Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2017-2018) Os de Infantil tamén participamos nos obradoiros do Samaín e pasámolo... de medo!

Durante a celebración do Samaín no colexio, e tras telo preparado como podes ler en entradas anteriores, participamos nos obradoiros organizados no centro.

Xa estabamos todos e todas preparadas, cos nosos disfraces terroríficos.

 

No FOTOMATÓN, tivemos que escoller en cada caso, que fondo queríamos que aparecese en lugar da tea verde que había colgada na aula de Infantil 2, e sacar a fotografía coa tablet.

 

Fixémonos fotos por equipos cooperativos, acordando que fondo dos dispoñibles poderíamos usar e logo fotos individuais, escollendo cada quen o seu fondo favorito.

 

Así de fantásticas quedaron tódalas fotos que fixemos... e son unha chea delas. (fai click sobre cada unha para ampliala)

Os de Infantil 1 fixemos todas estas:

 

Durante o seu turno, os de infantil 2 fixemos todas estas fotografías.  (fai click en cada unha para amplialas)

 

 

Participamos tamén no obradoiro de COCIÑA TERRORÍFICA, dirixido polo profe PAULO, que non ensinou a facer unhas mómias.

 

Na aula da profe SUSANA asistimos a unha sesión de contos de medo... foi moi divertido.

 

A profe Zaira encargouse do obradoiro de MANUALIDADES onde construímos un morcego fantástico.

 

 

Na biblioteca estaba situado obradoiro de CURTAMETRAXES DE MEDO, e para entrar nel había que coller a nosa entrada na dentro da taquilla terrorífica. 

 

A profe IRIA e a profe LOLI, foron as encargadas de levar a cabo o obradoiro de MAQUILLAXE, onde puidemos convertirnos en monstruos.

 

 

Despois de maquillarnos chegou o turno de votar polas nosas cabazas favoritas da exposición de cabazas.

 

Podíamos votar, escribindo ata dous números das nosas cabazas favoritas.

 

 

Rematados os obradoiros, chegou o momento de reunirnos todos e todas, xunto cos compañeiros e compañeiras de primaria, para coñecer quenes foron os creadores das cabazas máis monstruosas, votadas por todos nos (unha por curso)...

 

... e quenes levaron algún diploma á cabaza máis monstruosa... elexidos polo centro.

 

Foi unha xornada fantástica e pasámolo... de medo.

Podes coñecer todo o que fixeron nos obradoiros durante a celebración do Samaín, os compañeiros e compañeiras de primaria, na seguinte ligazón:

(2017-2018) Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros “de medo" e cunha exposición de cabazas 

(2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de outubro

Neste mes de outubro o único compañeiro que cumplía anos era NICOLÁS, así que tivo que buscar "axudantes" para poder elaborar a súa tarta de cumpreanos, á que logo convidaría ós demais compañeiros e compañeiras.

 

Seguindo os pasos da receita que escollera do noso libro "das tartas" foron elaborándoa.

 

Ata que quedou así de fantástica... tan só faltaba metela no frigorífico ata o día seguinte, cando tería lugar a gran festa.

 

Chegado o día da festa, xa coa tarta lista, NICOLÁS soprou as 4 candeas non sen antes terlle cantado o "cumpleaños feliz"

 

Coa axuda de dous compañeiros que el mesmo escolleu, como bo anfitrión, foi repartindo anacos da tarta entre os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil.

 

Estaba fantástica ;)

 

Rematada a tarta continou a festa con patacas fritidas, gusatinos e zume de piña, que é o noso favorito.

 

Tan só nos queda agardar a que remate o mes de novembro para ter unha nova celebración de cumpreanos, podes ver quenes serán os "homenaxeados" no calendario online de INFANTIL 1  e  INFANTIL 2 

 

(2017-2018) Celebramos os aniversarios do mes de setembro.

Neste primeiro mes do curso cumplían anos LUCÍA, ÚRSULA e LARA, como sempre as homenaxeadas elexiron a súa tarta favorita do libro de receitas e, un día antes da celebración (que anotamos nos calendarios online) puxémonos mans á obra para elaborar a nosa tarta.

Seguindo as instrucións fomos seguindo os pasos para crear a tarta de "galletas Oreo".

 

Con galletas empapadas en leite fomos facendo as capas da nosa tarta.

 

Intercalándoas cunha capa de natillas de vainilla.

