Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 1

(2011-2012) Facemos un postre moi especial- Traballamos a receita

Á volta das vacacións, como remate do proxecto do espacio, decidimos por en práctica unha idea que viña nun libro dos que trouxemos para acadar información. E consistía en facer unha tarta cohete.

Así é como quedou a nosa "tarta" pero hai un antes, un traballo previo, e un despois, un traballo posterior á receita, ademáis do propio proceso de elaboración.

O traballo previo  consistiu en:

-Dictado dos nenos/as á mestra dos ingredientes da receita. Que posteriormente copiamos individualmente (os nenos/as de 4 e 5).

Ademáis, recortamos as imaxes dos ingredientes e as pegamos nun cohete, para non olvidarnos. 

              

                          

-Eliximos unha das froitas que precisabamos, e nunha nota para casa escribimos o seu nome para traela.

-Contamos cántas unidades había de cada un dos ingredientes, dunha clase e doutra, sumándoos e traballando conceptos de cantidade como máis-menos, moitos-poucos, un-ningún.

-Vimos libros de receitas, diferenciando as súas partes: fotografía, título ou nome, listado de ingredientes, pasos da elaboración.

O encargado do día elixiu unha receta ca cal traballaríamos individualmente para diferenciar as súas partes, e apuntou a páxina para poder fotocopiala a profe,

así que tamén fixemos estimacións sobre qué número podería ser.

Cando chegou o momento da elaboración, xuntámonos xunto cos compañeiros de infantil 2 para pensar cómo nos podíamos organizar e comezar

Un neno propuxo facer equipos para distintas tarefas.

-Cortar a froita, previamente lavada ou pelada. E despois pegala sobre a nutella.

 

-Un equipo para untar a nutella sobre o papel alumnio que cubría o cohete de cartón.

Outro equipo para mollar as galletas en leite e pegalas na tarta.

E por fin o momento esperado! O da merenda...

Ese mesmo día, para poder contar e amosar con detalle cómo fora a experiencia, levamos para casa unha foto da tarta, explicando brevemente (a través de escritura libre, según o ritmo individual de cada un) o que fixemos.

3 anos ("tarta cohete")

4 anos ("fixemos unha tarta muy rica pa toda a clase").

4 anos ("me gustan las gominolas y las fresas").

5 anos ("fixemos unha tarta moi rica").

-Traballo posterior 

Hoxe, á volta da fin de semana, xuntámonos para facer a receita de forma conxunta nun mural con forma de cohete, como resumo da actividade e colocalo no corredoiro para informar aos demais nenos do cole.

Escribimos e pegamos a lista dos ingredientes.

E secuenciamos  o proceso, cada paso co número e fotografía correspondente.

Así nos quedou

Ademáis estes días faremos actividades de lóxica-matemática, escritura libre e expresión oral como:

-Secuenciar temporalmente o proceso con fotografías.

-Escribir cada un dos pasos (nenos de 4 e 5 anos).

-Reflexar nun gráfico ou cadro as cantidades.

-Describir receitas elixidas do libro de receitas, inventándonos un nome ou título.

E isto é todo. Desfrutamos moito facendo a tarta e coméndoa e ademáis aprendimos moito!!

(2011-2012) O Nadal

O Nadal xa pasou e vos queremos contar algunhas das actividades que fixemos nesas datas, de xeito paralelo ao noso proxecto e a outras propostas.

-Pintamos e decoramos a árbore de Nadal. Este curso a fixemos aproveitando botellas baleiras de prástico da auga.

 

 Con vasos de prástico branco fixemos estrelas e espirais para decorala.

    

         

-Participamos na elaboración dos boletíns de información ás familias sobre a marcha do primeiro trimestre.

Neles reflexamos algunhas das actividades do día a día, así como as nosas preferencias e á pregunta de sobre qué nos gustaría investigar no próximo trimestre, estas foron algunhas das respostas:

COCODRILOS

HIPOPÓTAMOS

DINOSAURIOS

DRAGÓNS

CASTILLOS

-Fixemos as nosas tarxetas de Nadal, con material de refugallo; neste caso utilizamos teas, prásticos, papel de regalo e de bolsas, e botóns de diferentes cores e tamaños.

Con elas tamén decoramos a nosa árbore.

-Participamos no concurso de postais de Nadal que todos os anos convoca a asociación O Cervo, do concello. Este ano acadou un premio pola súa postal un neno da nosa aula, Raúl. Noraboa!

-Contamos e limos contos relacionados co nadal.

-Escribimos a nosa carta, algúns a Papá Noel e outros aos Reis Magos.

