Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Experimentamos cun globo, vinagre e bicarbonato. Queres saber o que sucedeu?

Esta mes voltamos a poñernos a bata de científicos para levar a cabo un novo experimento.

Nesta ocasión os materiais protagonistas foron: vinagre, bicarbonato, un globo, un embudo e unha botella valeira. Que poderíamos facer con todo este material? a través dun diálogo fomos aportando diferentes ideas.

Que sucedería cando o bicarbonato se mesturase co vinagre? Fomos argumentando diferentes hipóteses.

 

Analizamos e exploramos cada un dos materiais, cheiramos o vinagre, tocamos e hulimos o bicarbonato...

 

E todos xuntos descubrimos como metendo bicarbonato nun globo e vinagre nunha botella, cando se xuntaban hinchaban o globo, que ademais se poñía frío pola parte de abaixo. Debatimos e plantexamos diferentes hipóteses de que críamos que sucedera e cal era a causa de que isto sucedese.

Alguén recordou que pasara algo parecido, o ano pasado, cando mesturamos mentos con coca-cola e saiu disparado... seguro que tiña algo que ver.

 

Chegou logo o momento de que cada un dos nosos equipos cooperativos repetise o mesmo experimento, a ver se sucedía sempre o mesmo e conseguían hinchar o seu globo. Despois de decidir e anotar os "encargados dese día nos equipos" e de acordar "que material ían precisar" o encargado de material foi a recollelo para levarllo ós seus compañeiros e compañeiras de equipo.

 

Dialogando para organizarse, de xeito que todos e todas participasen na posta en práctica do experimentos, puxéronse mans á obra.

 

 

Tódolos equipos deron conseguido repetir a experiencia física, non sen algún contratempo nalgún equipo, que descubriu que se engadía demasiado bicarbonato saía todo disparado, incluído propio globo ;)

 

Tan só restaba recortar e pegar no caderno de campo os materiais deste segundo experimento e escribir cal foi o proceso e o resultado final do mesmo.

 

Se te lembras, no pasado mes de outubro, un equipo da nosa aula foi e encargado de crear un vídeo do experimento cos "M&Ms". Nesta ocasión será un equipo da aula de Infantil 1 quen se encargue de crealo, en canto o teñan listo poderás velo no apartado de vídeos > experimentos (no recanto de infantil), onde podes voltar a ver, ata ese momento, o vídeo que fixemos no seu momento. Faino directamente desde aquí.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.