 

E unha das capas estaba feita de galletas de Oreo que tivemos que triturar.

 

Para convertila nunha pasta que poder extender sobre a nosa tarta.

 

Fundindo chocolate e botándoo sobre a última capa de galletas demos feito a tarta.

Cando estivo rematada metémola no frigoríco e, ó día seguinte, rematámola poñendolle uns Lacasitos como decoración. Quedou fantástica!!

 

Mentras as homenaxeadas elaboraban a súa tarta coa que nos convidarían na festa do día seguinte, os demais fixémoslle unha "tarta agasallo".

 

Pintando cos dedos de todos e todas e escribindo os nosos nomes para que tivesen un recordo deste día tan especial.

 

Ó día seguinte, comezou a gran celebración soprando as 5 candeas no caso de ÚRSULA e LARA...

 

.. e 4 no caso de LUCÍA. Por suposto despois de cantarlles as cancións de "cumpreanos feliz" e "parabéns para ti".

 

As homenaxeadas foron as encargadas de repartir anacos da tarta que fixeran, e que tan boa pinta tiña, entre os compañeiros e compañeiras de ámbalas dúas aulas.

 

Un a un foron preguntando se querían probala e...

 

... estaba boísima!!!

 

Para rematar a festa, uns gusanitos, patacas fritidas e zume de piña foron un fantástico colofón a esta gran primeira festa.

 

Agora tan só teremos que agardar ata novembro para ter a próxima festa de cumpreanos, posto que en outubro ningún dos compañeiros e compañeiras está de aniversario no mes de outubro.

 

 

(2016-2017) A nosa muralla chinesa abre as súas portas para os visitantes, na xornada de "portas abertas" do colexio.

Podes lembrar os pasos previos durante os proxectos de investigación sobre "a Muralla Chinesa" nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blogue, así como noutras entradas dos mesmos:

INFANTIL 1:

15/05/17: (2016-2017) Comezamos novo proxecto: A muralla chinesa 

 

INFANTIL 2:

21/05/17: (2016-2017) Comezamos a investigar sobre a muralla chinesa para construíla no corredor 

03/06/17: (2016-2017) Respostamos tódalas preguntas na investigación sobre a Muralla Chinesa. A nosa xa vai collendo forma. 

 

Cando cada unha das dúas aulas tivo rematada a súa parte da investigación sobre a Muralla Chinesa, chegou o momento de intercambiarnos as respostas atopadas entre uns e outros.

 

Unha a unha fomos desvelando as respostas atopadas ás preguntas que lle corresponderan á outra aula. Coa axuda do mural da investigación foi moi doado de contar.

 

A muralla, que xa estaba rematada, tería ademais uns farolillos chineses para decorar, que nós mesmos fixemos.

 

Tamén creamos os nosos gorros "chineses" para a actuación que teríamos unha vez rematada a vísita pola Muralla Chinesa.

 

Unhas pinturas con témpera da muralla chinesa completarían a exposición.

 

Por fin estaba todo listo na nosa "Muralla Chinesa" para recibir ós visitantes, e así de fantástica quedou:

 

Velaquí podes ver nun vídeo como a construímos e como quedou finalmente. Este vídeo tamén estaba entre os dispoñibles na exposición.

 

Creamos uns vídeos coas respostas a cada unha das preguntas que nos plantexáramos.

 

Cada un dos vídeos estaba dispoñibla na muralla cun código QR que fomos pegando na mesma, listos para ser empregados polos nosos visitantes.

 

Podes ver tódolos vídeos "ocultos nos códigos QR" coas nosas respostas ás preguntas que investigamos na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/galeria/thumbnails.php?album=2439

 

E por fin chegou o gran día da xornada de portas abertas no colexio, onde as familias convidadas poderían visitar as 7 marabillas do mundo moderno por todo o colexio, e entre elas a nosa gran muralla chinesa. 

Antes de que dera comezo, preparamos a comida chinesa coa que convidaríamos ós dous grupos de visitantes.

 

Os guías de infantil explicaron ó primeiro grupo de visitantes todo o que había na muralla chinesa, o que fixeramos o como funcionaban os códigos QR para ver os vídeos das respostas. Empregamos as tablets das nosas aulas.

 

Rematada a visita convidamos os asistentes a degustar uns tallaríns chinos... por suposto con palillos.

