sexto
Plan Director: concienciándonos en seguridade
Os días 3 e 10 de marzo, leváronse a cabo no centro charlas dirixidas ao alumnado de 5º e 6º cursos de E.P.
Tratábase dunhas poñencias que formaban parte de Plan Director, implementado pola Garda Civil, e que teñen como obxectivo concienciar de maneira eficaz ao alumnado en temas relativos á súa seguridade, así como á convivencia no entrorno escolar.
Os temas a tratar foron: prevención de drogas, acoso escolar, bandas xuvenís e violencia de xénero.
Escoitamos con atención e non faltou tempo para que puidésemos aportar as nosas opinións ou plantexar as dúbidas que ían xurdindo.
Non cabe duda que foi interesante!!!
O Entroido na escola
Este ano, e seguindo o proxecto que dende a biblioteca escolar se está a desenvolver, o alumnado de 6º fomos caracterizados como "peruanos". Isto débese a que a nosa mascota da biblio, Dora, este ano vai de cruceiro, facendo escala nos lugares onde se atopan As 7 Marabillas do Mundo. Así pois, cada curso se ocupará de afondar no estudo de cada unha das "marabillas", e nós, adentrarémonos en Cuzco, Perú, para investigar sobre o emblemático e espectacular Machu Picchu.
Tocounos, entón, de ir de "peruanos" , e así lucimos.
Aquí estamos vendo o noso grupo co Machu Picchu por detrás. Impresssssionanteeeeee!!!!
E voltando ao Entroido, como en anos anteriores, o alumnado da escola ao completo, fixemos un desfile polo pobo, caracterizados como os habitantes dos lugares onde se atopan as 7 marabillas.
E visitamos tamén, como non, aos ao pequechos da Galiña Azul...
Unha xornada divertida e chea de diversidade!!!
REVISTA DIXITAL " O CERVO"
Ola de novo a tod@s:
Queremos recordarvos a tod@s que este curso foi habilitada na biblioteca unha zona de investigación e redacción para o periódico escolar que por 1º vez se levou a cabo en formato dixital coordinado polo noso grupo de "xornalistas en acción en busca de información".
Escribimos varios artigos tendo en conta as seccións e colaborou con nós xente do entorno, varios persoeiros entrevistados, e as restantes aulas da escola.
Podedes ver a nosa edición na páxina web da escola, en " O cervo dixital". Colaborou con nós tamén o equipo de dinamización da biblioteca escolar.
Pasámonos á prensa "on line". A ver que vos parece!!!
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2253
BO VERÁN!!!
(15/16) Ciencias 6º: Webquest sobre os Parques Nacionais de España.
Aquí tedes unha webquest coa que traballaremos diferentes contidos sobre os Parques Nacionais de España. Poñémonos mans á obra!
http://phpwebquest.org/newphp/webquest/soporte_derecha_w.php?id_activida...
Aquí tedes tamén o enlace ao vídeo sobre eles ( o que atoparedes na webquest dá erro)
(2015/2016) CIENCIAS 6º: Espacios naturais galegos.
Aquí tedes o enlace a unha presentación sobre
os Espacios protexidos de Galicia
Agardo que vos sexa de gran axuda para preparar este traballo.
(2015/2016) Reforzo da competencia lingüística en 6º
Este curso temos dentro do horario unha sesión semanal adicada a mellorar a nosa competencia lingüística.
Para elo como primeira actividade deste curso preparou cada un de nós un MINICONTO:
-O primeiro paso foi falar e anotar cada un de nós un recordo do verán, o primeiro que nos apareceu na nosa mente. Anotámolos nun anaco de papel.
-Despois noutro anaco escribimos cada un dúas cualidades positivas que pensa que ten: coidados@, amable, curios@, falador@,...
- No terceiro e último anaco tiñamos que inventarnos un superpoder que nos gustaría ter: o de volverse transparente, o de saber o que están a pensar os demais,... (Algún pasouse co seu superpoder...xa leeredes)
Como remate mesturamos e repartimos os anacos. Cada un tivo tres cos que inventar unha pequeniña historia. Primeiro nun borrador, que despois de releída, correxida e reformada, pasámola aos minicontos que preparáramos pregando varias veces un folio.
Debuxamos e coloreámoslle en Plástica as distintas páxinas, pensamos nun título, deseñamos a portada e...listo!
Expuxémolos todos xuntos no taboleiro da clase!
A maioría das historias quedaron un pouco tolas, mais por iso aínda nos gustan máis.
Invitámosvos a lelas!
Adiantámosvos unha delas...
(2015/2016) CIENCIAS 6º: Sociais e a xeografía europea.
Como comezo de curso en Ciencias Sociais estivemos a falar de países europeos.
Rapidamente démonos conta de que pouco sabiamos co que decidimos poñernos mans á obra para darlle solución a este problemiña:
-despois de falar do que era un mapa e a diferencia entre os mapas políticos e físicos, deseguido tivemos cada un de nós nas nosas mans un pequeno mapa político europeo. Cada un elexiu un país. (Algún pedía investigar sobre Australia! En Europa! Falta nos faría traballar ben este tema...)
Detrás do mapa fomos anotando os distintos temas que nos parecían interesantes para investigar sobre eles: bandeira, coste do billete de avión ata el, personaxes importantes dese país, himno, ...
Tivemos dúas sesións cos ultraportátiles da aula para recoller información sobre o mesmo.
Toda ela teríamola que plasmar nun folio Din A3 a modo de mapa conceptual para logo mostrarlle aos nosos compañeir@s da clase todo o que averiguamos. Costounos traballo, mais algúns quedaron moi ben!
Agora tócanos poñernos a aprender os datos máis importantes sobre este continente: ríos, montañas, países e capitais, illas,... Será duro pero moi interesante!
Para axudarnos a facelo máis levadeiro temos no apartado de axendas escolares o seguinte enlace no cal traballar todos estes datos de maneira máis lúdica:
(2015/2016) Comezamos Plástica no 6º curso.
Sociais 6º: Recurso para traballar os mapas físicos e políticos das diferentes zonas xeográficas.
( 2014-2015) " Uns cadros con clase"
As nosas obras de arte abstracto.
Despois de ver tantos cadros de artistas surrealistas, entráronnos uns desexos enormes de transformarnos en pintores... Pero non en un pintor calquera, non...
Así que, indagamos no mundo destes xenios da pintura para ver se podiamos contaxiarnos un pouquiño do seu inxenio. E algo debeu pasar, con Miró, Dalí, Picasso, Van Gogh,Granel...Porque, de repente, surxiu a inspiración que todo artista desexa ...Mirade..Mirade...
Este foi o resultado do noso traballo sobre o proxecto de pintura que fixemos este curso. Os cadros están expostos no corredor da planta baixa do cole!!!!
Que artistazas somos!!!!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »