Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2018-2019) Participamos nas actividades do Salón do libro 2019

Despois de ter elaborado o noso traballo sobre a "Eco-revolución", para participar no Salón do Libro, chegou o momento de participar nas actividades organizadas no mesmo.

Podes ver o traballo na entrada que publicamos fai unhas semanas:

16/03/19: (2018-2019) ECO-REVOLUCIÓN: Creamos o noso traballo para o Salón do Libro 2019. Con vídeos e realidade aumentada

 

Tódolos nenos e nenas do centro estiveron presentes nas actividades propostas para cada grupo, e visitaron a exposición onde se atopaba o noso traballo xunto co dos restantes colexios participantes.

Recibiunos o lobo ORBIL a todos e todas despois dun ano sen vernos.

 

Os de infantil asistiron a unha sesión de contacontos con Queliña e visitaron a exposición acompañados pola guía "Cris".

 

 

Os de primeiro e segundo asistiron a unha sesión de contacontos seguida dunha visita pola exposición, onde puideron ver o noso traballo alí exposto.

 

Os de terceiro e cuarto participaron un obradoiro de creación literaria.

 

Pola súa banda os compañeiros e compañeiras de quinto e sexto, descubriron a evolución da tecnoloxía asociada á escritura ó longo do tempo e, por suposto, tamén visitaron a exposición.

 

Cando rematamos chegou o momento de recuperar forzas coa merenda.

 

Unha visita a un parque preto do Pazo da cultura, serviu para rematar esta fantástica xornada, antes de voltar ó centro.

 

Lembra que atoparás máis información nas diferentes entradas que se publiquen nos blogues dos recantos de cada nivel.

Podes ver moitas máis fotografías na galería de imaxes á que podes acceder de seguido.


IMG_4365.jpeg

GALERÍA FOTOGRÁFICA:

(2018-2019) Participamos nas actividades do Salón do libro 2019

 

 

Máis información sobre o Salón do libro e horarios para as visitas de balde en www.salondolibro.gal