Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

O Entroido na escola

Este ano, e seguindo o proxecto que dende a biblioteca escolar se está a desenvolver, o alumnado de 6º fomos caracterizados como "peruanos". Isto débese a que a nosa mascota da biblio, Dora, este ano vai de cruceiro, facendo escala nos lugares onde se atopan As 7 Marabillas do Mundo. Así pois, cada curso se ocupará de afondar no estudo de cada unha das "marabillas", e nós, adentrarémonos en Cuzco, Perú, para investigar sobre o emblemático e espectacular Machu Picchu.

Tocounos, entón, de ir de "peruanos" , e así lucimos.

Aquí estamos vendo o noso grupo co Machu Picchu por detrás. Impresssssionanteeeeee!!!!

E voltando ao Entroido, como en anos anteriores, o alumnado da escola ao completo, fixemos un desfile polo pobo, caracterizados  como os habitantes dos lugares onde se atopan as 7 marabillas.

E visitamos tamén, como non, aos ao pequechos da Galiña Azul...

Unha xornada divertida e chea de diversidade!!!