Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2015/2016) Comezamos Plástica no 6º curso.

Acabamos de rematar o primeiro mes de colexio e xa temos un feixe de cousas que contarvos dende a área de Plástica:
-a 1º actividade na que andivemos a enredar foi crear as ilustracións duns minicontos que fixo cada un de nós o primeiro día de clase. Debuxo, cor, deseño de portada,...  
- a 2º foi crear cada un de nós a nosa carpeta na que recoller os traballos plásticos que vaiamos facendo.
Nela falamos do collage e tentamos empregar esta técnica: cada un colleu unha das revistas que trouxemos da casa e buscamos zonas nas que poder recortar cada unha das letras do nome desta materia que tivesen imáxenes relacionadas con cada unha delas. Logo de ter todas pegámolas na nosa carpeta. Así de chulas quedaron!
 
- Na 3º empregamos as témperas e pinceis para completar un gran círculo cromático. Partindo das cores primarias acadamos completar cada unha das súas partes mesturándoas en distintas proporcións.
Tamén relacionado co mesmo tema, mais empregando as ceras duras, completamos cada un dos depósitos dun laboratorio cromático. 
-Na 4º sesión  dividimos o círculo cromático que pintaramos en dúas partes. Por un lado deixamos as cores frías e por outro as quentes. Separamos as ceras brandas en cada un destes grupos e mans á obra!
Despois de repasar a silueta das nosas mans e de dividir o papel de traballo cada un coa súa trama elexida, fomos dándolle cor.
As partes interiores da silueta da man coas cálidas tentando que non se
repetiran dúas cores iguais seguidas e as zonas exteriores coas frías.
Aínda non a demos rematado mais polo momento así de atractivas van
quedando!
- Para reforzar todo o que ímos traballando temos no apartado de axendas escolares da nosa web o seguinte enlace:

Somos uns artistas...non si?
E máis o seremos ao rematar este curso con todo o que deamos traballado e aprendido!