Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) A nosa muralla chinesa abre as súas portas para os visitantes, na xornada de "portas abertas" do colexio.

Podes lembrar os pasos previos durante os proxectos de investigación sobre "a Muralla Chinesa" nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blogue, así como noutras entradas dos mesmos:

INFANTIL 1:

15/05/17: (2016-2017) Comezamos novo proxecto: A muralla chinesa 

 

INFANTIL 2:

21/05/17: (2016-2017) Comezamos a investigar sobre a muralla chinesa para construíla no corredor 

03/06/17: (2016-2017) Respostamos tódalas preguntas na investigación sobre a Muralla Chinesa. A nosa xa vai collendo forma. 

 

Cando cada unha das dúas aulas tivo rematada a súa parte da investigación sobre a Muralla Chinesa, chegou o momento de intercambiarnos as respostas atopadas entre uns e outros.

 

Unha a unha fomos desvelando as respostas atopadas ás preguntas que lle corresponderan á outra aula. Coa axuda do mural da investigación foi moi doado de contar.

 

A muralla, que xa estaba rematada, tería ademais uns farolillos chineses para decorar, que nós mesmos fixemos.

 

Tamén creamos os nosos gorros "chineses" para a actuación que teríamos unha vez rematada a vísita pola Muralla Chinesa.

 

Unhas pinturas con témpera da muralla chinesa completarían a exposición.

 

Por fin estaba todo listo na nosa "Muralla Chinesa" para recibir ós visitantes, e así de fantástica quedou:

 

Velaquí podes ver nun vídeo como a construímos e como quedou finalmente. Este vídeo tamén estaba entre os dispoñibles na exposición.

 

Creamos uns vídeos coas respostas a cada unha das preguntas que nos plantexáramos.

 

Cada un dos vídeos estaba dispoñibla na muralla cun código QR que fomos pegando na mesma, listos para ser empregados polos nosos visitantes.

 

Podes ver tódolos vídeos "ocultos nos códigos QR" coas nosas respostas ás preguntas que investigamos, na seguinte lista de reproducción de youtube.

https://www.youtube.com/watch?v=xTvhibRl-yE&list=PLd_NEbsLn--c6gPOJUH88F5QACkaNIzp5

 

E por fin chegou o gran día da xornada de portas abertas no colexio, onde as familias convidadas poderían visitar as 7 marabillas do mundo moderno por todo o colexio, e entre elas a nosa gran muralla chinesa. 

Antes de que dera comezo, preparamos a comida chinesa coa que convidaríamos ós dous grupos de visitantes.

 

Os guías de infantil explicaron ó primeiro grupo de visitantes todo o que había na muralla chinesa, o que fixeramos o como funcionaban os códigos QR para ver os vídeos das respostas. Empregamos as tablets das nosas aulas.

 

Rematada a visita convidamos os asistentes a degustar uns tallaríns chinos... por suposto con palillos.

 

Mentres agardabamos a que chegase o seguinte turno de visitantes, e mentres o primeiro grupo deles estaba percorrendo outras marabillas do mundo moderno polo colexio, tamén nos probamos a comida chinesa... encantounos comela con paillos ;)

 

Chegaba o momento de recibir ó segundo turno de visitantes, os guías elexidos estaban agardando "cómodamente" a que chegasen á muralla chinesa procedentes de Brasil ;)

 

O segundo turno de visitantes tamén escoitou as nosas explicacións sobre como fixeramos a muralla e todo o que descubriramos, incluída a lenda do emperador que a mandou construír.

 

E por suposto, novamente epxlicamos con tablets como usar os códigos QR ocultos na muralla.

 

Mentras tanto a "cociña" estaba preparando a segunda ronda de tallaríns chineses...

 

Despois dunha explicación de como usar os palillos para poder comelos...

 

... algúns se atreveron a probar a comida chinesa :)

 

Lembra que podes ver tódolos vídeos "ocultos nos códigos QR" coas nosas respostas ás preguntas que investigamos, na seguinte lista de reproducción de youtube.

https://www.youtube.com/watch?v=xTvhibRl-yE&list=PLd_NEbsLn--c6gPOJUH88F5QACkaNIzp5

Rematada a visita polas "marabillas do mundo moderno", na sala de usos múltiples os visitantes puideron asistir a bailes e cancións típicas de cada país, preparadas pola profe Merce e o profe Paulo.

No noso caso fixemos uns exercicios "relaxantes chineses"... 

 

E cantamos a canción "Chin chin chin... somos de Pekín".

 

Agardamos que vos gustase a nosa exposición e a visita pola Muralla Chinesa, lembrade que podedes ver os vídeos das nosas respostas nas ligazóns antes publicadas.

Grazas a todos e todas pola vosa participación.