Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) Damos os primeiros pasos dun novo proxecto de investigación sobre as tartarugas, para poder ter unha na aula.

Cando NAIARA troux a súa pequena tartaruga de visita á nosa aula, xurdíronnos moitísimas preguntas sobre como vivían, nacía, que comían...

De seguido nos planexamos que sería fantástico ter a nosa propia tartaruga na aula e así poder coidala e coñecer como iría medrando.

 

Pero non poderíamos traer unha tartaruga ata a nosa aula mentras non soubésemos como había que coidala, que darlle de comer, onde pode vivir... así que moi pronto chegamos á conclusión de que teríamos que "comezar unha investigación", como as que xa fixéramos o curso pasado sobre outros temas.

O primeiro foi preparar o noso mural da investigación, onde plasmaríamos todo o que fosemos descubrindo, e nel había que escribir o título "TARTARUGAS"...

 

E para que quedase claro imprimimos unhas fotos de tartaruga para pegarllas

 

Tamén indicamos cal era o noso obxectivo final.... ter unha tartaruga na aula, para ter sempre presente por que queríamos facer esta investigación (ademais do interesante que será ir descubrindo cousas das mesmas)

 

E así quedou plasmado coa palabra que escribimos entre todos e todas.

 

O seguinte paso, como en tódolas investigacións que levamos a cabo na aula, era anotar que "cousas xa sabíamos das tartarugas". A profe Nuria e o profe Óscar foron anotando as ideas que iamos comentando, e as veces debatindo.

 

Esto é todo o que sabemos, ou cremos saber... estaremos no certo? saberémolo unha vez rematemos a investigación.

 

Por suposto, o seguinte paso era anotar "o que queríamos saber", en canto respostásemos a todas esas preguntas estaríamos preparados para ter a nosa tartaruga na aula.

 

Tan só nos quedaba por anotar "onde buscaríamos a información da que sacar as respostas ás preguntas", despois dun anaco de diálogo xurdiron as seguintes fontes de información:

  • LIBROS
  • PELÍCULAS
  • TENDAS DE ANIMAIS
  • ÁS FAMILIAS
  • ORDENADOR
  • TABLET
  • PAPEIS (fotocopias ou papeis impresos)
  • BIBLIOTECA

Pegamos no mural un debuxo de cada unha das fontes de información,
para que todos e todas puidesen saber claramente onde queríamos buscar
as respostas.

 

E así quedou reflectido no noso mural da investigación.

 

Como entre as fonte de información puxeramos "pregutnar ás nosas famlias", debatimos un anaco sobre como facelo: enviando un mensaxe, contándollo, chamándoos... ó final pensamos que o mellor, para non esquecernos, sería escribir unha nota pedindo axuda para buscar información. 

Entre todos e todas fomos escribindo a nota. Axudándonos uns ós outros descubrimos tódalas letras que precisábamos para "que aparecesen tódolos sons que escoitábamos ó dicir cada palabra".

 

Tan só quedaba agora "escribir esa carta no noso papel" (onde estaba tamén explicado nunha parte escrita polo profe e que incluía unha foto dunha tartaruga, para que quedase moi claro cal era o tema a investigar.

 

Os máis pequenos empregaron as "letras de estampar" para escribir a palabra "TARTARUGA", porque aínda precisas estar máis tempo no cole para "escribir toda a carta como xa podemos facer os de máis idade".

 

Por suposto tan só quedaba metela na nos mochila para levala para casa e comentalo coas nosas familias.

 

Días despois comezamos a recibir a primeira información, que nos ía explicando quen a trouxo.

 

Esta información, e toda a que vaiamos recibindo, tanto en papel como por e-mail, irémola engadindo no noso recanto da investigación tanto na aula como na web (no recanto de infantil > vídeos > TARTARUGAS)

 

Agardaremos uns días para ir xuntando información e comezaremos a investigar, teremos que decidir entón como nos "imos organizar" para poder "investigar entre todos e todas", e como compartiremos os descubrimentos cos demais.

En seguintes entradas deste blogue poderás estar ó tanto como evoluciona a nosa investigación, que non fixo máis que dar os seus primeiros pasos.