Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Primeiros descubrimentos sobre os dinosaurios.

Podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes ligazóns:

- Xa temos o primero proxecto de investigación do curso: Os dinosaurios 

 

Primeiros descubrimentos:

Como xa vos cotabamos na entrada anterior, pouco a pouco fomos traendo información sobre os dinosaurios. Con cada nova información que iamos traendo pegabamos a fotografía no noso mural.

 

Asi, pouco a pouco, foros xuntando moitísima información sobre o tema: libros, vídeos, películas, información de internet, bonecos de xoguete e ata puzzles.

 

Os primeiros días exploramos todo o material que iamos traendo... ata algún xogo que podes atopar aquí, no apartado xogos.

 

E tanto na pantalla da nosa aula, como no Encerado Dixital Interactivo (E.D.I.) da aula de informática, fomos visionando os vídeos que trouxemos e explicándolle ós máis pequenos como funcionaban os xogos.

 

 

Con toda a información agardando por nós, comezamos a buscar a resposta a algunha das preguntas que plantexaramos, para facelo organizámonos en tres equipos, cada un deles encargaríase de dar resposta a unha das preguntas. En cada equipo fomos contando os integrantes e organizando as cantidades para que houbese nenos e nenas das tres idades.

 

Para que usan as mans dianteiras os dinosaurios?

 

Como nacen os dinosaurios?

 

De que cores poden ser os dinosaurios?

 

Cada equipo tivo que organizarse e decidir como ian a investigar, e "gardar" a información para logo poder contarlla ós compañeiros e compañeiras. Tras un diálogo en cada un deles chegaron ós seguintes acordos.

 

O equipo encargado de buscar como nacían os dinosaurios empregou o ordenador para buscar en vídeos de internet a ver se atopaban a resposta. [Podes ver os vídeos que empregaron aquí].

Buscaron entre os vídeos existentes ata que atoparon un onde se falaba de que nacían de ovos, e que algúns co paso dos anos se convertían en fósiles feitos de pedra...

Para plasmar o descubrimento imprimiron unhas imaxes dun ovo de dinosaurio, e dun fósil de ovo atopado polos "paleontólogos".

 

O equipo encargado de descubrir para que empregaban as patas dianteiras buscou en libros e tamén empregou os bonecos de dinosaurios para "ver se podían usarse as mans dese xeito".

Descubriron, observando as imaxes dos libros e discriminando aquelas que tiñan que ver co tema, que podian usalas para coller comida, atacar, camiñar... Cando xurdía algúnha dúbida o mestre lía a parte de texto que pedían, para ver se aclaraba o que sucedía na fotografía.

Para "gardar os datos" decidiron fotocipar as fotografías dos descubrimentos que ían facendo.

 

O terceiro equipo, encargado de descubrir de que cores eran os dinosaurios, empregou tamén libros e as fotocopias que trouxeramos da casa e que estaba no recanto do material.

Neste caso descubriron que había dinosaurios de moitas cores, segundo aparecía nas imaxes e debuxos, pero non era fácil saber se os dinosaurios que atopaban eran "de verdade" ou eran "de mentira".

Para plasmar os resultados foron "pintando" nunha folla con pinturas os diferentes cores que ían atopando.

 

Durante a investigación sucedeu algo "curioso", ás veces un equipo atopaba información sobre a pregunta na que estaba investigando outro, e nese caso íallo levar para que o poidesen empregar. 

 

Cando tódolos equipos remataron a súa parte da investigación, chegou o momento de contarlles ós demáis os descubrimentos que fixera cada equipo, e de respostar ás preguntas que lles facían os demáis compañeiros e compañeiras, empregando o material que foran "gardando" durante a investigación.

Así contaron, organizándose para falar e explicar, de onde nacían os dinosaurios, como podiamos sabelo e como se chamaban as persoas que os atopaban.

 

Para explicar como usaban as patas dianteiras, ocurríuselles unha estratexia curiosa para que todos puidesen ver as fotografías que descubriron.

 

O equipo que buscara as cores dos dinosaurios, foi contándolle de cales podían ser empregando a folla de "anotación" que estiveran usando durante a investigación.

 

Cando todos tivemos claras as respostas ás preguntas, fomos "entre todos e todas" plasmando no mural da investigación os descubirmentos.

Tivemos que pensar "cales das fotografías queriamos poñer" e que "queriamos escribir" en cada unha delas. Uns fómonos axundando ós outros.

 

Así quedou plasmada a primeira pregunta:

 

E así a segunda, en cada unha delas puxemos o "número" da pregunta coa que se correspondía.

 

E sí plasmamos as cores das que podían ser os dinosaurios

 

Cando nos atopabamos cunha dúbida sobre "que era importante ou non para plasmar no mural", tiñamos que dialogar e poñernos dacordo sobre a a importancia da información atopada, en relación coa pregunta plantexada.

 

Co traballo no mural xa listo, marcamos cun SI, aquelas preguntas que xa tiñan resposta e puxémonos mans á obra para elaborar as follas do dossier persoal para estas preguntas.


 

FACEMOS UN OVO DE DINOSAURIO, DE TAMAÑO REAL...

Durante a investigación sobre o nacemento dos dinosaurios de ovos, nun dos vídeos decía que podían medir ata "1 METRO". Comprobamos "canto era iso", e chegamos á conclusión de que non cabería dentro do mural, así que pensamos en facer un "ovo de dinosaurio de tamaño real".

O primeiro foi escribir, en todos, a lista do material que iamos a necesitar.

- PAPEL GRANDE

- TESOIRAS 

- "ALGO PARA MEDIR"

- PINTURAS

 

Para facer o "círculo dun metro de diámetro", o profe ensinounos un "truco" para debuxalo usando unha corda e un rotulador... foi moi divertido ir "dando voltas"... Quedounos un círculo enorme!!!

 

Debuxamos nunha parte ó dinosaurio saíndo do ovo.. e acordamos de que cores debereriamos pintar cada parte.

 

Como non chegabamos a un acordo, sobre a cor da que debería ser, buscamos en internet, no ordenador, e acordamos que o iamos a pintar "como se fose de verdade" e non como un "fósil", así que sería de cor amarela, con manchas.

 

Despois de organizarnos, e por turnos, fomos completando o ovo de dinosaurio, tendo coidado de "onde habia que pintar de cada cor". Ás veces os máis pequenos querían pintar doutra cor distinta, porque se esquecían do que acordaramos, pero os maiores estaban sempre atentos para recordarllos.

 

Recortar un ovo tan grande, non foi doado, tivemos que facelo entre catro... e sen chocar entre nos!!

 

Tan só quedaba colgalo no corredor,  era tan grande como algún de nós, e incluso se nos "agachabamos" caberiamos dentro.

 

Aínda nos quedan moitas preguntas por respostar... pero iso xa volo iremos contando en outro momento.

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.