Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Respostamos tódalas preguntas na investigación sobre a Muralla Chinesa. A nosa xa vai collendo forma.

Podes seguir os pasos previos deste proxecto de traballo e investigación nas entradas anteriores deste mesmo blogue:

(2016-2017) Comezamos a investigar sobre a muralla chinesa para construíla no corredor

Coa primeira das nosas preguntas xa respostadas, quedarban aínda unhas cuantas para dar por rematada a nosa parte da investigación.

Repartímolas entre os diferentes equipos para organizarnos.

 

Cada un dos equipos foi escollendo unha das preguntas que restaban por resolver, para ilo anotando no mural da investigación.

 

CANTO TARDARON EN CONSTRUÍLA?

O equipo TORTUGAS NINJA buscou nos vídeos da tablet canto tempo tardaron en construíla.

 

Anotando o dato unha vez descuberto...

 

... para, tras acordar como facelo, plasmalo no mural da investigación.

 

 

TEN PORTAS? CANTAS?

A respotas a esta pregunta correu a cargo do equipo BALÓN, que estivo revisando na información impresa que tiñamos.

 

Atoparon a respotas e buscaron, con axuda do mestre, fotografías das tres portas principais da muralla, para pegalas no mural.

 

Así quedou plasmada a súa resposta no mural da investigación.

 

CANTO MIDE DE ALTO?

O equipo mariposa foi o encargado de atopar a resposta a esta pregunta, escribíndoa xunto cunha fotografía da mesma no mural da investigación.

 

Engadimos tamén a imaxe de como Danny Way a saltou con un monopatín, xunto cun código QR para que puidesen ver o vídeo do momento en que o saltou.

 

Descubriron que mide 7 metros de alto... moi pronto descubriríamos se eso era moito ou pouco ;)

 

 

CON QUE FERRAMENTAS A CONSTRUÍRON?

Para buscar esta resposta, o equipo ESPADA-PEPA PIG visionou os vídeos na web do colexio, no recanto de infantil, usando o ordenador. Nesta ocasión xunto con outro equipo que estaba a buscar unha resposta diferente. 

 

Coa resposta atopada chegou o momento de falar para decidir como poder contalo no mural.

 

Decidiron escribir unha lista das ferramentas que usaron que comentaba un dos vídeos, e engadir un debuxo de como se cre que foi a construcción da muralla chinesa, onde se poden ver esas ferramentas.

 

CONSTRUINDO A NOSA MURALLA:

Comezamos a construír a nosa muralla coas caixas de cartón que fomos traendo da casa.

 

Pouco a pouco, e xunto cos compañeiros e compañeiras de EI1, podemos ver como cada día vai medrando un pouco.

 

Xa vos iremos contando como vai progresando e como quedará unha vez rematada.

 

 

CONTÁNDONOS O DESCUBERTO POR CADA EQUIPO:

Cada equipo contoulle ós restantes equipos que foi o que descubriran para cada unha das súas preguntas.

 

Tamén estaba a profe MERCE a quen lle pedimos axuda para atopar a resposta a seguinte pregunta. Así puidemos poñela óía do quexa sabíamos ata o momento.

 

É MÁIS ALTA QUE O COLE?

Para respostar a esta pregunta, e agora que xa sabíamos que a muralla medía 7 metros de alto, debatimos diferentes formas de medir o colexio de alto, e así ver se era  máis alta ou non que a muralla.

Tras varias ideas acordamos que, desde a clase de profe Merce (música), que queddaba no segundo andar, se tirábamos unha corda poderíamos saber canto mide. E así o fixemos.

 

 

Cortamos a corda e xa no chan pensamos como medila, con pes, con pasos... Pero pasar saber se medía "máis dos 7 metros da muralla chinesa", facía falta medila co metro. Descubrimos que medía 8 metros... así que o colexio SI era máis alta que a muralla chinesa.

 

Xa de volta na aula plasmamos esta resposta no mural da investigación, no lugar que deixaramos a tal efecto.

 

Así o quedou finalmente reflexado.

 

 

QUE COMEN EN CHINA?

Tan  só nos quedaba esta última pregunta por investigar, e faríamolo todos e todas xuntos. Decidimos buscar entre toda a documentación impresa para ver se aparecía algunha na que saíse a comida. E así foi.

 

O profe foi lendo tódolos platos de comida chinesa que aparecían, e nos fómolos anotando entre todos e todas, sen repetilos.

 

Descubrimos que había moitos platos de polo, arroz e tallaríns. 

 

E así quedou plasmado no mural da investigación,  acompañando cada unha das fotos co nome da comida.

 

 

Con plastilina e por parellas creamos a nosa "versión da comida chinessa", e como en "Master Chef" cando acabou o tempo levantamos as mans ;).

 

Tan só faltaba cociñala un anaco na cociña da clase, e decidir como se chamaría o noso plato de comida chinesa.

 

Velaquí os tes todos:

Polo caracola                                            Sopín de polo.

 

Polo de carne                                              Polo cocido

 

Polo solo                                                   Sopa de polo  

 

Boliñas de polo de amizade e amor 

 

 

Sabías que comen con palillos?... miramos un vídeo onde explicaba como se facía, e por suposto nós tamén o tentamos cos nosos palillos chineses  (que hoxe non empregamos para facer construccións ;) ) ...

 

... e cos nosos deliciosos platos de comida, que compartimos coas demais parellas de cociñeiros e cociñeiras.

 

UNS ÚLTIMOS RETOQUES Ó NOSO MURAL DA INVESTIGACIÓN:

Con gomets separamos a parte que se correspondía ás respostas do resto das fases do proxecto de investigación.

 

 

E así quedou xa rematada a nosa parte da investigación... agora só queda organizar o intercambio de información cos compañeiros e compañeiras da outra aula, pero iso xa o contaremos na seguinte entrada desde blogue.

 

Ata entón comezaremos a completar o noso dossier da investigación, que ten como portada o debuxo qeu fixeramos da muralla chinesa.

 

Permanece atento a futuras entradas, moi pronto, sobre como continúa esta investigación, como rematamos a nosa murralla e como planificamos a xornada de portas aberta para as familias. 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.