 

Mentres agardabamos a que chegase o seguinte turno de visitantes, e mentres o primeiro grupo deles estaba percorrendo outras marabillas do mundo moderno polo colexio, tamén nos probamos a comida chinesa... encantounos comela con paillos ;)

 

Chegaba o momento de recibir ó segundo turno de visitantes, os guías elexidos estaban agardando "cómodamente" a que chegasen á muralla chinesa procedentes de Brasil ;)

 

O segundo turno de visitantes tamén escoitou as nosas explicacións sobre como fixeramos a muralla e todo o que descubriramos, incluída a lenda do emperador que a mandou construír.

 

E por suposto, novamente epxlicamos con tablets como usar os códigos QR ocultos na muralla.

 

Mentras tanto a "cociña" estaba preparando a segunda ronda de tallaríns chineses...

 

Despois dunha explicación de como usar os palillos para poder comelos...

 

... algúns se atreveron a probar a comida chinesa :)

 

Lembra que podes ver tódolos vídeos "ocultos nos códigos QR" coas nosas respostas ás preguntas que investigamos, na seguinte lista de reproducción de youtube.

https://www.youtube.com/watch?v=xTvhibRl-yE&list=PLd_NEbsLn--c6gPOJUH88F5QACkaNIzp5

Rematada a visita polas "marabillas do mundo moderno", na sala de usos múltiples os visitantes puideron asistir a bailes e cancións típicas de cada país, preparadas pola profe Merce e o profe Paulo.

No noso caso fixemos uns exercicios "relaxantes chineses"... 

 

E cantamos a canción "Chin chin chin... somos de Pekín".

 

Agardamos que vos gustase a nosa exposición e a visita pola Muralla Chinesa, lembrade que podedes ver os vídeos das nosas respostas nas ligazóns antes publicadas.

Grazas a todos e todas pola vosa participación.

 

 

 

(2017-2017) Buscamos o tesouro seguindo as pistas.... para conseguir un delicioso premio


Na última semana de clases fixemos a nosa tradicional búsqueda do tesouro que sempre facemos nos últimos días.
Feitos os equipos,
DRAGÓNS AZUIS
DRAGÓNS VERMELLOS
DRAGÓNS AMARELOS
Cada equipo marchou na búsqueda da primeira pista ou sobre
 
Na grande árbore que temos no xardín estaban as primeiras
 
 
e dentro do sobre unha pegatina que debíamos pegar sobre o número 1 enriba do debuxo da árbore.
 
Na zona de canchas de baloncesto tamén  atopamos a seguinte pista
 
 
 
 
Na sala de usos múltiples estaba a seguinte
 
 
había que seguir descifrando o mapa para seguir o percorrido axeitadamente.
 
 
e pegar as pegatinas no lugar que correspondía.
 
Na sala de informática tamén atopamos, 
 
e o tesouro dun dos equipos atopábase alí, pois cada equipo seguía unha orde diferente na súa búsqueda.
 

Na biblioteca do centro tamén estivemos buscando o seguinte sobre, como indicaba o noso mapal.

 
 
e...por fin....o premio!!!
un xeado ben fresquiño que tomaríamos na hora da merenda!!!
Qué ricos estaban e que ben nos sentaron despois do esforzo feito por atopar o tesouro!!

(2016-2017) Celebramos os aniversarios de xuño e os dos compañeiros/as que cumpren anos no verán

Chega o fin de curso e con el a celebración dos aniversarios dos compañeiros e compañeiras que cumplían anos en xuño. Como cada curso celebramos tamén nesta última festa tamén os cumpeanos daqueles que celebrarán os seus aniversarios en verán, nos meses nos que non hai clase.

Os 7 homenaxeados elexiron para esta ocasión "as trufas con formas" para convidar ós seus compañeiros e compañeiras, do noso libro de receitas.

Entre todos demos feito unhas trufas deliciosas.

Despois de pasar unha noite no figrorífico chegou o gran día da celebración. e todos e todas sopramos as candeas cos nosos anos.

ÓLIVER as catro dos anos que cumplirá no verán.

 

SERGIO as 5 que cumpliu neste mes de xuño xunto con CRISTIAN e SARA que tamén cumprirán cinco anos no verán.

 

E por último NAIARA, CARLOTA e NAYRA que sopraron as súas últimas seis candeas en infantil, dos anos que cumpliarán no verán, xa que o vindeiro curso marcharán para primeiro.

