Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2012-2013) Celebrámo-los cumpreanos do mes de xaneiro

No mes de xaneiro catro compañeiros e compañeiras cumplían anos. Na nosa aula YESSICA e NOA cumplían catro anos e na dos nosos compañeiros de E.I. 1, NICOLÁS e RUBÉN que cumplían seis.

Nesta ocasión, os homenaxeados elaboraron unha tarta de galleta e natillas.

 

Con esta boa pinta quedou rematada, deixámola enfriando na nevera ata o día seguinte, cando tería lugar a festa.

 

Os catro compañeiros e compañeiras que cumplían anos neste mes foron a buscar a tarta, mentras o resto de compañeiros preparaban a aula para a gran festa.

 

Así soplaron as súas catro candeas NOA e YESSICA

 

E así o fixeron NICO e RUBÉN, nesta ocasión en lugar de seis candeas, empregaron unha que tiña o número "6"

 

Os anfitrións foron repartindo anacos de tarta os seus "invitados"

 

Rematamos a festa cuns gusanitos e patacas fritidas ;)

 

(2012-2013) Rematamos a nosa excavación e a investigación sobre os Dinosaurios

Podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes ligazóns:


 

Á volta das vacacións de Nadal retomamos a nosa investigación sobre os Dinosaurios, aínda nos quedaban preguntas por respostar.

 

Rematamos a excavación... comeza a reconstrucción dos dinosaurios

A nosa escavación estaba a punto de finalizar, e entre todos e todas demos desenterrado tódolos fósiles que había agochados. Cando xa non parecía quedar ningún, os paleontólogos de E.I.2 revisaron minuciosamente para que non se nos "colase" algún oso pequeno.

 

Montar o esqueleto dos dinosarios, cos fósiles atopados non foi nada doado, eran moitos e había que "descubrir" onde ía cada un... despois de algo de "ensaio-erro" demos reconstruido os esqueletos dos dous dinosaurios.

 

Como xa sabiamos que os osos fósiles eran moi "delicados", metímolos dentro dunhas caixas no nos "museo", e engadimos un cartel de "non tocar", para que os visitantes non os destrozasen sen querer.

 

 

Como se chamaban os dinosaurios?

Outra das preguntas que tiñamos pendientes era saber "como se chamaban os dinosaurios", decidimos investigalo todos xuntos. 

O primeiro que fixemos foi "dialogar" sobre onde podiamos atopar nomes de dinosarios, os que xa coñeciamos, os que eran de verdade ou persoaxes de debuxos animados...

Finalmente decidimos comezar co video da canción dos nomes dos dinosaurios que nos encanta a todos e todas.

Lembra que tes moitos máis vídeos sobre os dinosaurios no apartado VÍDEOS do recanto de INFANTIL. [aquí

 

 

Ademáis nese vídeo aparecían escritos os nomes dalgúns dinosaurios, así que repartimos unha fotografías de dinosaurios reais e fomos identificando cales eran os que ían saíndo no video como "debuxos animados". 

 

Cando estaban indentificados, pegámolo no libro dos dinosaurios e escribimos o seu nome.

 

Como son moitísimos, fomos escribíndoos por turnos ó longo de varios días... cando alguén quería escribir un novo dinosaurios xa sabía o que tiña que facer para engadir un novo.

 

Para as restantes preguntas traballamos, como sempre, por equipos.

 

Cando apareceron e cando desapareceron? 

Este foi o equipo encargado de atopar resposta a esta pregunta.

 

Buscaron a resposta entre toda a información que atoparon no "recanto da investigación", tiñan claro que había que buscar un número... e pensaron que seguramente tiña que ser "moi longo" porque ámbolos dous feitos (aparecer e extinguirse") sucederan fai moitísimos anos.

 

Despois de moito buscar, e de preguntar ó profe que  eran os números que ían atopando, deron coas respostas que estaban a buscar.

 

Escribíronas nun papel e pegáronas no mural para da investigación.

 

Chegado o seu momento tamén explicaron ó resto dos compañerios e compañeiras o seu descubirmento. Como sempre acordando entre eles quen falaría e como o ían a explicar.

 

Canto pesaban e medían?

Outro equipo encargouse de buscar a resposta a "canto pesaban e medían"?

 

Tamén neste caso pensaron que tiñan que buscar "números" que indicasen o peso ou a altura. Finalmente deron coa resposta nunhas tarxetas que tiñamos entre a información, que indicaban o nome do dinosaurio e outros datos como a "altura e o peso".

 

Tamén atoparon no ordenador un listado co nome de dinosaurios, o peso e a altura, tan só quedaba completar no libro dos dinosaurios os datos que faltaban.

 

 

Entre todos e todas, ó longo dos días, fomos completando o noso libro, buscando a fotografía do libro que se correspondía  co dinosario que se veía na pantalla. "Lendo" onde indicaba o peso e onde indicaba a altura.

 

Chegado o momento tamén tiveron que expoñer ós compañeiros e compañeiras como e onde atoparan a resposta.

 

 

Que comían os Dinosaurios?

Unha das últimas preguntas que quedaban pendentes era saber que comían os dinosaurios.

 

Buscaron entre os libros que había no recando da investigación e foron "descubrindo" que comían os dinosaurios de cada tipo. Para descubrilo ás veces atopaban unha imaxe onde aparecia claramente indicado, outras "deducían" por se tiñan dentes ou non... e noutros casos, cando había dúbidas, buscaban no ordenador, coa axuda do mestre, a resposta axeitada.

 

Foron completando no libro dos dinosaurios, xunto  ós datos escritos polos outros equipos, se se trabata dun "carnívoro" ou dun "hervívoro", debuxando ademáis o que podían comer (de verde se era hervívoro e de vermello se era un carnívoro".

 

Tan só faltaba explicarlles os compañeiros e compañeiras o resultado da súa investigación, e como o plasmaron no libro.

 

No mural da investigación, escribimos un cartel indicando que as preguntas sobre o nome dos dinosaurios, a súa altura, peso e tipo de alimentación, tiñan as súas respostas no "libro dos dinosaurios".

 

 

 

Dinosaurios de verdade ou de mentira:

Por último, quedaban algunhas preguntas que non tiñamos claro se realmente podían ser posibles ou non. 

- Tiñan xoguetes? Ían o baño? Como ían ó colexio?...

Estivemos debatindo durante un tempo sobre que cousas eran reais e cales eran de "mentira", ou aparecían só nos debuxos animados.

Finalmente comezamos a ver na pantalla vídeos que tiñamos na nosa información para ver se o que contaban era realidade ou só "debuxos animados".

 

Cando aparecía algo que críamos que non era de verdade (un dinosaurio nun tren, un dinosaurio cantando...) parabamolo vídeo e comentabamos se era de verdade ou mentira. Cando chegamos a un acordo escribiamolo nun listado.

 

E despois de ver varios dos nosos vídeos así quedou a lista das cousas que SI eran verdade ou posibles e cales NON eran verdade.

 

 

Medimos menos que os dinosaurios:

Agora que xa sabiamos canto medían os dinosaurios, quixemos saber "canto medíamos nos"... o primeiro que fixemos, non sen un pouco de traballo e discusións, foi ordenarnos de "máis alto a menos alto", sendo o máis baixo de todos un gatiño de xoguete que trouxera Noa.

Descubrimos que as nosas cabezas, así colocados, parecían un "tobogán" que baixaba.

 

Usando o medidor da aula, e con axuda dun compañeiro que poñía un gomet na nosa altura, fómonos medido...

 

E escribindo a nosa altura, que era un número, na folla do noso dossier persoal sobre os Dinosaurios, alí puidemos compara o pequiños que seriamos ó lado dun dinosaurio... menos mal que xa non existen.

 

 

Un museo para tódolos compañeiros/as do colexio:

Coa investigación rematada, movemos o noso "museo" ó corredor do colexio, para que tódolos compañeiros e compañeiras puidesen pasar por el e descubrir cousas dos dinosaurios.

Alí podes atopar o noso ovo de dinosaurio a tamaño real, o noso mural da investigación, os esquelos fósiles reconstruidos e o libro dos dinosaurios, que iremos ampliando ó longo do curso.

 

Cando xa estaba montado decidimos deixar claro que non podían tocar os fósiles do museo, pero si o libro dos dinosaurios, así que completamos o cartel de aviso. 

Agora di "NON TOCAR FOSILES DE DINOSARIOS"

 

Ademáis, tamén engadimos unha secuencia de imaxes sobre o proceso da excavación... así todos saberían como construimos os esqueletos.

 

Tan só nos falta rematar algunhas partes do noso dossier persoal sobre os dinosaurios, para poder levalo para casa.

 

 

 

 

(2012-2013) Preparamos unha actuación para o festival de Nadal.

Este Nadal, como vimos facendo todos os cursos, na nosa escola o último día antes das vacacións celébrase un festival de Nadal e nós, en infantil participamos tamén.

Este curso preparamos tres actuacións, unha por idade.

Previamente, nos xuntamos as dúas aulas para ver na pantalla dixital as actuacións do curso pasado, porque os nenos de 3 anos non estiveran e non sabían en qué consistía esta actividade.

Estivemos ensaiando durante moitos días para poder facelo ben.

@s nen@s de 3 anos preparamos un baile dos pitufos;

Os de 4 o baile "Santa Claus llegó a la ciudad".

Os de 5 unha obriña de teatro "Meniños de todas as cores"

Previamente tivemos que preparar algúns materiais que necesitábamos, especialmente para a obra, como o tambor e os abanicos para os meniños de cor amarela, do que se encargaron os compañeiros de Infantil 2.

