Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) E ademais... no mes de novembro tamén sucedeu todo isto en infantil 2.

Ó longo deste mes de novembro, ademais de todo o que xa comentamos en entradas precedente (iniciar unha investigación sobre as tartarugas, experimentar coa ciencia, retratarnos e descubrir o guante misterioso), tamén sucedeu todo isto na aula.

Cando comezou o mes, anotamos no noso calendario online (que podes ver na portada do recanto de infantil), xunto con outros feitos que terían lugar este mes, en que día viría Nuria a nosa aula, unha mestra en prácticas que estaría connosco algúns meses.

 

E así foi, os poucos dìas chegou Nuria quen nos está acompañando e colaborando con nos, en todo o que facemos na aula cada día. Benvida a infantil 2!

 

XOGANDO E TRABALLANDO COS NOSOS ROBOTS:

Nos intercambios de 4-5 anos, nos que nos xuntamos os compañeiros e compañeiras desas idades de ámbalas dúas aulas, xogamos e traballamos cos robots que temos na aula.

Creamos un camiño enorme, esquivamndo diferentes obstáculos.

 

Unindo moitísimas pezas como nun puzle, de forma coordinada entre todos, conseguimos que os ozobots puidesen recorrer un camiño "moi longo" ata chegar á meta.

 

A partir dun plano debuxado con diferentes cores, representámolo "idéntico" na grella do beebot para que puidese seguir o camiño ata o lugar que indicaba.

 

Completamos un "percorrido complexo" cos diferentes códigos de cores dos ozobots para que puidesen chegar ó seu destino.

 

Tivemos que pensar para "que lado terían que xirar" en cada parte do camiño que estaba "cortada" para elexir que código de cores debuxar.

 

Debuxamos unha "casa" co probot, pero o primeiro foi debuxar as diferentes figuras xeométricas que tería que trazar o "coche robot" para creala, escribindo "canto mediría cada lado" e canto "tería que xirar en cada unha e para que lado".

 

Despois de varios intentos, e de varios "ensaio-erro" sobre para que lado deberían ir os xiros...

 

... demos debuxado unha casa enorme co probot.

 

A profe Nuria organizou un xogo co beebot, no cal cada animal tería que "atopar o camiño" para comer a comida que máis lle gustaba. Por parellas fomos marcando que camiño deberían seguir en cada caso.

 

E logo comprobamos que o camiño "funcionaba" probándoo co propio beebot sobre a grella.

 

 

DESENVOLVENDO A NOSA PSICOMOTRICIDADE:

Nunha das sesións de psicomotricidade no pavillón, a profe Nuria organizou unha serie de xogos nos que nos convertimos en arañas e outros moitos animais.

Noutra ocasión creamos series segundo diferentes criterios empregando pelotas de diferentes tamaños, que tamén empregamos para levar a cabmo diferentes xogos.

 

A partir do conto "A Eiruga larpeira", levamos a cabo diferentes xogos motrices para representar as diferentes etapas polas que pasaba a Eiruga na súa metamorfose.

 

 

DICCIONARIO XIGANTE:

Continuamos a completar, semanalmete, o noso diccionario xigante imprimindo as diferentes imaxes que precisábamos, na cantidade precisa, para logo poder empregalas no diccionario xigante e nos diccionarios individuais.

 

 

CONTACONTOS DOS PETRÓGLIFOS:

Asistimos a unha sesión de conta-contos sobre "Petra" unha creadora de petrógliflos.

 

VOTAMOS POLO NOME DA MASCOTA DAS TIC NA AULA DE INFORMÁTICA.

No noso traballo semanal na aula de informática, aproveitamos tamén para votar polo nome da mascota das TIC, xunto ós restantes compañeiros e compañeiras de todo o cole.

 

ANOTAMOS O LIBRO QUE LEVAMOS OS VENRES PARA CASA.

Por parellas, e de forma autónoma, empregando a aplicación que podes atopar na portada do recanto de infantil, anotamos os libros que os venres levamos para casa da biblioteca de aula.

 

Empregamos portada do libro que imprimimos da aplicación, para usala no noso libro de rexistro, onde ademais escribimos o título do libro, o número do mesmo e o mes ou o día en que o levamos para casa.

 

EXPLORANDO OUTRAS FORMAS DE PINTAR CON TÉMPERA.

Descubrimos que tamén se pode pintar usando unha palliña.

 

FACENDO SERIES E CLASIFICANDO COS MÁIS PEQUENOS:

Nos intercambios onde se xuntan os compañeiros e compañeiras de 3 anos, xogamos facendo bolas de plastina de diferentes cores. Todos xuntos fixemos unha serie alternando as diferentes cores.

 

E xogamos a clasificalos por cores.

 

 

A VIDA NA AULA NON SE DETÉN...

Algúns compañeiros/as cando traen un libro da súa casa, queren contalo eles tamén ós seus compañeiros/as, antes de que o profe o conte para todos.

 

Participamos nunha sesión fotográfica organizada pola AMPA do centro.

 

Lembra que podes ver todo o que ademais fixemos na nosa aula neste mes de novembro na seguintes entradas: