Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2016-2017) Xa está dispoñible o calendario completo de reunións do seminario

Desde o apartado "calendario" da sección "PFPP Seminario" ,podedes ver o calendario completo de reunións, docencias e traballo persoal do seminario para a elaboración dos perfís competenciais do Centro.

As horas indicadas nese calendario son orientativas, agás as docencias de Angélica Satíro que son fixas, xa que as axustaremos ó acordado internamente nas reunións. O mesmo é de aplicación as docencias internas a cargo do coordinador.

As horas de traballo persoal foron divididas en dous bloques de dúas sesións cada unha, segundo ó plan de traballo acordado para a selección dos estándares prioritarios dos diferentes procesos.

Podes ver o calendario directamente aquí: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1579

 

Podes ver o reparto de traballo para este primeiro bloque de Competencias, aquí: 

(2016-2017) Planificación do traballo coas competencias: CMCT e CAA 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.