Tamén confeccionamos entre as dúas aulas un enorme mural para o final da obra, onde aparecían os meniños protagonistas da historia.

Ademáis fixemos actividades de lecto-escritura sobre cada unha das actuacións, adaptadas a cada grupo de idade, buscando letras coñecidas, escribindo palabras que faltaban,...como neste exemplo, onde os compañeiros de 5 anos completan o texto da súa obra e pegan as fotos dos compañeiros que representan cada papel.

Ademáis, levamos a casa unha nota informativa, contando cal sería a nosa actuación, que vestiario levaríamos e ata o precio da entrada, gratis! como estaba exposto no enorme mural que os nosos compañeiros de Infantil 2 elaboraron.

e por fin chegou o día da actuación!

O pasamos todos xenial e participamos nalgo común, acostumándonos a subir a un escenario, ante moitísimos ollos mirándonos.

Aquí estamos todos, cada un co seu grupo da actuación.

3 anos

 

4 anos

 

5 anos

Feliz ano 2013!!!!

(2012-2013) Algunhas actividades moi navideñas!

Feliz Nadal a tod@s!!

Agora que nos atopamos en casa de descanso, imos recordar algunhas cousiñas, propostas e actividades feitas no mes de decembro, en torno ao Nadal.

Despois de falar na clase en gran grupo sobre con qué materiais podíamos confeccionar a nosa árbore, este curso finalmente a fixemos con anacos de teas, de distintas cores, texturas, brilos, tamaños,.. que trouxemos das nosas casas, e que xa na aula observamos, tocamos, manipulamos...

Un compañeiro propuxo utilizar como base, a dos maios para que tivera volumen.

E nos puxemos a elo.

       

Os compañei@s de Infantil 2 tamén participaron nesta proposta e finalmente a nosa árbore quedou moi bonita.

 

Ademáis, para decoralo, utilizamos bricks das merendas dos zumes e dos bebibles, que forramos con papel dourado e prateado, convertíndoos en pequenos agasallos.

Tamén pintamos estrelas, e fixemos papá noeles  facéndolles as barbas coas nosas mans.

 recortamos copos de neve xunto con todos os nen@s do cole, para decorar o escenario onde levaríamos a cabo o festival de nadal

colaboramos cos compañeiros de infantil 2 coloreando e recortando moitos regalos xigantes que colgarían do teito do corredoiro

Como actividade conxunta do colexio, decorouse á entrada cunha enorme cheminea como se dunha casa se tratase e nós, en infantil encargámonos de recortar e pegar os ladrillos.

Os compañeiros de Infantil 1 encargáronse de pegar os ladrillos da "metade" da cheminea.

Aproveitamos para facer estimacións de cántos habería xa pegados, para contar cántos pegamos nós e comparar ónde había máis, onde menos, ou se había a mesma cantidade, como finalmente resultou suceder... para xogar co espacio, adaptando o tamaño do ladrillo ó do espacio que había, tendo que recortar algún máis pequeniño para que collera.

E rematamos de decorar o corredoiro con unhas letras enormes que dicían "bo nadal", elaboradas polos compañeiros de infantil 2, e que nós decoramos con estreliñas e copos de neve con témpera branca.

Fixemos debuxos con témpera en A3 sobre o nadal,  para o corredoiro.

Para esta actividade fixemos en gran grupo unha choiva de ideas, para pensar e establecer qué cousas poderíamos debuxar relacionadas co Nadal.

Ademáis o fixemos por parellas, tendo que compartir o folio e o espacio, ademáis de falar previamente e discutir sobre qué íamos debuxar, cómo facelo entre os dous..

Nesta proposta coincidiu que estaban algúns compañeiros de Infantil 2 que son de alternativa e que tamén participaron.

Tamén cantamos e contamos contos de Nadal.

Na pantalla dixital traballamos cun conto "O apalpador", que nos gustou moito, facendo despois algunhas actividades moi divertidas.

Se queredes facelas na casa, tendes que premer aquí.

Ademáis, os compañeir@s da outra aula de infantil confeccionaron un enorme buzón que poderíamos utilizar para enviar as nosas cartas a Papá Noel ou aos Reis Magos.

así que algúns de nós escribimos a nosa carta para logo metela no buzón.

E a ver si Papá Noel ou os Reis as leron todiñas. Seguro que sí!

(2012-2013) Antes das vacacións de Nadal "unha gran actuación teatral"

Antes de que chegaran as vacacións de Nadal, aínda nos quedaban varias cousas por facer: escribir a carta a Papa Noel ou os Reis Magos, facer o noso boletín "as novas da escola" e sobre todo "actuar no Festival de Nadal".

 

PREPARAMOS O BUZÓN PARA AS CARTAS DE PAPA NOEL E OS REIS MAGOS:

Como queriamos escribir a carta a Papa Noel e ós Reis Magos, pensamos que deberiamos ter un buzón onde poder meter as nosas cartas, e que tódolos compañeiros e compañeiras do colexio tamén puidesen usalo.

