Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común

(2014-2015) Semana 1: Pintado do mural cos alumnos e alumnas

Seguindo o calendrio e a distrubición para planificación do traballo (que podes ver xunto co resto do proceso aquí), nesta primeira semana diferentes cursos foron "dando cor" ó mural da Sala de Usos Múltiples segundo o deseño.

 

Organizaron o traballo en pequenos grupos para pintar as figuras e elementos, que se correspondían co proxecto de investigación levado a cabo na aula sobre o autor das mesmas.

 

Tamén se foron pintando as "montañas" do fondo", respectando as zonas delimitadas para o traballo dos restantes cursos.

 

Por suposto tamén se fixeron as mesturas de cores pertinentes partindo das cores necesarias.

 

Pouco a pouco e enorme mural foi tomando forma.

 

Aínda queda unha semana máis de traballo, na que participarán os alumnos e alumnas de Educación Infantil, quenes ademáis invitaron ás familias para que participasen nesta tarefa.

Como sempre o contaremos nunha próxima entrada.

UDI - PROXECTO ARTE: Pinturas a Granell (5º e 6º)

UDI de 5º e 6º de EP sobre o surrealismo e pintores surrealistas, centrando o noso traballo  no pintor galego Eugenio Granell.

 

 

 

UDI - SEMINARIO TAREFAS: Unha achega á pintura galega (5º e 6º de primaria)

De seguido podes descargar a UDI elaborada en 5º e 6º para a tarefa "unha achega á pintura galega".

UDI - PROXECTO ARTE: "O comic" (3º de primaria)

De seguido podes descargar a UDI elaborada para o seminario de Proxectos de traballo do PFPP 2014-2015, no curso de terceiro de primaria.

UDI - PROXECTO ARTE ( 2º, 4º, PT, AL)- GALERÍA KANDINSKYANA

A continuación preséntase a UDI levada a cabo en 4º curso, sobre o proxecto de arte, e na que participou o profesorado especialista en PT e AL así como se traballou de forma cohesionada coa aula de 2º curso algúns aspectos como a participación no deseño da " pintada final" así como a aportación á galería de Kandinsky

Podes descargala a continuación

 

UDI SEMINARIO TAREFAS: RELIXIÓNS POLITEÍSTAS ( 21/5/15)

A continuación preséntase o desenvolvemento de unha UDI relacionada co estudo e investigación nas relixións politeístas, levada a cabo en 6º curso de Educación Primaria.

Máis abaixo acompáñase o documento de concreción curricular, e posteriormente farase unha entrada na páxina web referida ó desenvolvemento do traballo en aula coas evidencias de elaboración por parte do alumnado dos produtos finais que competen a esta UDI.

 

UDI SEMINARIO TAREFAS: OS ECOSISTEMAS 4º CURSO ( 20/5/15)

A continuación recóllese nun arquivo en pdf a Unidade Didáctica Integrada posta en práctica na aula de 4º curso, para abordar o traballo nos ecosistemas e que se plantexa como material de entrega para o seminario " Tarefas e currículum" que estamos a desenvolver dentro do PFPP de este curso escolar. A posta en escena, na aula, pódese visualizar nunha entrada anterior que atopamos tamén neste recanto e que sirve como evidencia de traslado á aula da concreción curricular proposta a través da presente tarefa.

 

Plan de traballo para a creación do producto final: pintar as paredes

Podes acceder ós documentos do plan de traballo e organización temporal na seguinte carpeta en google drive.

https://drive.google.com/folderview?id=0B7QFIdgrxRVcfjJKSUtKRkp3WWxzR3R1...

 

(2014-2015) Traspasando o deseño ás paredes na docencia con Begoña

Durante o proceso de pintado do muro (produto final), dentro do seminario sobre "proxectos de traballo - investigando sobre o arte"; durante a segunda sesión de docencia a cargo de Begoña levamos a traslación do deseño acordado ás paredes da aula.
Velaquí algunhas imaxes do proceso
 
 
Probas de cor en base ós deseños
 
Traslación de imaxes empregando un proxector.
 
Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.