Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2018-2019) Así celebramos os aniversarios do mes de abril

No mes de abril estaban de aniversario DANIEL e IVÁN (ademáis do profe ÓSCAR ;) ). Celebraríamolo na data que tiñamos sinalada no calendario online, que podes atopar no recanto de infantil desta mesma web.

O primeiro foi decidir que tarta do noso libro de receitas querían facer para convidar ós seus compañeiros e compañeiras, para traer os ingredientes necesarios o día antes da celebración.

 

 

Ata entón tivemos tempo para decorar, entre todos os compañeiros e compañeiras, unha camiseta para os homenaxeados.

 

 

Un día antes da gran festa, e xa con tódolos ingredientes á nosa disposición, puxémonos mans á obra para elaborar a tarta seguindo os pasos indicados na receita. 

 

Uns úlitmos retoques tras pasar unha noite no frigorífico, e xa estaba lista.

 

 

Chegado o gran día e tras as respectivas cancións "de cumpreanos" tanto en galego como en castelán, sopraron a candea co número de anos que lle correspondía a cada quen.

 

  

 

Os homenaxeados repartiron a tarta entre os seus compañeiros e compañeiras. Estaba boísima!!!

 

 

E rematamos a festa con patacas fritidas, gusanitos e zume.

 

Tan só temos que agardar ata o vindeiro mes para celebrar novos aniversarios. 

(2018-2019) Visitamos ó lobo Orbil e participamos nas actividades do Salón do Libro 2019

Podes atopar máis información dos pasos previos desta tarefa nas seguintes entradas:

18/03/19: [Infantil xuntos] (2018-201): “Animais contra cazadores” e “Neil o pingüín espacial”, así creamos os nosos libros e vídeos para o traballo do Salón do Libro

Por fin chegou o gran momento, tal como tiñamos anotado no noso calendario online, iríamos visitar ó Lobo Orbil para participar nas actividades do Salón do libro 2019, onde se atopaba o noso traballo exposto.

Un día antes percorrimos virtualmente o camiño que teríamos que facer para chegar ó Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

 

Así puidemos elaborar o noso mapa do percorrido, sinalando os lugares máis significativos polos que pasaríamos para chegar ata alí.

 

O gran día chegou e todos xuntos, cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio marchamos en autobús cara a Pontevedra.

 

Alí estaba agardándonos Orbil quen nos saludou a todos, 

 

 

Tamén coñecemos a Cristina, quen nos acompañaria durante a nosa estancia no Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

 

O primeiro foi asistir a uns contos "revolucionario" a cargao de Queliña, quen coa súa ruleta, foi contándonos moitas historias de igualdade entre homes e mulleres.

Tamen tivemos que participar dramatizando a historia que nos contaba. 

 

 

Rematada a sesión de contacontos acompañamos a Cristina por todo o Salón, participando nas actividades que nos ía propoñendo.

 

 

Alí estaba o noso traballo, xunto o dos compañeiros e compañeiras doutros colexio.

 

Tomamos a merenda para repoñer forzas antes de...

 

 

... encamiñarnos cara a un parque onde o pasamos de medo antes de voltar ó colexio.

 

 

Podes atopar máis detalles sobre o traballo levado a cabo no centro nas seguintes entradas:

27/03/19: (2018-2019) Participamos nas actividades do Salón do libro 2019 


16/03/19: (2018-2019) ECO-REVOLUCIÓN: Creamos o noso traballo para o Salón do Libro 2019. Con vídeos e realidade aumentada

 


IMG_4365.jpeg

GALERÍA FOTOGRÁFICA:

(2018-2019) Participamos nas actividades do Salón do libro 2019

 

 

Máis información sobre o Salón do libro e horarios para as visitas de balde en www.salondolibro.gal  

 

(2018-2019) Celebramos os aniversarios do mes de marzo

No mes de marzo cumprían anos CÉSAR e ANTÓN, para celebralo entre todos e todas creámoslle unhas camisetas fantásticas.

 

E por suposto os homenaxeados prepararon a tarta, coa que convidar os seus compañeiros e compañeiras na festa de celebración. Para facela seguiron os pasos da receita escollida, no noso libro de receitas.

 

 

Así de fantástica quedou unha vez rematada e decorada, despois de pasar unha noite no frigorífico.

 

Como sempre, sopraron as respectivas candeas, tras cantarlles as cancións correspondentes.

 

 

Para poder logo degustar a fantástica tarta, acompañada de gusanitos, patacas fritidas e zume de piña.

 

Agora temos que agardar ata o mes de abril para voltar a celebrar os anivesarios.

(2018-201): “Animais contra cazadores” e “Neil o pingüín espacial”, así creamos os nosos libros e vídeos para o traballo do Salón do Libro

Este curso voltaríamos a participar nas actividades do Salón do libro, e poderíamos visitar ó noso amigo o lobo ORBIL. A temática nesta ocasión é a "REVOLUCIÓN" e desde o cenro acordouse que traballaríamos a "revolución ecolóxica".

