Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Iniciamos unha excavación de dinosaurios na aula

Podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes ligazóns:

Unha mañá DIEGO tróuxo como información para a investigación un xogo moi especial... nel había que atopar fósiles de dinosaurios, e o final con todos eles poderiamos montar un esquelete dun dinosaurio.

Antes de comezar estivemos dialogando sobre "como se descubrían os osos dos dinosaurios" e como non nos dabamos posto dacordo, e como de feito esa era unha das preguntas que tiñamos plantexadas, ocurriúsenos buscar no ordenador e atopamos este vídeo.

No vídeo puidemos ver como se "descubrían os fósiles" de dinosaurio, e tamén nos axudou a ir escribindo a lista de material que precisariamos para levar a cabo a nosa excavación, observando o que usaba o paleontólogo do vídeo.

Entre todos e todas fomos escribindo a lista de material necesario.

Xa coa lista rematada puxémonos mans á obra e fomos xuntando todo o material, conseguímolo todo entre os nosos xoguetes e material... e ata construímos unha cinta de seguridade, como no vídeo, para que ninguén entrase e "estragase a  excavación". Para que quedara igual empregamos TRIÁNGULOS de color vermellos e brancos alternándoos, facendo unha serie.

Xa con todo listo comezamos a nosa excavación, por turnos fomos empregando as ferramentas para ir escavando na rocha que viña dentro da caixa... mentras os demáis agardaban os descubrimentos, ademáis de agardar o seu turno.

Pouco a pouco foron aparecendo os primeiros descubrimentos... empregando o martelo a pica fomos retirando parte da rocha e co pincel, e moito coidado, foron aparecendo os primeiros osos.

Cada novo descubrimento feito por un "paleontólogo" era ensinado ó resto do "equivo da excavación" para dar a súa opinión. De que oso se trataría?, como o iamos a poder retirar?

Todos e todas fixemos a nosa primera contribución á excavación, pero como sucedía no vídeo, daba moitísimo traballo e seguro que nos ía levar varios días dar sacado tódolos osos fósiles.

Ás veces era necesaria a colaboración do resto do equipo para poder "retirar" con coidado algún dos osos. Mentras un empregaba unha ferramenta os demáis ían axudando con moito coidado... porque os osos fósiles son moi delicados e rompen doadamente. 

Como xa pensaramos, iamos necesitar varios días para dar sacados tódolos osos de dinosaurio da rocha, así que acordamos mover a nosa excavación a un lugar da aula que nos permitise seguir excavando nela, mentras faciamos outras cousas ou xogabamos.

Ata viñeron algúns compañeiros e compañeiras da outra aula a axudarnos.

Para avisar os demáis, escribimos un cartel indicando que se trataba dunha EXCAVACIÓN e que NON SE PODÍA PASAR, xa que era un espazo reservado os paleontólogos.

E alí deixamos, debaixo do mural da investigación, a nosa escavación que continuariamos nos días seguintes. Empregando as cadeiras e a cinta marcamos un perímetro para que ninguén pasase, xa que se trataba dunha excavación moi delicada e non queriamos perder ningún oso fósil.

Deste xeito, nos seguintes días, organizamos un calendario de excavación e, acordamos que traballariamos nela por parellas, mentras uns facían algunha tarefa, estaban nun recanto ou estaban xogando, outros traballaban na investigación... turnándonos para que todos e todas colaborasen na excavación.

Empregamos un rexistro con gomets (taboa de doble entrada) para ir anotando quen participara na excavación e quen non, para que ninguén se quedase atrás.

E finalmente, despois de tanto traballo e varios días de coidadosa excavación, fomos atopando os primeiros osos fósiles... pero aínda quedan moitos por descubrir.

Ata o profe Tirso veu á nosa aula a interesarse polo proceso de tan importante descubrimento :), GABRIEL fixo de paleontólogo guía (como no vídeo) e explicoulle que estabamos a facer e cal era o progreso da excavación.

Cando xa estabamos en pleno traballo coa nosa excavación EVA troúxonos outra máis

Nesta ocasión os fósiles de dinosaurios estaban enterrados dentro dun bloque de area, moito máis dura que a outra.

Agora temos que ir alternando dúas excavacións, pero para non liarnos cos fósiles atopados, traballaremos nunha cubeta vermella e gardarémolos fósiles dela nun bote da mesma cor.

Nos vindeiros días continuaremos nas nosas excavacións e unha vez rematemos de atopar tódolos fósiles, tentaremos reconstruir os esqueletes dos dinosaurios... pero iso xa volo contaremos noutro momento, porque temos moito que excavar.

De que dinosaurios serán os esqueletes que construamos?

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.