Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2018-2019) ECO-REVOLUCIÓN: Creamos o noso traballo para o Salón do Libro 2019. Con vídeos e realidade aumentada

Este curso o tema do Salón do libro é "A revolución". Como no centro estabamos xa metidos noutra serie de tarefas relacionadas co medio ambiente e o coidado da natureza, decimos que os libros que crearían en cada unha das aulas terían que ver coa acción do home contra a natureza. Plantexaríamos tamén solucións como mostra da nosa revolución, a "eco-revolución".

Ademais do libro que cada grupo faría, tamén creamos  entre todos e todas un globo terraqueo no que poder incluir os diferentes traballos e no que, ademais, poderíamos sinalar onde tiñan lugar eses fenómenos medioambientais.

 

Xunto a cada un dos libros creados polos diferentes grupos, estes elaboraron tamén un vídeo no que explicaban o fenómeno dando alternativas e solucións ós mesmos.

Para que os visitantes do Salón do libro puidesen velos, incluímolos no traballo con Realidade Aumentada (na portada de cada libro), e como con códigos QR (enlazados ós vídeos en youtube) nos diferentes lugares do globo terráqueo.

 

Asi quedou o noso traballo, unha vez rematado, cos libros e vídeos creados polos compañeiros e compañeiras dos diferentes niveis. 

 

Antes de levalo para o Pazo da Cultura en Pontevedra, o traballo pasou por tódalas aulas para velo unha vez rematado, e comprobar se funcionaban correctamente os códigos QR e a realidade aumentada ademais de, por suposto, mirar o ben que quedaron os libros creados por cada curso. 

 

Podes ver, de seguido, os vídeos que insertamos no traballo, con QR e RA:

Podedes atopar máis información sobre a creación deste traballo, nos blogues dos diferentes recantos correspondentes a cada curso, nesta mesma web.

Agora tan só nos falta asistir as actividades organizadas polo Salón do libro, e poder ir a ver o noso traballo, xunto cos dos restantes centros participantes. Desto daremos cumprida conta nunha futura entrada neste blogue.

Máis información sobre o Salón do libro e horarios para as visitas de balde en www.salondolibro.gal