Preparamos un cartel con forma de "FLECHA".

 

E nel escribimos a palabra BUZÓN xunto con PAPA NOEL e REIS MAGOS, para que ninguén se equivocase e soubese onde meter as súas cartas.

 

Así de chulo quedou o noso cartel e o buzón xa rematados.

 

Tan só quedaba escribir a nosa carta...Algúns compañeiros/as da outra aula tamén se "apuntaron" a escribir a súa carta.

 

Tan só faltaba metela dentro do buzón ;)

 

 

FACEMOS A PORTADA DOS NOSOS TRABALLOS E O BOLETÍN "AS NOVAS DA ESCOLA"

Tiñamos tamén que organizar algúns dos traballos que fixeramos este trimestre (xa que o dosier dos dinsaurios o iamos levar para casa en xaneiro porque aínda non o tiñamos rematado). 

Como NOA nos trouxo un debuxo chulísimo de Papa Noel que fixera na súa casa, pensamos que sería boa idea facer así a portada dos nosos traballos.

O primeiro foi facer unha lista das cores que precisariamos para facer o noso "Papa noel".

 

Escribímola entre todos, "analizando" a cor de cada parte, e os pasos que pensabamos precisariamos, para facer o noso "Papa Noel".

 

Empregando a lista, fomos a buscar a témpera das cores que iamos necesitar.

 

Xa só nos quedaba "facer a nosa portada" traballando por parellas para "pintar de branco a nosa man" e facer a barba de Papa Noel...

 

E para axudarnos a poñerlle o resto dos detalles.

 

Fixemos tamén o noso boletín "as novas da escola", para contar na casa, escribindo "pes de fotos", algunhas das cousas que fixemos nestes primeiros meses do curso. Ademáis de "presentalle ós nosos pais/nais a tódolos mestres da aula" ( os de 4 e 5 anos) e debuxarnos a nós mesmos/as (os de tres anos)

Podes ler de seguido as páxinas interiores do boletín "novas das escola" deste trimestre, que acompañaban as realiazadas polos alumnos e alumnas.

Descargar pdf coas páxinas intereriores do boletín "as novas da escola"

Preparamos as nosas fichas e o boletín "as novas da escola" dentro da nosa carpeta, para poder levalos para casa.

 

 

UNHA GRAN ACTUACIÓN TEATRAL:

O último día antes das vacacións de Nadal, o 21 de DECEMBRO, tal como o tiñamos sinalado no calendario da aula, tería lugar a nosa actuación no Festival de Nadal, pero antes tiñamos moitas cousas que preparar para os dous bailes e a obra de teatro, que representariamos xunto ós compañeiros e compañeiras da outra aula.

Para a obra de teatro dos de 5 anos iamos precisar varios utensilios:

Un "tambor" para os nenos de cor negro. Buscamos en internet imáxenes de tambores e escollemos o que máis nos gustou.

 

E decoramos o noso tambor para que quedase igual.

 

Precisariamos tamén un mural con "nenos e nenas de moitas cores", que debuxamos e coloreamos entre todos e todas.

 

E uns abanos para os "nenos amarelos" que decoramos por equipos con diferentes materiais.

 

Traballamos tamén coa letra das cancións e texto da obra de teatro, que iamos representar no Festival de Nadal. (buscando letras do noso nome ou completando palabras que faltaban)

 

Estivemos ensaiando no escenario durante varios días as nosas postas en escea. Despois de varios ensaios xa o tiñamos todo preparado.

 

Uns días antes do Festival o profe ensinounos unha serie de "imaxes" moi extrañas, tiñan letras e fotografías... Para que servirían? Algúns pensaban que eran portadas de libros, debuxos... ata que Diego nos contou que eran carteis como os que el vira cando fora ó teatro.

Despois de dialogar entre todos, chegamos á concluisión de que os números indicaban a data de diferentes actuacións e o prezo da mesma, e as letras indicaban quen actuaba e os nomes dos "actores".

 

Decidimos facer o noso cartel teatral, anunciando as nosas tres actuacións, cos mesmos elementos que os carteis que miraramos na pantalla: o nome das actuacións, a data das mesmas, o prezo e os artistas invitados.

 

Puxemos o noso cartel no corredor para que todos e todas soubesen cando cando era a nosa actuación. Antes de marchar para casa comprobamos que tivera tódolos elementos que miraramos no cartel do ordenador.

 

Ademáis fixemos unha invitación persoal, cos mesmos elementos, para as nosas familias. Nas que ademáis de escribir o nome da nosa actuación tamén indicamos, pola parte traseira, que vestiario iamos precisar. 

 

O día do Festival, as nosas actuacións foron todo un éxito:

"O pitufo Santa Claus" dos compañeiros/as de tres anos.