 

Os homenaxeados repartiron as trufas entre os seus convidados en convidadas, que agardaban ansiosos ese gran momento ;).

 

E para rematar, como sempre, unha pequena festa con gusanitos, patacas fritidas e zume de piña, o noso favorito.

 

O vindeiro curso teremos moitas máis festas de aniversario, pero iso xa o veredes nas entradas que vaiamos publicando entón. 

Ata ese momento, felicidades adiantadas ós compañeiros e compañeiras que cumplirán anos no verán.

(2016-2017) Recibimos unha visita moi especial dos nenos e nenas da Galiña Azul e preparamos un agasallo para eles.


A principios de mes visitáronnos os nenos da Galiña Azul que o próximo curso comezarán a escolarización no noso cole.
Desde hai uns anos,  sempre nos visitan en maio ou xuño para comezar a familiarizarse con este novo contexto.
E sempre lles facemos un agasallo a modo de recordo desta data tan especial.
Organizados en equipos cooperativos, cada equipo escolleu o neno ou nena ó que lle gustaría "apadriñar" 
 
para comezar co seu agasallo.
Primeiro había que pintar con témpera o cartón que faría de marco
 
 
 
Ademáis de escribir por detrás o nome do agasallado, decorándoo.
 
 
Unha vez seca a pintura, darlle unha capa de cola e pegar algúns materiais como ollos e papel de seda en formas.
Tiñamos unha consigna clara en canto a cantidade do que debíamos coller cada equipo.
 
E...chegou o día!!!
Qué contentos estabamos todos de recibilos e tamén de poder saudar ás profes da Galiña Azul!! 
 
No noso estupendo xardín fixemos a nosa foto de grupo, foto que logo imprimimos para pegar no marco elaborado por nós.
 
Despois fixemos uns xogos co paracaídas, no pavillón do cole, xa que a herba todavía estaba mollada fóra.
 
 
Xa na aula, algúns compañeiros contámoslles algunhas actividades divertidas que se fan na escola, ó mesmo tempo que lles iamos amosando fotos das mesmas na pizarra dixital. 
 
A continuación, cada equipo, xunto co seu neo "apadriñado", pegou a foto no marco, integrando a este novo compañeiro na actividade.
 
 
 
E logo todos a xogar un ratiño no parque do cole!!!! 
Ademáis os profes tiñan reservada unha super merenda: zumes, galletas e mazás! 
 
 Qué ben o pasamos!!! 
 
 
 
Estamos desexando que veñades para quedarvos e para acollervos tan ben como fixeron con nós!! 

(2016-2017) Excursión de fin de curso: Participamos nos obradoiros de Naturnova e pásamolo de medo en Indiana Bill

O 14 de xuño, xunto cos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de primaria, participamos na última saída deste curso. Nesta ocasión sería de mañá e tarde.

 

Todos ben asegurados no autobús comezamos a nosa viaxe ata Vigo.

 

Cando chegamos, na zona do porto, descubrimos unha estatua enorme pola que te podías meter e que tiña unha cabeza tirada no chan. Ademais tamén puidemos ver un barco "xigante" que estaba alí atracado.

 

Un descansiño para tomar a merenda nun parque preto do porto e...

 

... comezamos un percorrido polas rúas de Vigo ata chegar a "Naturnova" onde iamos participar nun obradoido de arte (os de 1º e 2º faríano sobre a auga)

 

Cando chegamos, e xa separados dos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º, fixemos dous grupos para poder participar no obradoido, mesturándonos ámbalas dúas aulas. Un marcharía co profe Óscar e outro coa profe Ángela.

 

En ámbolos dous grupos descbrimos a "pintafontes" e con el fomos descubrindo diferentes cadros da exposición.

 

Ademais de cadros, tamén había unha chea de esculturas. Fixámonos nunha que estaba feita de barro e pintada de diferentes cores.


 

 

 

E rematamos convertíndonos en artistas, usando as diferentes técnicas que nos contaran durante a visita polo museo.

 

Rematada a visita a Naturnova, e tras unha nova viaxe en autobús ata "Nigrán", comimos todos xuntos nun parque que había alí preto, que ademais estaba cheo deo de columpios nos que xogar ata que chegase a hora de entrar en Indiana Bill.

 

E por fin chegou o gran momento que todos e todas levabamos agardando varios meses, en Indian Bill, un parque infantil enorme,  puidemos xogar todos e todas xuntos.

