Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

quinto

(2012-2013) Representación teatral

INVENTOS LUNÁTICOS

 

Como xa vos contaramos, andivemos a preparar unha obriña de teatro co fin de poñer en escena na celebración do Día das Letras Galegas.

(Teatro nas Letras Galegas)

O seu tema central é os inventos e inventores, por suposto... despois de traballar sobre eles durante o segundo trimestre.

Despois de algún atranco chegou a hora de poñela en escena... o venres!

Para elo decidimos preparar un cartel anunciador para que os demais nenos do centro se enterasen do acto. Deseguida Jose púxose no encerado a escribir unha chuvia de ideas con todo aquela información que pensabamos que tiña que mostrar: título, lugar da representación, razón da obra, data e hora, coste da entrada e algunha imaxe ou debuxo.

Entre todos empezamos a preparar as diferentes partes do cartel.

Nun abrir e pechar de ollos... feito! Puxémolo na porta do salón de actos.

Mentres estabamos a traballar a María ocorréuselle que podiamos tamén preparar entradas para repartirlle aos nenos e nenas das demais aulas... Por que non?

Nun pequeno grupo decidiron o que poñer nelas: título, hora, lugar e debuxo. Para este último Alex empregou un caderno de debuxo que trouxera ese día a ensinar na clase o cal explicaba como debuxar algúns animais,...

Quedaban tan ben que fixeron 3 modelos diferentes!

Fixémoslle fotocopias e o venres a 1º hora pasaron por as demais aulas a repartilas. Xa estaba todo listo e todo o mundo enterado!

María sería a encargada de estar na porta do salón recolléndoas

Como nos saería? Nos ensaios ben mais cando se enchese o salón... traicionaríannos os nervios? 

Para nada! Xenial! Fantástico! Sorprendente! Alucinante!

Aquí tedes algúns dos momentos da posta en escena e dos últimos ensaios. (Tedes máis fotos na galería fotográfica)

Presentación de Jose e primeira parte de Borja e Carla.

Entrada de Nuria e o gran científico Daniel

Diálogo dos dous fillos Alex e Virginia

Enfado da súa nai e solucións que pensa o seu pai

Resultado: Dani e Laura, fillos perfectos!

Gran enfado e disgusto da nai.

Visita da científica María. Sorpresa e desmaio.

Condena posta ao científico para solucionar o problema

Última sorpresa: 2 fillos máis. Celebración do grupo.

Despedida e saúdo final

O científico non pode máis!

Temos a gran sorte de que foxe gravada para incluila no cd que irá na revista escolar coas celebracións do centro. Xa estamos desexando poder vela!

Mellorar sempre se pode mellorar.... mais desta vez ben pouco!

Sodes xeniales!

(2012-2013) Sembra de XIRASOLES

O día antes a ter as vacacións de Semana Santa, fixemos na aula unha sementeira de xirasoles. A mestra regaláranos a modo de "madriña", dúas pipas a cada un.

Plantámolas, regámolas e puxémoslle nome aos pequenos espacios de plantación.

Cando voltamos das vacacións ... o que medraran!

(No recanto de Infantil teñen un enlace a un vídeo que mostra como é o crecemento dunha árbore. Tamén volo poño a vós. Desfrutade del!) 

Decidimos preparar unhas fichas de rexistro do proceso de crecemento das sementes de cada un.

Non tivo moito éxito posto que cada vez que nos poñiamos a medir, a algún de nós partíalle o talo do seu xirasol do tenros que eran. Xa nos daba medo tocalos! So lles contabamos as follas que ían botando.

Tanto medraban que decidiuse preparar unha parte da zona adicada a horto escolar para poder traspasalos alí.

Tamén os nenos e nenas de Infantil estaban a sementar na súa aula e eles tamén se animaron a traspasalos.

Cando o fixemos xa foi un pouco tarde. Algunha das plantiñas xa estaba tan feble que non resistiu o cambio. Aínda así case a metade seguían alí.

Na clase algún dos nenos tamén sementou na súa casa. Eles dicían que as súas sementes estaban o dobre de medradas. Ata trouxeron unha de proba.

(Foto)

Sí que era certo, menudo xirasol! Os que saben....saben!Decidimos plantalo no horto ao lado dos do colexio.

Fáltanos o letreiro co nome das plantas, xa nos dixeron os nenos de infantil que tiñamos que poñerllo para eles poder ler e saber o que alí había. Nos próximos días colocarémolo.

A ver se de verdade é boa a terra da nosa escola e fai que nun mes que queda de escola logremos ver as primeiras floriñas do xirasol. De non ser así cada un de nós levará a súa plantiña de vacacións a súa casa.

Ao regreso das vacacións de verán a ver quen trae a flor do xirasol seca máis grande!

