Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012)Comezamos un novo proxecto de investigación-O ESPACIO.

 Na última semana de outubro comezamos un novo proxecto de investigación.

O eixe motivador foi a aparición no xornal dun artigo sobre un home xa maior que tiña como apodo "O neno das estrelas".

Xogamos coa fotografía a pensar quén podía ser, a qué podería adicarse cando era máis xoven,....

* un abó, o meu abó

*médico

*escritor

*mestre

*pintor 

 

po qué lle chamarían así

-porque pintaba estrelas

-porque lle gustaba mirar as estrelas

-porque igual collía estrelas de mar

-seguro que fue artista y pintó estrellas

Finalmente, un neno chegou á conclusión que igual fora astronauta porque na fotografía saían cadros de planetas e cochetes.

Resultou que este home foi astrónomo autodidacta e ata construiu coas súas propias mans un observatorio.

Os profes decidiron que estaría ben levar a cabo este proxecto de maneira conxunta ambas aulas así que nos xuntamos en varias sesións para falar do tema,

 

poñendo en común:

-as ideas e coñecementos previos que tiñamos sobre o espacio

-as inquedanzas e interrogantes que había entre nós, ¿QUÉ QUERÍAMOS SABER?

 

-decidir ónde acadar esta información: en libros, fotos, ordenador, nas librerías, na biblioteca do colexio, escribindo unha carta a un astronauta, escribindo a Dora lectora, escribindo aos pais.

Así que mandamos unha nota pedindo información e cada día nos vai chegando algo novo.

 

Ademáis, a nai dun compañeiro, Guillermo,  enviounos vía email algunha información moi interesante e fotografías e ademáis o enlace para acceder a un video, a canción dos PLANETAS,  de Enrique y Ana.

Podedes escoitala premendo no seguinte enlace 

http://www.youtube.com/embed/qE78tXPYb-Y?feature=player_embedded