019)

PRAZO: Do 20 ao 30 de xuño na secretaría do centro 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

Está ABERTO o prazo para participar no fondo solidario de libros de texto, axudas para a adquisición de libros (1º e 2º de EP) e material escolar en toda a educación primaria. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Dende o 22 de maio ata o 22 de xuño (este incluído) 

FORMA DE PRESENTACIÓN: 

*chave365 para identificarse na sede electrónica
  • Tamén se poden presentar no centro docente ou en calquera rexistro establecido na normativa reguladora

Nesta ligazón tendes toda a información
 
 

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. CURSO 2018-2019

O prazo de ADMISIÓN DE ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA no noso centro para o curso 2018-2019, estará aberto dende o 1 ao 20 de Marzo, ámbolos dous inclusive. 

Podedes cumprimentar as solicitudes de xeito manual (cubrindo o impreso que temos no centro e no adxunto que aparece nesta mesma páxina) ou cubrindo o formulario de admisión que tedes na seguinte ligazón: 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Aproveitamos para recordavos que aqueles alumnos que non vaian a ir ao IES Xunqueira I, deberán cumprimentar/enviar a solicitude de admisión a aquel centro onde vaian continuar os seus estudos.

 

Solicitudes de reserva de praza. Do 1 ao 15 de febreiro

Solicitudes de reserva de praza. Do 1 ao 15 de febreiro

Acaba de abrirse o prazo para a entrega das solicitudes de reserva de praza "só para centros adscritos".

O prazo comeza o 1 de febreiro e remata o 15 febreiro.

As familias podedes cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (co documento que temos no centro), ou a través da dirección www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ onde tedes toda a información.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2017

Queda aberto o prazo para a solicitude do fondo solidario e axuda para a adquisición de libros e material escolar.

O prazo comeza o 22 de maio e remata o 23 de xuño de 2017 .

Podedes acceder á información pinchando sobre os documentos seguintes aquí abaixo. 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2017-2018

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso académico 2017-2018 será do 1 ao 20 de marzo de 2017.

O alumnado de 6º curso que non efectuou a reserva de praza no IES Xunqueira I, ao cal, este centro está adscrito, deberá realizar a solicitude de praza no IES no que se desexe que o alumno/a continúe os seus estudos.

PLATAFORMA TOK APP. MANUAL DE USO PARA AS FAMILIAS.

Dende o centro estamos poñendo en marcha unha plataforma de comunicación coas familias, ben para recibir avisos por parte do colexio, ou ben para que os mestres poidan mandar ese avisos directamente aos teléfonos móbiles dos pais/nais dos alumnos/as.

É unha plataforma que se descarga no móbil gratuitamente e os pasos que hai que seguir veñen explicados no archivo adxunto.

Para que activemos as noficiacións no centro, debes completar o documento que se achega, para indicarnos en que número de teléfono foi instalado, e devolvela cuberta ó centro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS

24/05/2016: Queda aberto o prazo para realizar a solicitude a  do fondo social solidario, audas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de EP.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20160516_axudas_libros.pdf

Pincha aquí

Distribuir contido