Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2014-2015) Semana 1: Pintado do mural cos alumnos e alumnas

Seguindo o calendrio e a distrubición para planificación do traballo (que podes ver xunto co resto do proceso aquí), nesta primeira semana diferentes cursos foron "dando cor" ó mural da Sala de Usos Múltiples segundo o deseño.

 

Organizaron o traballo en pequenos grupos para pintar as figuras e elementos, que se correspondían co proxecto de investigación levado a cabo na aula sobre o autor das mesmas.

 

Tamén se foron pintando as "montañas" do fondo", respectando as zonas delimitadas para o traballo dos restantes cursos.

 

Por suposto tamén se fixeron as mesturas de cores pertinentes partindo das cores necesarias.

 

Pouco a pouco e enorme mural foi tomando forma.

 

Aínda queda unha semana máis de traballo, na que participarán os alumnos e alumnas de Educación Infantil, quenes ademáis invitaron ás familias para que participasen nesta tarefa.

Como sempre o contaremos nunha próxima entrada.