-Preparamos as nosas actuacións para o festival de Nadal: "En Navidad" de Rosana e o baile das "Vacas Lobotómicas".

Así estábamos nos ensaios.

E así o día da actuación. Qué nerviosss!!!

Agora, á volta das vacacións daremos por rematado o proxecto do espacio e entre todos decidiremos qué tema nos interesa para aprender novas cousas.

Tamén imos participar no Salón do Libro de Pontevedra que este ano trata sobre "a mala sorte".

A ver qué cousas inxeniamos....

Por certo, feliz ano 2012!!!

(2011-2012) Visítannos os compoñentes do Observatorio Astronómico de Forcarei

Como xa sabedes o pasado venres 16 tiñamos programada a saída ao observatorio astronómico de Forcarei, pero debido ao mal tempo que tivemos ese día, aplazouse para a volta das vacacións de Nadal.

Sin embargo, debido á boa disposición do equipo que forma parte do Observatorio, decidiron ser eles os que nos visitaran a nós e contarnos algunhas das cousas que estaban preparadas para ese día.

Así que, xunto cos compañeiros da outra aula de Infantil e cos nenos e nenas de primeiro, os recibimos.

Aquí está Ana, que tamén é mestra na Universidade, contándonos moitas cousas sobre o Sistema solar.

Ana estivo a ver previamente o traballo que nós levamos a cabo nestas semanas co noso proxecto para complementar a súa exposición, que resultou moi amena e que acompañou con moitas fotos a través do ordenador e o cañón e proxector.

Ela nos falou do Mago Merlín, que nós xa coñecíamos porque todos xuntos víramos uns días antes un trozo da película de Disney.

Pois resulta que Merlín, ademáis de mago tamén era científico e sabía moitas cousas sobre o universo.

Quén sabe se algún día nos da por investigar sobre os científicos.....

Ademáis, Ana  e os compañeiros trouxeron un Sistema Solar chulísimo onde se vían tamén as constelacións e no que os planetas xiraban máis rápido ou máis despacio cada un en función de si estaban máis preto ou máis lonxe do sol.

Quedamos moi sorprendidos ó ver cómo a lúa xiraba ó redor da terra ao mesmo tempo que a terra xiraba ó redor do sol. E como os planetas que están máis lonxe do sol tamén se movían pero tan despacio que semellaba que non.

Ademais, as pedriñas que tiñamos que levar ao observatorio as usamos xa, pois eran para facer cráteres na lúa....

Ana simulou a parte externa da lúa, nunha cubeta con fariña, colacao e laca, e nós tiñamos que lanzar a nosa pedra, que en realidade era un "meteorito" e chocaba contra a lúa, facendo ese gran burato chamado "cráter".

Qué divertido! Tomade nota na casa, que podedes facelo con nós.

Así que polo momento desfrutamos dunha primeira parte e cando cheguemos das vacacións remataremos esta saída tan interesante no propio observatorio.

Qué gañas de ir!!!

(2011-2012) Seguimos co espacio. Os extraterrestres existen?

Xa casi temos rematado dar respostas aos nosos interrogantes.

Ademáis, como cada venres os nosos compañeiros de Infantil 2 nos contan o que descubriron eles das súas preguntas. O último do que nos falaron foi sobre os asteroides, meteoritos e estrelas fugaces.

E así vai quedando o noso mural con toda a información acadada e organizada:

Cando rematemos de todos, faremos un gran libro sobre o espacio para levarlle a Dora Lectora á biblioteca e así poderán consultalo todos os nenos/as que queiran e aprender moitas cousas sobre o espacio. 

Agora andamos a indagar sobre os EXTRATERRESTRES e mentres non chegamos a conclusións definitivas, vos amosamos uns "diálogos" sobre o tema, para que vexades cales son os nosos pensamentos e as nosas ideas sobre o mesmo.

¿Qué son os extraterrestres e cómo son?

-Andan polo espacio e son amigos dos astronautas. Non teñen pelo. son de cor negro clariño.

-Son cousas verdes que viven no espacio. Son peligrosos. Veñen á terra pa dominala.

-Son verdes.

-Persoas de color marrón. Son buenos.

-Igual tienen cuatro ojos y hablan muy raro.. Y viven en un planeta peligroso porque hacen daño. No tienen orejas ni nariz ni pelo. Son de color verde.

-Les encanta la luz y la oscuridad. Son buenos. Tienen el cuerpo igual que el nuestro y hablan muy extraño. En inglés.

-Son cousas de color marrón e tamén por enriba levan un traxe branco.

-Un bicho máis grande que as persoas.

-Son pequenos, amarelos. Teñen máis de 2 ollos e boca.

-Están calvos.

