Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2012-2013) Polo Nadal decoramos o corredor e fixemos unha árbore moi especial

Cando chegou o mes de decembro, e pasamos a folla do calendario, marcamos no mesmo o día de Nadal, porque viría Papa Noel, e o outro día moi especial, cando teriamos a nosa actuación no Festival do colexio.

Como tiñamos varias cousas para facer, durante varios días estivemos traballando por "equipos" en pequenos recantos, adicados a cada un deles a unha das seguintes tarefas:

 

UNHA CHEMINEA "ENORME":

No corredor fixemos unha cheminea xigante entre tódolos compañeiros e compañeiras do colexio. Cada curso foi facendo unha parte da mesma, e ós de infantil (á nosa e á outra aula) tocounos facer os ladrillos da cheminea.

Cantos ladrillos farían falta? estivemos "facendo aproximacións por tanteo", para ver cantos teriamos que facer.

 

Xa na aula, xunto cos compañeiros da outra aula, estivemos recortando, nun dos recantos, os ladrillos. Como todos fomos pasando por este recanto, entre todos demos feito unha chea deles.

 

Xa cos ladrillos recortados, chegou o momento de pegalos na cheminea, pero só "na metade" do espacio, xa que a outra parte terían que facela os compañeiros e compañeiras da outra aula.

 

Despois de decidir "que sería  a metade", comezamos a pegalos na nosa parte... parecía un puzzle enorme, xa que había en "pegalos uns ó lado dos outros".

Cando rematamos estivemos tanteando "cantos ladrillos teriamos pegado"? 10, 50, mil, 8... despois de que cada quen fixese a súa "estimación",  descubrimos cantos había realmente "contándoos".

 

Cando saímos do colexio, esa mañá, xa estaban os ladrillos da "metade" dos nosos compañeiros de E.I.1 colocados... por fin tiñamos rematada a nosa parte da cheminea.

 

 

PAPA NOEL OU TRES REIS MAGOS?

Convertímonos en Papa Noel ou nos tres Reis Magos, para pegarnos na porta. 

Algúns escolleron convertirse en Papa Noel, pegando a súa cara nunha imaxe súa.

 

Outros, os que escolleron os tres reis magos, tiveron que poñerse dacordo para pegar as súas caras, e colorealo "como un equipo".

 

Cando cada quen rematou a súa persoaxe pegouno na porta.

 

Así de decorada quedou a nosa porta.

 

 

UNHA CHEA DE REGALOS "CAIDOS DO TEITO" 

Para decorar o teito do corredor, coloreamos e recortamos moitísimos regalos, de diferentes tipos.

 

Aqueles que traballaban neste recanto, as veces tiñan que empregar o chan para poder traballar porque "non cabían todos xuntos".

 

Pendurámolos do teito, como se estivesen caendo.

 

UNHA ÁRBORE DE NADAL MOI ESPECIAL:

Este ano iamos facer unha árbore de nadal feita de "teas", así que levamos para  casa unha nota para que cada quen trouxera un anaquiño dunha tea, pero tiña que ter forma de "cuadrado" ou de "rectángulo".

Cando as trouxemos puxémolas xuntas no chan construíndo un cadrado de  "tea enorme"... e de moitísimas cores.

 

Como nos quedou tan "chulo" o cadrado, decidimos plasmalo nunha folla de cor branca... non era doado representar tódolas formas xeomátricas que había dentro do cadrado: triángulos, rectángulos, cadrados máis pequenos...

 

Nos días seguintes, nun dos recantos, fomos recortando o noso "cadrado de tea" para convertilo nun anaco máis pequeno, que fomos pegando na estructura da árbore (a mesma que se usa para facer o maio).

 

Fomos completando o noso deseño da árbore xunto cos compañeiros da outra aula...

Cada pouco os profes ían cosendo os anacos que foramos pegando para que quedasen ben suxeitos.

 

Cando tivemos rematada a árbore de tea, chegou o momento de facer os regalos para decoralo, empregamos os botes de zume e de iogurt bebible... para reciclar deste xeito material de refugallo.

 

Traballamos en equipo para envolver o noso regalo, poñerlle o lazo e decidir onde colgalo na árbore.

 

 

Entre as dúas aulas demos completado a nosa árbore cunha chea de adornos "moi especiais".

 

Ademáis, Noa e Nico, trouxeron da súa casa unhas luces, que xunto cunha estrela brillante, fixeron que a nosa árbore quedase "fantástica".

 

 

UN CARTEL DE BO NADAL:

Pensamos en facer un cartel que puxera "BO NADAL" con letras xigantes. Para facelo escribimos entre todos as letras que iamos precisar, e o profe escribiunas en tamañao "xigante" nun papel de cor vermella.

Por equipo encargámonos de ilas recortando, pero como papel se "enroscaba" tivemos ir pensando "solucións" para poder recortalas sen problemas. Cada equipo atopou unha solución "inxeniosa"

 

Pegámolas en orde na parede, para escribir "o cartel xigante", tivemos que ter coidado de non pegalas noutra orde, porque entón "diría outra cousa".

 

Tan só quedaba que os compañeiros e compañeiras da outra aula decorasen as letras con estreliñas de cor plateado e puntiños de cor branco.

 

Pero aínda nos quedaba moito por facer... que vos contaremos na seguinte entrada.