Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Fin do proxecto sobre os inventos

Como xa sabedes, na aula de 5º estivemos a traballar durante o segundo trimestre un proxecto sobre os inventos.

Se queredes ver as entradas anteriores sobre este tema clicade nelas

As máquinas e os mecanismos

A toda máquina

 Salón do Libro

LIM sobre os inventos

Creando anuncios publicitarios

Os inventores de Campo Lameiro City

Como remate do mesmo preparamos en 5 grupos uns paneis nos que plasmar a información que fumos descubrindo sobre as diferentes cuestións que nos plantexaramos nun comezo.

 Así, agrupámonos en torno aos seguintes temas:

-Alex e Daniel elaboraron un mural sobre as máquinas e mecanismos co que contestar a pregunta: que era unha máquina e que tipos había? Para elo buscaron información no traballo que o propio Alex preparara, en libros da biblioteca, internet,..

O resultado foi o seguinte. Levoulles moito traballo o organizarse e decidir que e como poñelo, mais ao final quedoulles bastante ben.

  

-Virginia e Nuria co fin de repostar á pregunta: hai mulleres inventoras? prepararon un panel no que foron pegando imaxes das mulleres xunto cos seus inventos que, empregando os ultraportátiles, lograron ir atopando e seleccionando. Elas, dende un principio, puxéronse dacordo no que querían facer e traballaron moi rápido.

 

- Carla e Jose traballaron o tema dos homes inventores e tentaron mostrar algún dos máis importantes. Acompañando a cada un deles decidiron escribir un breve texto no que explicaban cal foi a súa invención. Foi o equipo que mellor se coordinou.

  

- Borja e Dani tiñan que preparalo sobre o tema das patentes. Andiveron moi perdidos, mais pouco a pouco fóronse motivando e como resultado presentaron un dos paneis máis atractivos e completos. Acabaron sorprendidos e moi satisfeitos.

 

-Laura e María, por último, déronlle resposta á pregunta : hai inventos españois e cales son? A elas acendéuselle a bombilla! Atoparon unha imaxe dunha coas cores da bandeira de España, a que colocaron no centro do mural da que foron saindo algúns dos inventos máis importantes creados no noso país.

 

Agora, todos eles, están expostos no corredor do centro para que os demais nenos e nenas poidan ver, ler, descubrir,... algunha das tantas cousas que fumos averiguando.