 

"Santa Claus llegó a la ciudad" dos compañeiros/as de catro anos

 

E a obra de teatro "Meniños de tódalas cores" dos compañeiros/as de cinco anos.

 

Podes ver fotografías das restantes actuacións neste festival de Nadal na galería de imaxes da web, ou directamente desde aquí.

Lembrade que, como cada ano, poderedes ver este Festival no DVD que se entrega xunto a revista "O Cervo" 

 

BO NADAL  e FELIZ ANO 2013 para todos e todas!!


 

 

(2012-2013) Polo Nadal decoramos o corredor e fixemos unha árbore moi especial

Cando chegou o mes de decembro, e pasamos a folla do calendario, marcamos no mesmo o día de Nadal, porque viría Papa Noel, e o outro día moi especial, cando teriamos a nosa actuación no Festival do colexio.

Como tiñamos varias cousas para facer, durante varios días estivemos traballando por "equipos" en pequenos recantos, adicados a cada un deles a unha das seguintes tarefas:

 

UNHA CHEMINEA "ENORME":

No corredor fixemos unha cheminea xigante entre tódolos compañeiros e compañeiras do colexio. Cada curso foi facendo unha parte da mesma, e ós de infantil (á nosa e á outra aula) tocounos facer os ladrillos da cheminea.

Cantos ladrillos farían falta? estivemos "facendo aproximacións por tanteo", para ver cantos teriamos que facer.

 

Xa na aula, xunto cos compañeiros da outra aula, estivemos recortando, nun dos recantos, os ladrillos. Como todos fomos pasando por este recanto, entre todos demos feito unha chea deles.

 

Xa cos ladrillos recortados, chegou o momento de pegalos na cheminea, pero só "na metade" do espacio, xa que a outra parte terían que facela os compañeiros e compañeiras da outra aula.

 

Despois de decidir "que sería  a metade", comezamos a pegalos na nosa parte... parecía un puzzle enorme, xa que había en "pegalos uns ó lado dos outros".

Cando rematamos estivemos tanteando "cantos ladrillos teriamos pegado"? 10, 50, mil, 8... despois de que cada quen fixese a súa "estimación",  descubrimos cantos había realmente "contándoos".

 

Cando saímos do colexio, esa mañá, xa estaban os ladrillos da "metade" dos nosos compañeiros de E.I.1 colocados... por fin tiñamos rematada a nosa parte da cheminea.

 

 

PAPA NOEL OU TRES REIS MAGOS?

Convertímonos en Papa Noel ou nos tres Reis Magos, para pegarnos na porta. 

Algúns escolleron convertirse en Papa Noel, pegando a súa cara nunha imaxe súa.

 

Outros, os que escolleron os tres reis magos, tiveron que poñerse dacordo para pegar as súas caras, e colorealo "como un equipo".

 

Cando cada quen rematou a súa persoaxe pegouno na porta.

 

Así de decorada quedou a nosa porta.

 

 

UNHA CHEA DE REGALOS "CAIDOS DO TEITO" 

Para decorar o teito do corredor, coloreamos e recortamos moitísimos regalos, de diferentes tipos.

 

Aqueles que traballaban neste recanto, as veces tiñan que empregar o chan para poder traballar porque "non cabían todos xuntos".

 

Pendurámolos do teito, como se estivesen caendo.

 

UNHA ÁRBORE DE NADAL MOI ESPECIAL:

Este ano iamos facer unha árbore de nadal feita de "teas", así que levamos para  casa unha nota para que cada quen trouxera un anaquiño dunha tea, pero tiña que ter forma de "cuadrado" ou de "rectángulo".

Cando as trouxemos puxémolas xuntas no chan construíndo un cadrado de  "tea enorme"... e de moitísimas cores.

 

Como nos quedou tan "chulo" o cadrado, decidimos plasmalo nunha folla de cor branca... non era doado representar tódolas formas xeomátricas que había dentro do cadrado: triángulos, rectángulos, cadrados máis pequenos...

 

Nos días seguintes, nun dos recantos, fomos recortando o noso "cadrado de tea" para convertilo nun anaco máis pequeno, que fomos pegando na estructura da árbore (a mesma que se usa para facer o maio).

 

Fomos completando o noso deseño da árbore xunto cos compañeiros da outra aula...

Cada pouco os profes ían cosendo os anacos que foramos pegando para que quedasen ben suxeitos.

 

Cando tivemos rematada a árbore de tea, chegou o momento de facer os regalos para decoralo, empregamos os botes de zume e de iogurt bebible... para reciclar deste xeito material de refugallo.

 

Traballamos en equipo para envolver o noso regalo, poñerlle o lazo e decidir onde colgalo na árbore.

 

 

Entre as dúas aulas demos completado a nosa árbore cunha chea de adornos "moi especiais".

