Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) Comezamos a investigar sobre a muralla chinesa para construíla no corredor

Como xa vos contamos en entradas anteriores, dentro do traballo de centro para o Salón do Libro, correspondéranos traballar coa muralla Chinesa. Podes lembrar todo o que fixemos no seu momento nas seguintes entradas:

(2016-2017) Acompañamos a Dora ata a muralla chinesa e coñecemos a 4
dragóns, para crear o noso traballo para o Salón do libro 

 (2016-2017) Visitamos ó lobo ORBIL no Salón do Libro e participamos nas súas actividades 

 

Como segunda parte desta tarefa de centro, a final de curso terá lugar unha xornada de portas abertas para as familias, na que cada curso poderá "explicar" todo o que descubriron sobre a "Maravilla do mundo moderno" que lles correspondeu. No caso de Educación Infantil, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula, teremos que expoñer a muralla chinesa.

 

PLANIFICANDO O TRABALLO:

O primeiro que fixemos foi lembrar, todos xuntos, o que xa fixeramos para o salón do libro.

 

Lembramos e descubrimos que "maravilla" lles correspondía a cada un dos outros grupos usando as súas fotos da "maleta de Dora".

 

Visualizamos un vídeo das maravillas do mundo moderno, e fomos identificando cada unha delas ata chegar á nosa... A muralla chinesa. Sobre iso teríamos que falar na xornada de portas abertas, acordamos que poderíamos costruír unha "muralla enorme" no corredor de infantil, pero para elo precisabamos investigar sobre ela e así saber como poder facela.

 

Fomos comentando tamén as ideas previas que tiñamos, o que xa sabíamos sobre a muralla chinesa.

Para plantexar posteriormente que é o que queríamos/precisábamos descubrir. Repartímonos  as preguntas entre as dúas aulas... deste xeito unha vez rematada a investigación poderíamos intercambiar a información.

No noso caso, EI2,  marcamos cunha estrela verde aquelas preguntas que nos correspondería investigar, as demais serán investigadas polos compañeiros e compañeiras da outra aula.

 

Anotamos no noso mural o título da investigación que acompañamos cunha foto da muralla chinesa, que buscamos e internet e posterormente imprimimos.

 

Anotamos tamén que era o que queríamos conseguir ó final (o producto final socialmente relevante), que era construír a muralla chinesa no corredor.

 

 

Así quedou o noso mural case listo para comezar a investigar.

 

Anotamos tamém as diferentes fontes de información onde iamos buscar a información.

 

Entre esas fontes estaban as nosas familias, así pois escribimos unha carta na que pedíamos por unha banda información e por outra caixas de cartón, que empregaríamos para poder facer a murallal, tal como acordaramos.

 

Mentras agardábamos a que chegase a información, pintamos con témpera a nosa visión da muralla chinesa.

 

E lembramos as 7 maravillas do mundo moderno,  completando así a primeira folla do que será o noso dossier da investigación.

 

CHEGAN AS PRIMEIRAS CAIXAS:

Días despois foron chegando as primeiras caixas, xogamos con elas a contalas, ordenalas de maior a menor... 

 

Para ilas acumulando, xunto cos compañeiros de Infantil 1, na sala de usos múltiples á espera de comezar a construír a muralla.

 

 

COMEZAMOS A RECIBIR A PRIMEIRA INFORMACIÓN:

Nalgúns casos por e-mail, que fomos lendo e respostando en cada caso.

 

E imprimíndoo para incluílo no noso recanto da investigación.

 

Tamén trouxemos outra información impresa da casa, que comentamos cos compañeiros e compañeiras cada mañá durante a asamblea.

Ata ir completando pouco a pouco o noso recanto da investigación coa información recibida.

 

 

RESPOSTAMOS Á PRIMEIRA PREGUNTA:

Quen construiu a muralla chinesa? Cantos a fixeron? 

A primeira das preguntas investigámola todos xuntos na aula de informática, visualizando un vídeo con 10 curiosidades sobre a muralla chinesa, que podes atopar no noso recanto de infantil. Para atopar a información que estabamos a buscar visualizamos varios vídeos,  ata discriminar alquel que nos daba a información que estabamos a buscar, descartando a outra para outro momento.

Nese vídeo dicía que traballaron nela o 70% da poboación de China, así que fixemos un xogo para repartirnos nos no "70%".

 

Descubrimos que eran moitos máis os que traballaron na muralla que os que non... seguramente a xente que mandou facela eran menos, pero iso xa o descubriremos noutra pregunta.

 

Noutro dos vídeos descubrimos que aproxidamente traballaron 700.000 obreiros chineses,  e que morreron 10.000 durante a construción da muralla. Comparamos eses números tan "enormes" con outros que fomos preguntando.

  • Cantos hai no cole?
  • Cantos viven en Campo Lameiro?, en Galicia, en España?
  • Cantos viven en toda China?
  • Cantos viven en todo o mundo?

Descubrimos que canto máis longo era o número, máis xente estaba representada... e en China había moitísima, e facendo a muralla tamén.

 

Xa na clase, anotamos os datos descubertos no mural da investigación.

 

Completamos a información cun "debuxo" de traballadores da muralla chinesa que atopamos en internet, posto que non había fotos, porque non existían aínda cando se construiu.

 

Entre todos e todas plasmamos a primera das respostas, escribindo o número da pregunta ó lado e escribindo un SI ó lado da pregunta correspondente.

 

E así quedou a primeira resposta reflexada no mural.

 

Nos seguintes días continuaremos a investigar as restantes preguntas e comezaremos a construír a muralla no corredor.

Como sempre poderedes estar ó tanto de todo en futuras entradas neste blogue.