Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016/2017) Despois de moito investigar por fin chegou "Rayo", a tartaruga da nosa aula.

Podes ver os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación na seguinte ligazón:

(2016-2017) Damos os primeiros pasos dun novo proxecto de investigación sobre as tartarugas, para poder ter unha na aula. 

(2016-2017) Atopámo-las primeiras respostas ás nosas preguntas no proxecto de investigación sobre as tartarugas.

(2016/2017) Rematamos a nosa investigación sobre as tartarugas... xa estamos preparados para traer unha á aula. 

 

Unha vez remata a nosa investigación sobre as tartarugas, chegou o momento de valorar se estabamos preparados para ter unha na aula. Despois de revisar todo o aprendido, e tras ter claro o material que iamos precisar, decidimos que a nosa tartaruga podería vir á nosa aula.

Anotamos no calendario o día que chegaría, pero antes había que preparar a "súa casa".

 

Dentro dunha enorme caixa chegou todo o material que iamos precisar para poder montar o "aquaterrario".

 

Eran unha chea de cousas... Estarían todas a que precisaríamos?

 

Comprobamos na lista de material, que anotáramos no mura da investigación, se tiñamos todo o que precisábamos. Efectivamente estaba todo listo.

 

Entre todos e todas fomos "construíndo" a casa da nosa tartargura.... Poñendo a "zona seca".

 

Lavando e botando a grava do fondo:

 

Poñendo o tronco flotante...

 

... e enchéndoa de auga doce.

 

Coa luz, o filtro e o quentador, para manter a temperatura da auga, xa tiñamos a "tortuguera" preparada, tan só faltaba que chegara a súa inquilina.

 

Ó día seguinte o profe touxo unha pequena tartaruga bebé... que viña dentro dunha bolsa. Estabamos seguros de que así non podía seguir moito tempo, tiñamos que metela canto antes na súa nova casa.

 

Comprobamos que a auga da tortugueira estivese "quentiña"...

 

... e metimos a nosa nova amiga na súa casa.

 

De seguido comezou  a nadar por todos lados... parece que lle gusta.

 

Resultounos curioso observar por onde se ía metendo para "agocharse de nós", seguro que porque aínda non nos coñecía.

 

Agora tan só tiñamos que acordar que nome poñerlle a nosa nova amiguiña. Entre todos e todas fomos plantexando diferentes nomes e, tras unha primeira votación a "man alzada" reducimos a lista ós dous nomes máis votados: "RAYO" e "SOL".

 

Para tomar a decisión acordamos facer unha "votación" como ás que van os nosos pais e nais. A mesa electoral estaba constiuida por un presidente (que era o encargado dese día) e dous vogais elexidos por sorteo, que velarían pola limpeza do proceso ;)

 

Nunha papeleta na que figuraban os dous nomes candidatos, tiñamos que rodear só un deles...

 

... para logo ir introducindo o voto, baixo a vixilancia da "mesa electoral".

 

Quenes, por suposto, tamén introduciron os seus votos.

 

Rematada a votación, chegou o momento do recontar os votos, para o que preparamos un "taboleiro" para ir anotando os resultados.

 

A medida que fomos contando as papeletas as "encargadas do escrutinio" foron anotando cada un dos votos recibidos.

 

A votación decantouse claramente por unha opción desde o comezo. O gañador foi "RAYO", así como se chamaría a nosa tartaruga.

 

Plasmamos no mural da investigación esta decisión, que incluímos xunto a unha fotografía da nosa nova tartaruga. Deste xeito todos saberían como se chama.

 

Anotamos tamén o nome, xunto cunha foto da tartaruga, no noso dossier da investigación.

Nas seguintes semanas continuaremos a completar o dossier individual da inviestigación, e a observar como a nosa tartaruga vai medrando a medida que a imos coidando.

 

Ata os nosos antigos compañeiros e compañeiras, que estiveron na nosa clase outros anos, viñeron a coñecer a Rayo.