 

Ademáis, Noa e Nico, trouxeron da súa casa unhas luces, que xunto cunha estrela brillante, fixeron que a nosa árbore quedase "fantástica".

 

 

UN CARTEL DE BO NADAL:

Pensamos en facer un cartel que puxera "BO NADAL" con letras xigantes. Para facelo escribimos entre todos as letras que iamos precisar, e o profe escribiunas en tamañao "xigante" nun papel de cor vermella.

Por equipo encargámonos de ilas recortando, pero como papel se "enroscaba" tivemos ir pensando "solucións" para poder recortalas sen problemas. Cada equipo atopou unha solución "inxeniosa"

 

Pegámolas en orde na parede, para escribir "o cartel xigante", tivemos que ter coidado de non pegalas noutra orde, porque entón "diría outra cousa".

 

Tan só quedaba que os compañeiros e compañeiras da outra aula decorasen as letras con estreliñas de cor plateado e puntiños de cor branco.

 

Pero aínda nos quedaba moito por facer... que vos contaremos na seguinte entrada.

 

 

(2012-2013) Máis cousas que contar sobre o noso proxecto de minerais

O noso recanto do proxecto, ademáis de toda a información chegada en papel, cada vez ten máis cousas, casi que imos ter que amplialo.

Temos moitos e variados minerais, dalgúns deles descoñecemos o nome aínda que buscamos na nosa guía para atopalos; unha caixa cheiña de pedras para pintalas con témpera, para crear con elas, facer camiños, letras do noso nome, números; lupas para poder observalos máis de cerca; corpos xeométricos que nos deixaron de dúas aulas de primaria, pois algúns minerais teñen estas formas e así ampliamos o noso vocabulario- esfera, cubo, pirámide, cono..-

por certo, nos encanta xogar con eles e facer construccións

libros guía onde saen moitíiisimos deles e outros que non vimos nunca; e sí sí, tamén temos algo novo

que forma parte dun experimento.

Como nos fascinou tanto descubrir cómo son as estalactitas e estalagmitas, a profe nos ensinou un video onde explicaban cómo as poderíamos facer nós na aula como experimento se quixéramos, e por suposto que queríamos!

A idea é que algo que precisa de moitos e moitos anos para formarse na natureza nós conseguiremos telo na aula en pouquísimo tempo, nunha proporción pequenísima, claro.

Estes son os materiais que empregamos.

Os anotamos xunto coa cantidade precisada.

Aínda que a sal é un condimento que todos temos na cociña de casa, e a coñecemos de sobra, todos quixemos probala antes de engadir unhas cucharadas na auga quente.

 Agora só hai que esperar e observar os cambios. Para iso temos as nosas lupas.

Se queredes ver a explicación deste experimento, no seguinte video moi breve atoparedes toda a información.

 

 

E, seguindo co proxecto temos máis que contarvos.

Un día Alberto, que lle gusta moito andar a mirar no diccionario, atopou unha fotografía do mineral ágata, onde viña a súa definición, claro. Nos sorprendeu a todos ver a súa foto alí, xa que o temos na aula tamén.

Ademáis, un dos días que subimos á biblio do cole, outro compañeiro, Nico, atopou nun libro de Asterix e Obelis, a foto dun menhir, que descubrimos na clase que en tempos moi antiguos, dos romanos e de antes, utilizaban estas pedras enormes, que estaban feitas de minerais como granito.

Tamén continuamos a ver en clase algún video relacionado co tema. No recanto de videos de infantil podedes ver todos os que hai.

Aquí estamos mirando "Un día sin minerales" e realmente quedamos moi sorprendidos de cómo sería a nosa vida se non existisen.

Tamén seguimos formando equipos para dar resposta ás preguntas que nos quedan.

O equipo formado por Rubén, Xián, David e Sara,

tiñan que buscar información relacionada con "¿ónde se atopan os minerais?" para despois plasmalo no papel conxunto e explicarllo aos compañeiros.

Ademáis tamén o plasmamos no noso dossier.

E pouco a pouco imos elaborando o noso mural con toda a información

que cando rematemos expoñeremos no corredoiro para poder ofrecer esta información aos demais compañeiros do colexio.

Ata pronto!

(2012-2013) Iniciamos unha excavación de dinosaurios na aula

Podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes ligazóns:

Unha mañá DIEGO tróuxo como información para a investigación un xogo moi especial... nel había que atopar fósiles de dinosaurios, e o final con todos eles poderiamos montar un esquelete dun dinosaurio.

Antes de comezar estivemos dialogando sobre "como se descubrían os osos dos dinosaurios" e como non nos dabamos posto dacordo, e como de feito esa era unha das preguntas que tiñamos plantexadas, ocurriúsenos buscar no ordenador e atopamos este vídeo.

No vídeo puidemos ver como se "descubrían os fósiles" de dinosaurio, e tamén nos axudou a ir escribindo a lista de material que precisariamos para levar a cabo a nosa excavación, observando o que usaba o paleontólogo do vídeo.

Entre todos e todas fomos escribindo a lista de material necesario.

Xa coa lista rematada puxémonos mans á obra e fomos xuntando todo o material, conseguímolo todo entre os nosos xoguetes e material... e ata construímos unha cinta de seguridade, como no vídeo, para que ninguén entrase e "estragase a  excavación". Para que quedara igual empregamos TRIÁNGULOS de color vermellos e brancos alternándoos, facendo unha serie.

Xa con todo listo comezamos a nosa excavación, por turnos fomos empregando as ferramentas para ir escavando na rocha que viña dentro da caixa... mentras os demáis agardaban os descubrimentos, ademáis de agardar o seu turno.

Pouco a pouco foron aparecendo os primeiros descubrimentos... empregando o martelo a pica fomos retirando parte da rocha e co pincel, e moito coidado, foron aparecendo os primeiros osos.

Cada novo descubrimento feito por un "paleontólogo" era ensinado ó resto do "equivo da excavación" para dar a súa opinión. De que oso se trataría?, como o iamos a poder retirar?

Todos e todas fixemos a nosa primera contribución á excavación, pero como sucedía no vídeo, daba moitísimo traballo e seguro que nos ía levar varios días dar sacado tódolos osos fósiles.

Ás veces era necesaria a colaboración do resto do equipo para poder "retirar" con coidado algún dos osos. Mentras un empregaba unha ferramenta os demáis ían axudando con moito coidado... porque os osos fósiles son moi delicados e rompen doadamente. 

Como xa pensaramos, iamos necesitar varios días para dar sacados tódolos osos de dinosaurio da rocha, así que acordamos mover a nosa excavación a un lugar da aula que nos permitise seguir excavando nela, mentras faciamos outras cousas ou xogabamos.

Ata viñeron algúns compañeiros e compañeiras da outra aula a axudarnos.

Para avisar os demáis, escribimos un cartel indicando que se trataba dunha EXCAVACIÓN e que NON SE PODÍA PASAR, xa que era un espazo reservado os paleontólogos.

E alí deixamos, debaixo do mural da investigación, a nosa escavación que continuariamos nos días seguintes. Empregando as cadeiras e a cinta marcamos un perímetro para que ninguén pasase, xa que se trataba dunha excavación moi delicada e non queriamos perder ningún oso fósil.

Deste xeito, nos seguintes días, organizamos un calendario de excavación e, acordamos que traballariamos nela por parellas, mentras uns facían algunha tarefa, estaban nun recanto ou estaban xogando, outros traballaban na investigación... turnándonos para que todos e todas colaborasen na excavación.

Empregamos un rexistro con gomets (taboa de doble entrada) para ir anotando quen participara na excavación e quen non, para que ninguén se quedase atrás.

E finalmente, despois de tanto traballo e varios días de coidadosa excavación, fomos atopando os primeiros osos fósiles... pero aínda quedan moitos por descubrir.

Ata o profe Tirso veu á nosa aula a interesarse polo proceso de tan importante descubrimento :), GABRIEL fixo de paleontólogo guía (como no vídeo) e explicoulle que estabamos a facer e cal era o progreso da excavación.

Cando xa estabamos en pleno traballo coa nosa excavación EVA troúxonos outra máis

Nesta ocasión os fósiles de dinosaurios estaban enterrados dentro dun bloque de area, moito máis dura que a outra.

Agora temos que ir alternando dúas excavacións, pero para non liarnos cos fósiles atopados, traballaremos nunha cubeta vermella e gardarémolos fósiles dela nun bote da mesma cor.

Nos vindeiros días continuaremos nas nosas excavacións e unha vez rematemos de atopar tódolos fósiles, tentaremos reconstruir os esqueletes dos dinosaurios... pero iso xa volo contaremos noutro momento, porque temos moito que excavar.

De que dinosaurios serán os esqueletes que construamos?

(2012-2013) Continuamos a investigar sobre os dinosaurios

Podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes ligazóns:

- Xa temos o primero proxecto de investigación do curso: Os dinosaurios 

- Primeiros descubrimentos sobre os dinosaurios.

Fai xa algún tempo que non vos comentamos como vai a nosa investigación sobre os dinosaurios. Durante este tempo continuamos a recibir nova información, algunha dela elaborada coa axuda dos pais/nais dos compañeiros/as

 

Cando o foron traendo explicáronnos os que poñía na información que traía da casa... alí atopamos información moi interesante. Puxémolos no recanto da investigación.

 

Continuamos a buscar a resposta a tres novas preguntas, e novamente nos organizamos por equipos de investigadores. 

 

Este equipo encargouse de buscar a resposta á pregunta:

Como desapareceron os dinosaurios? onde están hoxe?