-Son de mentira, porque están na tele.

-Sí existen, porque tienen hijos.

-De mentira, porque están en las pelis.

-No existen, porque nadie sabe si existen o no.

Cada un debuxamos o noso estraterrestre para darlle forma ó que imaxinamos hai uns momentos...

Escribimos entre todos a palabra tan longa de "eXtraterrestre", contamos 14 letras,....

Pero o máis emocionante, que é averiguar cousas que abarcan máis do que nÓs pensamos ou sabemos, virá a continuación e cando teñamos as respostas volas contaremos!!

(2011-2012) Seguimos descubrindo o espacio

Estas semanas seguimos a investigar e recopilar información sobre temas novos do espacio que estaban na nosa lista.

O equipo dos "planetas"

 

         

tiña que respostar cales eran os nomes e ademais averiguaron outras cousas que tamén reflexaron no mural.

Por exemplo que os planetas ademais de xiral o redor do sol, tamén xiran sobre sí mesmos

Aquí estamos comprobando cómo xiran, qué divertido.

Resulta que a Terra o noso planeta está bastante cerquiña do sol; en cambio hai outros que están tan lonxe que neles non hai nunca calor e os días son escuros, como en Plutón, se é que é un planeta porque hai varias teorías de que quizais non o é.

Como os nenos da outra clase fixeron un sol enorme e o planeta terra e a lúa, nós, que investigamos sobre os planetas, decidimos facelos para colocalos no pasillo, así que estivemos a fixarnos na súa cor e no seu tamaño para poder facelos

e mans á obra!

 

                     

 

Estes días tamén fixemos algúns traballos do que íamos descubrindo, para o noso dossier do espacio

Ademáis temos un xogo de memoria con imaxes do espacio e o pasamos moi ben facendo parellas

   

Tamén xogamos a facer satélites e naves espaciais coas construccións

Outro equipo estivo recopilando información sobre o que é unha galaxia e respostando á pregunta "¿hai casas no espacio?

 Casas como as da terra non hai, non, pero desubrimos moitas cousas sobre a estación espacial internacional que é onde viven os cientificos que investigan o espacio.

 

Ademáis se nos ocurriu que sería divertido vestir ao noso esqueleto de astronauta.

 Así que despois de falar en gran grupo de cómo poderíamos facer e qué material utilizar:

-témpera branca.

-algodón.

-espuma.

-papel de periódico.

-venda por riba.

-bolsas, prástico.

-cartón para a mochila.

-el casco con cartón marrón y lo pintamos de gris.

-os tubos con papel.

-con mucho celo.

-con lana.

-no, con tapas de botellas.

-podemos hacerle el traje con goma.

-ten que ter un bolso para meter todo.

-con cartulina de cores facemos churros para os tubos..

-con prástico. 

Comezamos cubríndoo todo de papel de periódico para que o traxe quedase gordiño como o dos astronautas.

Logo pasamos a facerlle o traxe con sacos de prástico branco

O seguinte paso foi buscar en internet e en libros qué levan no seu traxe os astronautas, debuxos, pegatinas, bandeiras,.....

                             

Así nos quedaron as insignias que decidimos facer

unha nave espacial, a palabra NASA, o debuxo dun aguia, unha bandeira no brazo.

Isto deunos pé a averiguar que era a NASA e visitar a súa páxina web.

Ademáis forramos unha caixa grande para facer a mochila e con tapas de botella e cinta branca fixemos os tubos que conectan con ela e permiten respirar aos astronautas.

Só faltaba o casco. Usamos un globo hinchado sobre o que ir pegando papel con cola

 

                       

e cando secou, listo! 

 

 Agora está colocado no corredor, xunto cos planetas e o sol.

LLe puxemos a fotocopia da cara dun astronauta que se chama DALE GARDNER e que se fixo moi famoso por levar a cabo unha misión no espacio moi perigosa, tiña que rescatar un satélite, para logo poder reparalo.

Como un neno de clase trouxo a notica, está exposta con él para que a poida ler quen queira.

Outro equipo encargouse de diseñar e debuxar un cohete xigante onde colocar as nosas fotos con casco de astronauta.

Este foi o comezo

 E así quedou o noso cohete

Unha nena de clase suxeriu que o podíamos pegar no teito do corredor, xunto cos planetas

 

E isto é todo polo momento.

Ata pronto!

 

 

 

 

 

(2011-2012) Polo magosto.....

Hai uns días andivemos de festa coa celebración do magosto e en torno a esta tamén fixemos outras actividades.

- Estivemos a facer un libriño no que a protagonista é unha castaña. Con esta actividade tivemos que recortar, debuxar, pintar con témpera e ceras, picar, escribir, enumerar (as páxinas do libro, ordear os textos,..)