O primeiro foi lembrar como nos fora na nosa visita ó salón do libro do curso pasado, e ver que libro e traballo fixeramos, todo elo na web do colexio. Por suposto tamén anotamos a data na que visitaríamos ó lobo ORBIL nos respectivos calendarios online

 

 

Pareceunos boa idea que cada un dos dous grupos de Educación Infantil fixeramos o noso libro sobre dous animais en perigo de extinción, os elefantes e os pingüíns debido á acción do ser humano, que xa coñecíamos do noso traballo do día da Paz cando os adoptamos e do Entroido, que podes ver entradas anteriores deste blogue.

Cada grupo inventou a súa historia, que foi correxindo mediante a creación de diferentes borradores. Coa historia xa rematada puxémonos mans á obra para elaborar o libro.

 

Podes ver como quedaron os nosos libros, unha vez remados de seguido, facendo click nas súas portadas para poder lelo.

 

 

No traballo do Salón do Libro, ademais da historia que xa tiñamos rematada, había que facer un libro contando o que sabíamos dos "problemas ecolóxicos" que lle correspondeu a cada grupo.

Acordamos que contar e fomos grabándonos no chroma verde...

 

Para logo decidir que poñer no fondo en cada caso, segundo o que iamos dicindo.

 

 

Así de fantásticos quedaron os nosos vídeos unha vez rematados.

 

 

Cos libros e os vídeos rematados, e cando o resto dos cursos do colexio xa fixeran a súa parte do "globo terráqueo no que irían incluídos", correspondeunos facer que os vídeos que todos crearon puidesen verse. Despois dun diálogo chegamos ó acordo de que o mellor sería usar códigos QR. Posto que cada portada xa contaba con Realidade Aumentada onde podía verse o vídeo cun móbil ou táblet.

 

Fomos creando os códigos de cada un dos vídeos, comprobando que efectivamente se trataba do de cada curso...

 

...  para, posteriormente localizar no planeta terra onde tiña lugar ese problema medioambiental.

 

Escribimos tamén as instrucións de como ver os vídeos usando os códigos QR, e pegamos tamén as instrucións para o uso da Realidade Aumentada con "hp reveal".

 

 

Como título decidimos que podería ser "Revolución ecolóxica", pero como non cabían tanta letras deixámolo en "ECO-REVOLUCIÓN".

 

 

E así quedou o noso traballo xa rematado, listo para levalo ó Pazo da Cultura de Pontevedra. Gustaralle ó lobo ORBIL?

 

Podes ver como creamos este traballo entre tódolos cursos do colexio na seguinte entrada:

 (2018-2019) ECO-REVOLUCIÓN: Creamos o noso traballo para o Salón do Libro 2019. Con vídeos e realidade aumentada

 

Agora tan só nos falta agardar ó día da nosa visita ó salón do libro para visitar ó lobo ORBIL, ver o noso traballo xunto co dos dos restantes colexios e participar nas actividades que nos propoñan. Como sempre contarémolo nunha entrada deste blogue.

Lembra que podes atopar máis información sobre o salóndo libro en www.salondolibro.gal. Poderás visitala de balde nos horarios que alí se indiquen.

 

(2018-2019) Deseñamos, preparamos e confeccionamos o noso disfraz do Entroido nun obradoiro coas familias, para participar no desfile

Como xa vos contamos, adoptamos un elefante e un pingüín pola semana da paz, e investigamos sobre o perigo no que se atopan para crear o noso traballo para participar no Salón do Libro, do que vos daremos conta nunhas semanas.

Coa chegada do Entroido, ademais de participar nas actividades de "Serafín manda",  todo o centro acordou disfrazarse de animais en perigo de extinción, así que os de Infantil decidimos crear o noso disfraz de pingüíns e de elefantes en EI1 e EI2. Un curso máis organizaríamos un obradoiro nas aulas para facelos coas nosas familias.

O primeiro foi deseñar o noso disfraz, decidindo as partes, cores, materiais e tomando fotografías dos diferntes pasos para crealo, de xeito que puidesemos logo empregalas para escribir as instrucións para a súa elaboración.

 

Co nosos deseños xa creados, e cun primeiro disfraz elaborado nas aulas, chegou o momento de ir redactando as instrucións acompañadas de fotografías de cada un dos pasos. Os compañeiros de EI1 fixérono deste xeito.

 

 

Así quedaron redactadas as instrucións dos compañeiros de EI1, para o seu disfraz de pingüín.

 

Pola súa banda os de EI2, tamén crearon as súas instrucións, ata deixalas listas para o día do obradoiro coas familias.

 

 

Así quedaron unha vez rematadas.