(De seguro que será a miña)

(Nin a miña, dúas semanas xa pasaron e case todos secaron.)

Un acertixo: A ver se adiviñades a que gran artista pertence a seguinte obra de arte...

Quen o adiviñe e ademais aporte algún outro dato  sobre o pintor terá premio...

(2012-2013) Traballo sobre Roberto Vidal Bolaño

Como este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño, fixemos unha actividade para saber sobre este escritor, dramaturgo e fundador do teatro galego profesional.

 O traballo consistíu en realizar tres murais que recollesen a biografía e a obra deste autor. Primeiro, lemos unha serie de información e textos que nos facilitou o profe. Logo buscamos máis datos (webs, publicacións, traballos doutros centros…) utilizando o EDI para comentar entre todos e anotar direccións interesantes para consultar logo pola nosa conta nos portátiles.

 

Fixemos tres equipos que elexirían coordinador/a e se repartirían as funcións: buscar información, imaxes, escribir texto, deseñar o formato, debuxar... 

E así quedaron os nosos carteis sobre vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.

 

Jose, María e Nuria.

 

Dani Camiña, Laura e Alex.

 Borja, Carla, Virxinia e Dani Campos.

Ao rematar expuxemos os carteis nas corcheiras do corredor para disfrute de todos.

(2012-2013) Teatro nas Letras Galegas

Durante estas semanas previas á Celebración das Letras Galegas no noso centro estivemos a preparar una obra de teatro que ten como título "Inventos Lunáticos". 

Xa temos máis ou menos aprendido o papel de cada un, ensaiamos no escenario para saber por onde moverse e situarse, adaptar o ton de voz, traballar a expresión corporal,...

Tamén preparamos os decorados: con bolsas do lixo a modo de cortina coloreamos os fondos do escenario para cada momento da obra.

Moito desfrutaron nesta parte tamén! Aquí sí que estaban concentrados. Así de bo foi o resultado final!

O decorado tamén precisaba dunha gran máquina. Para facela empregamos a escada na que pegariamos engranaxes. Aquí estamos a debuxalos e pintalos.

Xa tiñamos todo listo para honrar no Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño coa nosa obra de teatro.

Mais non estabamos todos. Unha das protagonistas da obriña faltou toda a semana. Entre todos decidimos agardar a que regresara para representala.

Así que nos vindeiros días prepararemos un cartel para colocar no centro anunciando a nosa representación teatral.

Entrada de balde, por suposto!

(Xa vos contaremos como nos foi)

(2012-2013) Día da nai

Nos pequenos pero sabrosos momentos de plástica, andamos a empregar os ultraportátiles para coñecer un pouquiño a Picasso.

Para elo tentamos darlle resposta a algunha das preguntas propostas na webquest que traballamos sobre el.

Agora que case a temos rematada podemos presumir de saber algo máis sobre este gran pintor e escultor español.

Aproveitando un programa informático chamado Picassohead ao que nos enlazaba a web preparamos cada un de nós un retrato "picassiano" da nosa nai co que poder agasallala o día da nai. Aquí podedes ver o fermosas que quedaron.
(Se clicades sobre a imaxe enlazaravos a unha revista dixital con todas elas)

Con el preparamos unha tarxeta na que lles escribimos unhas palabras de cariño. Tamén o acompañamos cunha maternidade de Picasso coloreada por nós; posto que xa miraramos que era un tema que lle gustaba plasmar nas súas obras especialmente a este artista.

Aquí tedes mostra dalgunha delas.

(2012-2013) Despedida da mestra de prácticas.

Durante todo este segundo trimestre e finais do primeiro tivemos a sorte de ter na nosa aula unha mestra en prácticas: Manoli.

Xa estabamos tan acostumados a tela con nós que olvidaramos que chegaría o momento da despedida.

Acompañounos nas distintas celebracións e saídas,

- axudounos na clase cada vez que necesitabamos dela (tanto mestre coma nenos),

- deunos clase aos rapaces de Matemáticas e Coñecemento,

-  impartiunos un Plan de mellora da autoestima durante dúas semanas a todo o terceiro ciclo,

- participou con nós nas clases de Educación Física e tamén nas dos demais niveis,...

Só dexesamos que chegue a cumplir o seu soño de ser mestra, posto que estamos segurísimos que vai a ser unha das mellores.

Dende que marchou xa nos visitou dúas veces máis, para traer materiais que lle deixara a nosa mestra. A ver se se lle seguen a olvidar cousas, así teremos a sorte de estar con ela un anaquiño.
Esperamos as túas visitas.

Moita sorte! e... ata pronto!

(2012-2013) 23 de abril: Día do Libro e Semana da Prensa

Durante esta semana celebramos na aula a
...

