Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) O espacio-Dividimos o traballo e nos organizamos

Xa comezado o proxecto do espacio, como a posta en común inicial, o punto de partido o fixemos en conxunto cos nosos compañeiros de infantil 2, dividimos as preguntas que queríamos investigar para cada unha das aulas

O seguinte paso era organizarnos por equipos para buscar e organizar información que nos ía chegando, relativa a cada un dos temas.

-ASTRONAUTAS

-EXTRATERRESTRES

-PLANETAS

-¿QUÉ HAI NO ESPACIO? ¿HAI CASAS?

Deixando unha para facelo de maneira conxunta

-¿CÓMO SE FAI DE NOITE?

Vimos algúns videos en internet, tamén un documental sobre os astronautas e icluso uns capítulos de Caillou sobre as estrelas e o planetario e plasmamos a información que íamos acadando para expoñela no noso mural.

Como era bastante información o equipo dos astronautas pediron axuda a outros nenos da clase.

                    

                           

 

De momento temos respostas para o tema dos astronautas, ¿quén son?, ¿cómo voan ao espacio?

Descubrimos que os primeiros astronautas foron  animais; podes ver algúns videos interesantes nos videos de infantil, en "investigamos o espacio".

un neno incluso nos trouxo unha nave de xoguete

que semella unha estación espacial.

Cada venres temos un tempo asinado para xuntarnos cos nosos compañeiros/as de infantil 2 e contarnos os uns aos outros o que descubrimos.

Os nosos compañeiros nos contaron cousas de por qué brilan as estrelas e de cómo voan as naves que van ao espacio.

Seguiremos investigando para descubrir novas cousas.