 

Este outro equipo encargaríanse de buscar a resposta á pregunta  Onde vivían os dinosaurios?

 

Por último o terceiro equipo encargaríase de investigar que comían os dinosaurios?

 

Para descubrir "como desapareceron os dinosaurios" o equipo empregou tódolos libros que tiñamos no recanto da investigación.

 

Os encargados de investigar "que comían os dinosaurios" empregaron os diferentes vídeos no ordenador (ver videoteca aquí), alí "escoitando con moito coidado" foron anotando nunha folla o que escoitaban que comían.

 

O terceiro equipo, encargado de descubrir en "que lugares vivían os dinosaurios" empregaron as fotocopias que tiñamos no recanto da investigación, así como a información que ian atopando os outros equipos e lles ían pasando.

 

De cada "descubrimento" sobre cada pregunta que ían atopando iamos facendo unha fotocopia.

 

Cando rematamos de "escoller" a información que nos interesaba para cada pregunta, e dándolle aquela que lle podería interesar ós outros equipos, comezamos a "expoñer" os nosos descubrimentos para que todos souberan cal era a resposta.

 

En cada exposición, os demáis ían facendo as preguntas que ían xurdindo para aclarar de todo o tema.

 

Empregaron, para aclarar a exposición, toda a "documentación" que foran seleccionando que era interesante para responder a súa pregunta (fotografías, textos, debuxos...)

 

Chegou logo o momento de "contar" no noso mural a resposta a cada pregunta.

 

Xa sabemos que os dinosaurios xa non existen, porque morreron todos, os científicos creen que foi un meteorito que chocou conta a terra e co polvo que levantou, tapou o sol e morreron as prantas, logo morreron os hervívoros e finalmente morreron os carnívoros. 

 

Descubrimos que os dinosarios vivían cerca de volcáns, en covas, en montañas e incluso dentro do mar.

Tamén que algúns comían "herva"  e follas por eso se chamaban hervívoros, outos carne, que se chamaban carnívoros, outros peixes e algúns roubaban os ovos dos demáis.

 

Pouco a pouco estamos a completar o noso mural, e fomos escribindo "SI" naquelas que xa tiñan resposta... e aínda nos quedan algunhas por respostar.

 

Engadimos tamén novas páxinas ó noso dossier persoal para completar as preguntas que fomos descubrindo.

 

 

(2012-2013) Algunhas actividades feitas en novembro.

Neste mes que rematou, ademáis de traballar no noso proxecto e nas distintas rutinas, e contidos curriculares, destacar outras propostas e actividades feitas:

BIBLIOTECA DE CENTRO-

Por fin comezamos a visitar a biblio do cole, agora que temos un día fixo establecido no noso horario, os luns.

 

 

Ademáis de ler libremente contos do recanto de infantil, buscar información para os proxectos,...e escoitar contos da voz da profe ou do compañeiro encargado, este curso tamén imos traballar un ratiño nas mesas e no papel cos persoaxes dos contos.

Esta primeira visita o conto protagonista era "Lobo feroz" que o subimos da nosa aula de infantil pois nos encanta a tod@s.

Así, completamos algunhas cousas que faltaban no debuxo, como os dentes afiados do lobo, as patas, as nubes e a herba.

e xa noutra sesión, compuxemos o título o con letras móviles e pegamos a foto da portada.

Xa na aula, representamos a obra. Tiñamos varios candidatos a lobo

e decidimos entre tod@s.

Ensaiamos para rerpesentarlla aos compañeiros de Infantil 2 pero estas dúas semás tivemos bastantes "baixas" por culpa da varicela, e non puido ser aínda.

 

TRAEMOS UNHA  NOTICIA DA  CASA-

Comezamos a traer cada semá un neno ou nena, unha noticia escoitada na radio, tele, lida no xornal,...

A idea central é falala na casa cos pais/nais para logo poder explicarlla nós sós aos compañeiros e a verdade é que o fixemos moi moi ben.

De momento só levamos dúas, pero nos está gustando moito esta actividade. 

Ademais faremos unha recopilación individual de cada unha delas, facendo distintas actividades (se é de xornal buscando o titular, debuxando o que conta, escribindo  o nome do nen@ que a trouxo,...)

Á VOLTAS COA TÉMPERA-

Como temos unha aula moi grande que decorar, volvimos xuntarnos en gran grupo para facer un mural conxunto, tendo en conta unha norma básica-respetar o traballo dos compañeiros sen pintar enriba do feito- e algunhas outras que tiñan que ver co material e a orde e a limpeza.

Así empezamos

e así fumos pouco a pouco creando o noso mural que formará parte do recanto da casiña.

Para isto, previamente fixemos unha choiva de ideas para decidir qué debuxar que fora acorde con este recanto.

Tamén decoramos a nosa zona da aula adicada ao outono

(pendiente de fotografía)

e estamos comezando coa do inverno.

Vola amosaremos pronto!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.