Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2016-2017) Planificación do traballo coas competencias: CMCT e CAA

Despois do falado na primeira reunión do PFPP, esta foi a
planificación e acordos tomamos sobre o  traballo no seminario.

SEMINARIO:

  • Acordamos continuar coa competencia CMT (matemática) e CAA (aprender a aprender), unha vez rematadas seguiríamos co resto.
  • Cada participante seleccionará os estándares prioritarios do proceso/aspectos relevantes, en tódalas áreas de tódolos cursos.
  • Non ten porque haber ese proceso en tódalas áreas de cada nivel, é dicir non hai que buscar estándares en tódalas áreas dese proceso senón daquelas nas que se atpen. O que temos que conseguir é que entre tódolos procesos (feitos entre todos) consigamos que estean tódalas áreas representadas.
  • Tedes que facerme chegar os estándares elexidos antes do 29-11-2016, para que os meta na aplicación. Podedes darmos ben "rodeados no papel" ou pasándome os códigos dos estándares que escolléstedes. 
  • A partir desa data, nas reunións do cuarto "martes do mes" marcaríamos o nivel de logro para cada proceso, de primeiro a sexto. A idea sería "sacar a adiante unha competencia por reunión"

Repartimos os procesos/aspectos relevantes de ámbalas dúas entre os participantes deste xeito:

  • CMCT: Acceso á información: Ana (entregado, xa na aplicación)
  • CMCT: Comprensión: María (entregado, xa na aplicación)
  • CMCT: Aplicación: Yolanda (entregado, xa na aplicación)
  • CMCT: Análise: Chus (entregado, xa na aplicación)
  • CMCT: Síntese e creación: Susana (entregado, xa na aplicación )
  • CMCT: Xuizo e valoración: Loli (entregado, xa na aplicación)
  • CAA: Organinzar o propio porceso...: Paulo (entregado, xa na aplicación)
  • CAA: Adquirir, procesar.... Merce (entregado, xa na aplicación)
  • CAA: Buscar orientacións... Óscar  (entregado, xa na aplicación)
  • CAA: Apoiarse en experiencias.... Ángela (entregado,  xa na aplicación)
  • CAA: Ter motivación...  Rosana (faino Óscar) (entregado,  xa na aplicación)

(Entregado: foi entregado o documento ó coordinador cos estándares prioritarios,  Xa na aplicación: foi introducido xa na aplicación no cartafol compartido polo coordinador)

Para facer máis rápido este traballo, se entrades na aplicación escolledes a pestaña de "perfil competencial" poderes filtrar os estándares que son da competencia, para poder revisar "só eses" en non todos os do currículum.

Para o traballo por se o necesitades, aquí podedes atopar os seguintes documentos:

  • Explicación de que é cada proceso ou aspecto relevante: en PROGRÁMAME > PROGRAMACIÓN E CURRÍCULUM > PERFIL COMPETENCIAL > AXUDA SOBRE OS PROCESOS... descargará o pdf do que ou outro día vos din impreso.
  • Os currículums sobre os que "escoller os prioritarios", podedes usar o "planning comparativo" de modo que os vexades de 1º a 6º, e se un é prioritario e 1º xa o tedes localizado no resto dos cursos, para xeralo entrades en PROGRAMAME >PROGRAMACIÓN E CURRICULUM > XERAR  > PERFIL DE ÁREA > PLANNING COMPARATIVO.

No seguinte cartafol compartido en "google Drive" podedes descargar os pdf ós que antes facía mención, xerados xa desde a aplicación.

https://drive.google.com/open?id=0B7QFIdgrxRVcdEJrM2ZpNkx0VU0

 

Se queredes como "vai quedando en prográmame", tan só tedes que escoller ou cartafol que teñades (ou crear un novo), entrar en programación e currículum > perfil competencial e desde alí escoller (abaixo de todo) "copiar só perfil competencial" (e agardar un anaco a que o copie). Tede coidado de escoller esta opción e non a de "copiar programación e perfil de área, xa que neste caso reemplazaríase o que se teña feito de programación no cartafol)