Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) Rematamos un novo curso... en xuño tamén sucedeu todo isto.

Ademais de todo o que vos contamos sobre a xornada de portas abertas e a nosa muralla chinesa, que podes ler en entradas anteriores deste mesmo blogue, o xogo de pistas e os cumpreanos... no mes de xuño tamén sucedeu todo isto.

Cando comezou o mes anotamos no noso calendario online todo o que ía suceder ó longo destas últimas semanas de curso.

 

E por suposto tamé no noso calendario en papel.

 

Recibimos a visita dos compañeiros e compañeiras de primeiro e segundo, que viñeron a facernos unha entrevista.

 

Estrenamos a nosa PDI que instalaron na nosa aula.

 

E tamén a usamos para revisar, na biblioteca online, cales foron os nosos libros favoritos deste curso (aqueles que levamos máis veces) e así poder completar o noso boletín de auto-avaliación trimestral.

 

Rematamos tamén o noso dosier da investigacion sobre a muralla Chinesa, da que xa vos contamos en entradas anteriores.

 

Despedímonos do traballo cos robots educativos deste curso usando o "probot" para medir e calcular o percorrido que debería facer para unir dous puntos debuxando unha liña.

 

Nas sesións de psicomotricidade continuamos a desenvolver as nosas habilidades motrices, de equilibrio, coordinación de movementos e orientación no espazo. 

 

Xogando co paracaidas coordinamos os nosos movementos cos dos demais compañeiros e compañeiras.

 

E tamén descubrimos algúns xogos tradicionais que nos encantaron como "zapatilla por detrás", ou xogo das "cadeiras".

 

Rayo, a nosa tarturaga continou a medrar... agora xa é moito máis grande, grazas ós nosos coidados e seguindo os coidados que descubrimos, no seu momento, na nosa investigación sobre as tartarugas, que podes ver en entradas anteriores deste mesmo blogue. 

 

Preparamos todos os nosos traballos para poder levalos para casa.

 

Preparamos un agasallo para darllo á profe Ángela, da aula do lado, xunto cos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil 1, que marcha para outro cole o curso que ben. 

 

Encantoulle dando llo demos por sorpresa.

 

Xunto ás nosas fotos atopábanse debuxos que cada un de nós fixeramos como agasallo para ela. Agardamos que no novo cole lle vaia xenial :)

 

Tamén os pais e as nais de infantil quixeron facerlle un agasallo de despedida, xunto á profe Merce (de música), que tamén marcha para outro colexio o vindeiro curso.

 

E así rematamos este curso 2015/2018... no que sucederon unha chea de cousas que vos fomos contando nas diferentes entradas deste blogue. 

O vindeiro curso os nosos compañeiros e compañeiras do último curso marchan xa para primeiro. Desexámoslle que o pasen xenial e que volten de cando en vez a visitarnos. 

 

Desexámosvos a todos e todas que pasades un fantástico verán, agradecemos ás familias a vosa colaboración ó longo de todo este curso... e agardámosvos á volta, en setembro, xa con novos compañeiros e compañeiras e moitas máis aventuras por vivir. 

 

Ata pronto!!