 

         

                   

Como nos gusta tanto contar contos así llo poderemos contar aos amigos, pais, irmáns,...

- Asistimos a unha sesión de títeres na biblioteca do cole, feita polos nenos e nenas de 5º e 6º.

 

-Recibimos correo de Dora Lectora pedíndonos que a axudásemos cunha adiviña. Lle enviamos unha carta coa nosa resposta e agora estamos a elaborar as nosas propias adiviñas con axuda das familias.

-Participamos nos xogos do magosto o día da celebración e o pasamos moi, moi ben!

*Empezamos montando puzzles de cabazas.

 

*Tivemos que recoller nun cono as castañas que nos lanzaban.

 

*Xogamos a ser ratos que tiñan que recoñer grans de millo.

 

*Tivemos que estoupar globos que parecían uvas dun racimo enorme, simulando a vendima.

 

*Xogamos a atopar setas boas entre as malas (as venenosas).

 

*Tivemos que encestar nun caldeiro landras para os porquiños.

 

*Xogamos ao tres en raia  con avelás e noces.

 

*Pintamos cun dediño manchado en témpera vermella as lágrimas dunha granada.

Foron uns xogos moi divertidos todos e non o faríamos tan ben sen a axuda dos alumnos de 6º que, con moitísima paciencia nos explicaron os xogos e nos axudaban cando o necesitábamos. Gracias rapaces!!

 - Comimos as castañas asadas, que gardamos nas cestiñas feitas na clase. Como o tempo axudou puidemos estar todos xuntos no patio de fora.

 

 - Ó día seguinte do magosto, reflexamos nun mural o percorrido e os distintos xogos. Para iso:

*Recortamos as fotos.

*Emparellamos a foto do xogo co seu froito correspondente.

*Escribimos o máis representativo do xogo, como si lle puxéramos un título a cada un.

*Fixemos conxuntamente con axuda da profe un plano do percorrido, empezando no número 6 que foi o xogo no que comezamos.

Despois pasamos o plano a tamaño grande, escribindo os números e marcando o camiño a seguir.

*Pintamos ou pegamos gomets nos camiño que van dun xogo ao outro.

 

       

  

E isto é todo polo momento. Ata pronto!!

 

(2011-2012) O espacio-Dividimos o traballo e nos organizamos

Xa comezado o proxecto do espacio, como a posta en común inicial, o punto de partido o fixemos en conxunto cos nosos compañeiros de infantil 2, dividimos as preguntas que queríamos investigar para cada unha das aulas

O seguinte paso era organizarnos por equipos para buscar e organizar información que nos ía chegando, relativa a cada un dos temas.

-ASTRONAUTAS

-EXTRATERRESTRES

-PLANETAS

-¿QUÉ HAI NO ESPACIO? ¿HAI CASAS?

Deixando unha para facelo de maneira conxunta

-¿CÓMO SE FAI DE NOITE?

Vimos algúns videos en internet, tamén un documental sobre os astronautas e icluso uns capítulos de Caillou sobre as estrelas e o planetario e plasmamos a información que íamos acadando para expoñela no noso mural.

Como era bastante información o equipo dos astronautas pediron axuda a outros nenos da clase.

                    

                           

 

De momento temos respostas para o tema dos astronautas, ¿quén son?, ¿cómo voan ao espacio?

Descubrimos que os primeiros astronautas foron  animais; podes ver algúns videos interesantes nos videos de infantil, en "investigamos o espacio".

un neno incluso nos trouxo unha nave de xoguete

que semella unha estación espacial.

Cada venres temos un tempo asinado para xuntarnos cos nosos compañeiros/as de infantil 2 e contarnos os uns aos outros o que descubrimos.

Os nosos compañeiros nos contaron cousas de por qué brilan as estrelas e de cómo voan as naves que van ao espacio.

Seguiremos investigando para descubrir novas cousas.

(2011-2012) Novidades da aula

Dende que comezou o curso fixemos algúns que outros cambios en recantos da aula, material,...

Fixemos entre todos e por equipos números xigantes novos para o mural dos números e aproveitando que estamos todos entusiasmados coas estrelas e o espacio, o novo proxecto, fixemos o reconto de cada número con estrelas douradas.

Así quedou o noso mural

Tamén fixemos un mural novo das normas, pensando e dialogando antes cál nos interesaba ter reflexadas nel.

Esta vez reflexámolo en forma de comic, expresando cada un de nós unha norma e para iso fotografiámonos nós mesmos e logo fixemos a montaxe co bocadillo.

