Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Sembra de XIRASOLES

O día antes a ter as vacacións de Semana Santa, fixemos na aula unha sementeira de xirasoles. A mestra regaláranos a modo de "madriña", dúas pipas a cada un.

Plantámolas, regámolas e puxémoslle nome aos pequenos espacios de plantación.

Cando voltamos das vacacións ... o que medraran!

(No recanto de Infantil teñen un enlace a un vídeo que mostra como é o crecemento dunha árbore. Tamén volo poño a vós. Desfrutade del!) 

Decidimos preparar unhas fichas de rexistro do proceso de crecemento das sementes de cada un.

Non tivo moito éxito posto que cada vez que nos poñiamos a medir, a algún de nós partíalle o talo do seu xirasol do tenros que eran. Xa nos daba medo tocalos! So lles contabamos as follas que ían botando.

Tanto medraban que decidiuse preparar unha parte da zona adicada a horto escolar para poder traspasalos alí.

Tamén os nenos e nenas de Infantil estaban a sementar na súa aula e eles tamén se animaron a traspasalos.

Cando o fixemos xa foi un pouco tarde. Algunha das plantiñas xa estaba tan feble que non resistiu o cambio. Aínda así case a metade seguían alí.

Na clase algún dos nenos tamén sementou na súa casa. Eles dicían que as súas sementes estaban o dobre de medradas. Ata trouxeron unha de proba.

(Foto)

Sí que era certo, menudo xirasol! Os que saben....saben!Decidimos plantalo no horto ao lado dos do colexio.

Fáltanos o letreiro co nome das plantas, xa nos dixeron os nenos de infantil que tiñamos que poñerllo para eles poder ler e saber o que alí había. Nos próximos días colocarémolo.

A ver se de verdade é boa a terra da nosa escola e fai que nun mes que queda de escola logremos ver as primeiras floriñas do xirasol. De non ser así cada un de nós levará a súa plantiña de vacacións a súa casa.

Ao regreso das vacacións de verán a ver quen trae a flor do xirasol seca máis grande!

(De seguro que será a miña)

(Nin a miña, dúas semanas xa pasaron e case todos secaron.)

Un acertixo: A ver se adiviñades a que gran artista pertence a seguinte obra de arte...

Quen o adiviñe e ademais aporte algún outro dato  sobre o pintor terá premio...