 

 

Os compañeiros e compañeiras de EI2, tamén as redactaron "no ordenador" usando as mesmas fotografías, para que as familias puideran telas "á man". 

 

 

E por fin chegouo gran día, que xa tiñamos anotado no noso calendario online

 

Tan só quedaba preparar todo o material e pezas que precisaríamos, e comprobar en cal das quendas lle correspondería a cada quen.

 

Na aula de Infantil 1, foron elaborando os traxes de pingüín coa axuda das familias e compañeiros/as doutros cursos... pasámolo xenial.

 

Pola súa banda, na aula de Infantil 2, os traxes de elefante foron tomando forma, tan só había que seguir as instrucións que nos mesmos creáramos.

 

Ata o profe Paulo nos pediu axuda para crear o seu disfraz de Elefante.

 

 

Cos disfraces xa rematados, tan só quedaba por preparar a pancarta que nos acompañaría durante o desfile. 

 

Incluímos tamén un código QR xunto ó logotipo de WWF e a palabra "ADOPTA", por se alguén quería saber como adoptar un animal con WWF, como fixemos nos.

 

E por fin chegou o día do desfile, ese día pola mañá revisamos o precorrido que faría en "google maps" (no apartado maps do recanto de infantil desta mesma web), e ata fomos percorrendo os lugares polos que pasaríamos.

 

 

Cando estabamos no recreo recibimos a visita dos nenos e nenas da "Galiña Azul", que viñan disfrazados do Polo Pepe, e xogaron connosco no patio un anaco. Algúns deles estarán no noso cole o curso que ven.

 

 

Antes de comezar o desfile, e xa preparados cos nosos fantásticos disfraces, unhas fotos de grupo como recordatorio.

 

E comezamos o desfile...

 

Facendo o noso percorrido polas rúas do Concello, chegamos ata a Galiña Azul, onde lles devolvemos a visita ós nosos compañeiros e compañeiras. 

 

Continúamos o noso percorrido, saúdando á xente que se paraba a vernos ata que estivemos de volta no colexio.

 

 

Xa no centro, para recuperar forzas, degustamos postres do Entroido, que trouxeran as nosas familias, quenes tamén estiveron convidadas, por suposto.

 

Poderedes atopar máis imaxes do desfile (cos compañeiros e compañeiras de primaria), así como das súa festa de celebración, na galería fotográfica.

Podes ver de seguido o vídeo do desfile.

 

(2018-2019) Serafín o porcoespín mandounos vir disfrazados de...

Este foi o primeiro curso no que a nova mascota de biblioteca, "Serafín o porcoespín", se encargou de darnos ordes durante a semana do Entroido.

Os primeiros en decidir o que "mandaría Serafín" fomos os de infantil, quenes despois dun "acalorado debate" e de "sucesivas votacións", acordamos mandar que todos e todas os do colexio...

 

 

... trouxeran posto un BAÑADOR ou un BIKINI, e así o escribimos no cartel que puxemos ó lado de Serafín.

 

Así quedou, listo para que todos os mirasen cando baixasen ó recreo.

 

 

Anotamos nunha nota, cada un dos días, o que Serafín mandaba traer, para poder contalo nas nosas casas.

 

 

Cada día, despois de sacarnos a foto de grupo, completamos con ela un panel individual, onde ademais tamén escribíamos de que nos tocou vir disfrazados.

 

 

O martes os de 1º e 2º escolleron vir coa cara pintada.

 

 

O mércores tocounos traer un zapato de cada cor. Así o decidiron os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º.

 

 

O xoves, un día antes do desfile de entroido, os maiores do colexio, de 5º e 6º, decidiron que viñesemos difrazados como cada quen quixera.

 

E así demos por rematado o panel de fotografías... tan so faltaba a do noso disfraz para o desfile.

 

Se queres saber todo o que fixemos, e ben que o pasamos, no último día da semana do Entroido, co desfile, podes facelo na seguinte entrada deste mesmo blogue.

(2018-2019) Deseñamos, preparamos e confeccionamos o noso disfraz do entroido nun obradoiro coas familias, para participar no desfile

(2018-2019) Celebramos os aniversarios do mes de febreiro

No mes de febreiro só XOAN estaba de aniversario, así que tivo que pedir axuda a algúns compañeiros e compañeiras para facer a tarta para a festa.

 

Segundo os pasos da receita, do libro de recitas, demos rematado a tarta a tempo. Tan só quedaba metela no frigorífico e agardar a que chegase o día da celebración para que estivera lista.

 

Cando chegou o día da celebración rematou a tarta decorándoa.

 

Coa tarta rematada, soprou a candea co número de anos que cumplía, despois de que lle cantaramos a canción "parabéns para ti".

 

Como sempre, convidou ós compañeiros e compañeiras a degustar a súa tarta, e rematamos a festa con patacas fitidas, gusanitos e zume de piña. 