Éste é o noso mural. Como estamos pendientes de engadir unha máis polo menos, volas ensinaremos noutra ocasión cando estean todas.

Ademáis, como sempre había problemas coas estanterías da biblioteca, decidimos facer unha en grande para este recanto

agora, cando nos despistamos só temos que mirar un chisco para arriba e deseguida nos refresca a memoria.

Primeiro escribimos o texto entre varios compañeiros nun folio para finalmente pasalo a tamaño grande.

Outros compañeiros tamén se encargaron de debuxar un 4 xigante para a casiña pois sempre nos xuntamos moitos nela e así é máis dificil xogar tranquilo.

E seguiremos a facer máis cousiñas para ter a aula ordeada e bonita!

(2011-2012)Comezamos un novo proxecto de investigación-O ESPACIO.

 Na última semana de outubro comezamos un novo proxecto de investigación.

O eixe motivador foi a aparición no xornal dun artigo sobre un home xa maior que tiña como apodo "O neno das estrelas".

Xogamos coa fotografía a pensar quén podía ser, a qué podería adicarse cando era máis xoven,....

* un abó, o meu abó

*médico

*escritor

*mestre

*pintor 

 

po qué lle chamarían así

-porque pintaba estrelas

-porque lle gustaba mirar as estrelas

-porque igual collía estrelas de mar

-seguro que fue artista y pintó estrellas

Finalmente, un neno chegou á conclusión que igual fora astronauta porque na fotografía saían cadros de planetas e cochetes.

Resultou que este home foi astrónomo autodidacta e ata construiu coas súas propias mans un observatorio.

Os profes decidiron que estaría ben levar a cabo este proxecto de maneira conxunta ambas aulas así que nos xuntamos en varias sesións para falar do tema,

 

poñendo en común:

-as ideas e coñecementos previos que tiñamos sobre o espacio

-as inquedanzas e interrogantes que había entre nós, ¿QUÉ QUERÍAMOS SABER?

 

-decidir ónde acadar esta información: en libros, fotos, ordenador, nas librerías, na biblioteca do colexio, escribindo unha carta a un astronauta, escribindo a Dora lectora, escribindo aos pais.

Así que mandamos unha nota pedindo información e cada día nos vai chegando algo novo.

 

Ademáis, a nai dun compañeiro, Guillermo,  enviounos vía email algunha información moi interesante e fotografías e ademáis o enlace para acceder a un video, a canción dos PLANETAS,  de Enrique y Ana.

Podedes escoitala premendo no seguinte enlace 

http://www.youtube.com/embed/qE78tXPYb-Y?feature=player_embedded

 

(2011-2012) Un percorrido polo noso cole- O plasmamos nun libro

No mes de outubro, cando xa estabamos todos máis que adaptados ao novo curso escolar, estivemos facendo un percorrido polo noso cole, as distintas instalacións

non sin antes falar en gran grupo de todos os lugares, aulas,...que o forman, especialmente aquelas que nós visitamos habitualmente.

Así, fixemos un listado en común dos lugares que nos apetecía poñer nun libro que logo levaríamos para casa para amosar á nosa familia.

E despois rifamos qué lugar fotografiaría cada neno.

                                   

Como un dos lugares a fotografiar era a sala de mestres, aproveitamos para coñecer o resto das salas dos profes e por alí andaba o director

Tamén nos apetecía visitar moito aos nenos e nenas de primeiro pois alí estaban os nosos compañeiros do curso pasado, así que alí estivemos

teñen unha clase moi chula e nos contaron moitas cousas que fan cada día.

Nós tamén lles contamos e lles recitamos unha poesía que aprendimos, do outono.

Aquí vola deixamos por si a queredes ler

¡TAN, TAN!

¿QUIÉN ES?

EL OTOÑO OTRA VEZ

¿Y QUÉ QUIERE EL OTOÑO?

EL FRESCOR DE TU PIEL

¡NO TE LO QUIERO DAR!

¡YO TE LO QUIERO QUITAR!

TAN, TAN

¿QUIÉN ES?

EL OTOÑO OTRA VEZ

                                            FEDERICO GARCÍA LORCA

 

Finalmente, cando xa estaba todo o colexio visto e as fotos impresas, montamos o noso libro, descartando algunha que finalmente non poñeríamos nel, por cuestión de espacio.

Pegamos as fotos e escribimos o nome de cada lugar. 

Ademáis das aulas e recintos tamén reflexamos no libro:

-as fotos dos nosos compañeiros

-as fotos das profes

-o horario da nosa clase. Nel poñemos os días nos que comemos froita: martes e xoves.

-a foto de grupo

E listo!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.