 

Pasámolo de medo!

Podes atopar outras imaxes, onde saen tamén os nosos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º no seu obradoiro, na galería fotográfica da web, ou directamente desde AQUÍ.

 

(2016-2017) Celebramos o cumpreanos do mes de maio cunha tarta

Nesta ocasión, no mes de maio, só había un aniversario que celebrar no mes de maio, o do noso compañeiro DAVID. Asi pois foi el quen decidiu que tarta "preparía" para convidar ós seus compañeiros e compañeiras, de entre as que temos no noso libro de receitas.

Revisamos cantos ingrediantes, dos que indicaba a receita, xa os tiñamos na clase...

 

... e fomos anotando aqueles que nos faltaba, xunto coas súas cantidades, para poder incluílos na nota que levaría DAVID para a súa casa para poder así traelos.

 

Un día antes da celebración, xunto con varios axudantes, foi seguindo os pasos da receita para elaborar a tarta elexida.

 

Coa axuda de varios "colaboradores" voluntarios o traballo foi moito máis axiña.

 

Unha vez rematada metímola no figorífico, onde fomos a buscala o día seguinte xusto antes de dar comezo á celebración.

 

Despois de cantar a canción de "Cupreanos feliz" DAVID soprou as 5 candeas. 

 

Tan só faltaba decorala con "Lacasitos" tal como indicaba a receita.

 

Novamente con axuda dalgúns compañeiros foi repartindo a tarta entre os compañerios e compañeiras. Encantoulles a todos e todas.

 

Cunhas patacas fritidas, gusanitos e zume de piña (o noso favorito), rematamos esta fantástica festa de aniversario do mes de maio.

 

En xuño teremos dúas festas de aniversario: as dos compañeiros e compañeiras que cumpren nese mes, e a dos que o farán no verán, para que tamén teñan a súa festa.

Como sempre contarémoscho nas respectivas entradas deste blogue.

(2016-2017) Celebramos a semana do Libro e das Letras Galegas na carballeira de Campo Lameiro.

Nas últimas semanas de abril, con motivo do día do Libro, andivemos a dialogar sobre os nosos "libros favoritos" e a contar ós demáis por qué nos gustaban.

Así, nas dúas aulas de infantil, cada un de nós falou do seu libro favorito, escollendo un lugar na aula onde poder colocalos durante un tempo.

e tamén fixemos un rexistro dos mesmos, en Infantil 2, rexistrando nun cadro a foto do neno/a, unha imaxe do  seu conto, o título..

 

E en infantil 1, facendo un debuxo do conto, xunto co seu título.

E os colocamos no corredoiro para ensinar ós demais cales eran as nosas lecturas preferidas.

Ademáis, os profes propuxéronnos, fotocopiar as portadas para colorealas ó noso gusto e convertilas en libros para colgar do teito do corredoiro.

E gustounos moito a idea! Na contraportada escribíamos unha palabra relacionada co noso libro.

 

E...listos para pendurar!!

 

Ademáis, nos días seguintes tamén coñecimos unha historia, "A galiña azul", escrita por Carlos Casares, que será o escritor homenaxeado este ano nas letras galegas.

Os profes nos contaron a historia e nos propuxeron contarlla ós demais, un día no que todos asistiríamos á carballeira, o  4 de maio. 

E para contala, ademáis da palabra, qué mellor que a imaxe?

Así, recordamos a historia e o máis importante dela, levando a cabo os debuxos máis representativos para poder contala dun modo sinxelo.

 

Só faltaba organizar quen contaba a historia, entre os compañeiros/as que se ofreceron, pois a algún que outro veulle a vergoña..e é que falar para un público tan amplo, impón, a verdade.

 

Un par de ensaios e listos!!

 

Tamén escribimos moitas palabras relacionadas co conto,

para poder cubrir a silueta da galiña azul, que os profes debuxaran e formar así un "caligrama", para deixar no muro do concello.

 

E chegou o día!

Os encargados de contar a historia fomos contando cada un a nosa parte, mentres outros compañeiros se encargaban de ir abrindo o mural con cada parte da escea, para finalmente  amosala enteira.

E despois de escoitar o resto de lecturas e lendas que algúns veciños do pobo e familias nos contaron, só quedaba pegar a nosa palabra na silueta da galiña.

Así rematamos un día cheo de palabras, historias e calor, moito calor...

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.