 

Agora tan so queda agardar un mes ata a seguinte celebración de aniversarios. 

(2018-2019) Traballando cos Ozobots, Beebot e M-bot. Robótica nas primerias semanas do ano

Nestas primeiras semanas do ano nas aulas de infantil continuamos a traballar cos nosos robots.

Medimos co tempo que tardaban os OZOBTS en percorrer un camiño segundo o código que puxeramos.

 

Cronometrando o tempo co cronómetro das tablets.

 

 

Axudamos ó BEEBOT  percorrer un labirinto, sen destrozalo nin "atropellar a Pepa Pig", programando os seus movementos.

 

Fixemos camiñar o M-BOT, empregrando un programa informático para "endenernos con el a través de diferentes instruccións".

 

 

Ata fixemos que escribira ou debuxara o que queríamos na súa pantalla. 

 

Nas vindeiras semanas continuaremos a traballar con estes e outros robots para descubrir todo o que poden facer.

 

(2018-2019) Xestos de amizade e adoptamos animais en perigo de extinción na semana da Paz

Coa chegada do mes de xaneiro anotamos no noso calendario online o "Día da Paz".

 

Axudamos a completar os "100 xestos de amizade" xunto ós restantes compañeiros e compañeiras de todo o centro.

 

Cada quen escribiu algo bo que fixera por outra persoa nun corazón, que logo pegou no mural que estaba no corredor, ata que entre todos e todas demos completado os 100 xestos de amizade. 

 

Este curso, para traballar a semana da Paz, analizamos os problemas medio-ambientais ós que se enfrenta ó noso planeta, como preámbulo para traballar a "Revolución ecolóxica" de cara á nosa participación nas actividades do Salón do Libro 2019.

Dialogamos todos xuntos sobre que significaban as imaxes e os diferentes vídeos, sobre os problemas medio-ambientais ós que se enfrenta o noso planeta, e dos que os humanos somos responsables. (Podes atopalos no recanto de infantil desta mesma web.

 

Entre todo o que comentamos, descubrimos que había varios animais en perigo de extinción como consecuencia das accións humanas. Atopamos tamén a web da WWF, que se encargan de defender a fauna e a flora. Desde a WWF tamén daban a opción de "adoptar simbólicamente un animal". 

Os compañeiros e compañeiras de Infantil 1 decidiron adoptar un PINGÜÍN e os de Infantil 2 un ELEFANTE.

 

Realizado o trámite de adopción online, e mentras agradabamos a resposta de WWF, creamos cadanseu panel informativo sobre a adopción nas dúas aulas.

 

Incluímos tamén códigos QR dos vídeos que visualizamos, para que todos poidan coñecer o problema o problema ó que sen enfrontan os animais. Tamén outro da páxina web onde adoptar ós animais en WWF. 

 

 

E por suposto tamén lle puxemos un nome ó noso animal adoptado. 

 

 

Tamén creamos outro panel onde indicamos os restantes animais en perigo de extinción que se poden adoptar, por se alguén quixera axudalos como fixemos nos.

 

Creamos un carnet de "adopción" que  levamos para as nosas casas o día da Paz.

 

 

Días despois da nosa adopción recibimos un paquete de WWF, dentro viña moita información sobre os problemas ós que se enfrentaba cada animal en perigo de extinción, un peluche do animal adoptado e un certificado de adopción.

 

Agora xa temos un novo "compañeiro" nas nosas aulas.

 

 

Engadimos o noso certificado de adopción ó panel informativo.

 

Para que coñecesen ó noso novo "amigo" levamos para casa unha foto de grupo co noso animal de peluche, escribindo tamén o seu nome.

 

 

Empregaremos todo o que descubrimos sobre os problemas destes animais, para crear o noso traballo para participar no "Salón do libro", pero iso poderedes velo nunha futura entrada, dentro dalgunhas semanas.

 

(2018-2019) Así celebramos os aniversarios do mes de xaneiro

Comezamos o ano cos aniversarios de dúas compañeiras, YAIZA e SABELA. Como sempre celebaríamolo cunha pequena festa, na que poderíamos probar a tarta que farían os homenaxados.

Entre todos e todas creamos as camiseas de regalo para as homenaxeadas.

 

Un día antes da celebración, as homenaxeadas seguiron a receta da tarta que elexiran para deixala lista no frigorífico ata o día seguinte.

 

O gran dia da celebración ambalas dúas sopraron as candeas que indicaban o número dos anos que cumprían. 

 

Tan só faltaba convidar ós compañeiros e compañeiras a probar a fantástica tarta e a participar na festa posterior, con patacas fritidas, gusanitos e zume.

 

Tan só nos queda agardar ata o mes de febreiro para celebrar unha nova festa de aniversario,

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 4 invitados conectados.