 

Para elo traballamos a noticia, preparando con elas un pequeno xornal cun único apartado de sucesos protagonizados polas mascotas de cada un de nós.

Aquí están os xornalistas en plena faena!

O obxectivo principal deste traballo foi o coñecer, traballar e respectar a estructura da prensa escrita, poñendo títulos, subtítulos, texto en columnas, redacción en terceira persoa, preparación das fotos, pés de foto, balazos,...

Así, atoparedes neste divertido xornal animal unha vaca comeplásticos, un gato en busca e captura polo alcalde, unha tartaruga desaparecida,...

Aquí tedes unha revista dixital creada con estas noticias.

Ao longo da semana as poderedes ver no corredor, onde sempre colocamos algúns dos traballos que preparamos na clase para que os demais nenos e nenas poidan tamén ler, ver,rir, descubrir, aprender e disfrutar un pouco con eles.

Tamén o martes 23 celebramos o día do Libro. Por elo os mestre do colexio intercambiáronse a 4º hora as clases e leron en cada unha delas un libro.

Na nosa aula a mestra Susana leu O libro da selva, e os nosos mestres Marga e Tirso foron os lectores nas aulas dos nenos e nenas de Infantil.

Para ver algúns dos momentos desta celebración aquí vos deixo o enlace á entrada da biblioteca:

(2012-2013) Fin do proxecto sobre os inventos

Como xa sabedes, na aula de 5º estivemos a traballar durante o segundo trimestre un proxecto sobre os inventos.

Se queredes ver as entradas anteriores sobre este tema clicade nelas

As máquinas e os mecanismos

A toda máquina

 Salón do Libro

LIM sobre os inventos

Creando anuncios publicitarios

Os inventores de Campo Lameiro City

Como remate do mesmo preparamos en 5 grupos uns paneis nos que plasmar a información que fumos descubrindo sobre as diferentes cuestións que nos plantexaramos nun comezo.

 Así, agrupámonos en torno aos seguintes temas:

-Alex e Daniel elaboraron un mural sobre as máquinas e mecanismos co que contestar a pregunta: que era unha máquina e que tipos había? Para elo buscaron información no traballo que o propio Alex preparara, en libros da biblioteca, internet,..

O resultado foi o seguinte. Levoulles moito traballo o organizarse e decidir que e como poñelo, mais ao final quedoulles bastante ben.

  

-Virginia e Nuria co fin de repostar á pregunta: hai mulleres inventoras? prepararon un panel no que foron pegando imaxes das mulleres xunto cos seus inventos que, empregando os ultraportátiles, lograron ir atopando e seleccionando. Elas, dende un principio, puxéronse dacordo no que querían facer e traballaron moi rápido.

 

- Carla e Jose traballaron o tema dos homes inventores e tentaron mostrar algún dos máis importantes. Acompañando a cada un deles decidiron escribir un breve texto no que explicaban cal foi a súa invención. Foi o equipo que mellor se coordinou.

  

- Borja e Dani tiñan que preparalo sobre o tema das patentes. Andiveron moi perdidos, mais pouco a pouco fóronse motivando e como resultado presentaron un dos paneis máis atractivos e completos. Acabaron sorprendidos e moi satisfeitos.

 

-Laura e María, por último, déronlle resposta á pregunta : hai inventos españois e cales son? A elas acendéuselle a bombilla! Atoparon unha imaxe dunha coas cores da bandeira de España, a que colocaron no centro do mural da que foron saindo algúns dos inventos máis importantes creados no noso país.

 

Agora, todos eles, están expostos no corredor do centro para que os demais nenos e nenas poidan ver, ler, descubrir,... algunha das tantas cousas que fumos averiguando.

(2012-2013) LIM sobre os inventos

LIM sobre OS INVENTOS.

Baseándose no que andamos a traballar na aula preparei este Libro interactivo para que, de maneira aínda máis entretida, repasásemos contidos que andivemos a traballar e descubrir.

Agardo que vos guste e vos faga pasar un bo rato!

Poñédevos a proba!

(2012-2013) Creando anuncios publicitarios

Convertímonos en publicistas! 

Aproveitando o traballo feito para o Salón do Libro e o proxecto que andamos a traballar na aula sobre os inventos, creamos os nosos anuncios publicitarios sobre as máquinas que inventaramos.

Así de chulos quedaron!

Anunciando a HELICASA: invento de Alex e Borja

 Anuncio da MICROBILLA: creación de Carla e Nuria

Anuncio da PORTA MÁXICA: ideada por Jose e Daniel Campos

          Anunciando a DOBLEEURO: de Daniel Camiña

              Anuncio da MAQUIQUEIRAS: de Virginia.

E por último os anuncios do MANDOLÁPIZ: de María e Laura.

Distribuir contido